Sesións poéticas
na escola. Un soño. Un gozo
profundo.
Si, un
soño que se vén cumprindo estes dous últimos cursos. Queda un terceiro e ¿adeus? Non o sei. Non podo responder. Non depende de min.
Entre
rapaces e rapazas de Secundaria ( de 1º a 4º da ESO) vou lanzando versos ao
aire e a esencia dos mesmos cae coma chuvia miúda sobre as súas cabezas, sobre
os seus corazóns, sobre o espazo que habitan.
A poesía
non se ensina. A poesía fíltrase. E fíltrase se a escoitan en voz alta, se buscan
poemas cos que se poden identificar, poemas cos que xogar, cos que soñar,
poemas que interiorizan, que fan seus. Eu limítome a crear un lugar común no
que a palabra sexa o centro.
Palabra
divertida. Palabra fonda. Palabra sutil. Palabra rouca. Palabra que sinala.
Palabra que aloumiña. Palabra garimeira.
Palabra seca. Palabra-luz.
E unha vez
que se van filtrando os versos, doulles ferramentas para que dean forma a ese
líquido poético que os acariñou.
Resulta
emocionante ver a evolución curso a curso. Porque a emoción se converte nun
eixe que salfere o que tocamos. Coa música, coa rima, co verso libre, coa prosa
poética, coa reescritura, coas glosas, con transformacións léxicas... con isto
e máis, tecen discursos líricos que che fan pensar que a poesía para eles
permanecerá decote desprovista de adxectivos como ridícula ou cursi e serán
adultos que, como mínimo, a van respectar. E non é pouco nos tempos que estamos
a vivir e outros xa vividos.
Trátase de
educar sensibilidades, de que crean neles mesmos, de que teñan autoestima a
través da literatura. E abofé que se conseguen obxectivos. Vexamos algunhas
mostras do que digo. Libremente responderon á miña proposta de publicalos en Versos e aloumiños. Non buscamos a
excelencia, senón a ilusión de crear.
Así que,
obxectivo cumprido.
Eles e elas escriben isto:
(Tic-tac, Tic-tac)
Nicole |
Nos
queda un largo camino
pero
somos los dueños del destino
(Tic-tac, Tic-tac)
El
vaivén de las agujas intrépidas
no
cesa y no espera a nadie
(Tic-tac, Tic-tac)
Los
cobardes son sueños divididos
separados
valen mucho menos
(Tic-tac, Tic-tac)
Los
valientes son los que lloran
con
la cara a la cruel intemperie
(Tic-tac, Tic-tac)
El
viento grita y nos eleva hacia el futuro…
(Silencio, Eco)
Es nuestro destino
nosotros
no somos esclavos del tiempo
ni del mar oscuro…
NICOLE DOURAL
DOMÍNGUEZ
De
ti a min un mar de dúbidas
Uxía |
onde os cantares quedan afogados
cos
recordos do pasado.
Mentres,
no vidro da xanela
escoito
o bruar dos navíos
e
atópome nun labirinto
do
que non sei saír.
Entre
ollos sombrizos
e
rostros mancados
intento
matar de esquecementos
aquela
mente teimosa que tiñas.
UXÍA PEIXOTO
GONZÁLEZ
Esmorecen
os meus días,
recordos
do pasado
voan
como paxaros
polo
presente que eu vivo.
Jenny |
Luceiros
de olliños cegos,
rompen
os muros do silencio,
verbas,
palabras e versos
latexan
nun abismo apaixonado,
un
abismo cheo de engaños
que
fan brillar as ausencias
como
alegres cantigas.
E
a brisa da eternidade
transportoume
a aquel verán
onde
o ceo e o eco do silencio
se
esqueceron de soñar.
JENNIFER RODRÍGUEZ
LAGO
De
min para ti,
Marta |
núa
choiva.
Hoxe
para esquecer
a
franxa de bágoas,
ti,
puñal escuro,
ondas
de laios.
De
min para ti,
día
digno.
Escuro
soño
dun
exército noctívago
embelece
algo de min,
mentres
dormes na alba.
MARTA OTERO
Diego |
No
sé, si
entre
tus labios
hallaré
el fuego
que
no quema.
No
sé, si
entre
tus ojos
miraré
el agua
que
no moja.
No
sé, si
entre
tu pelo
encontraré
el viento
que
no sopla.
Sí,
sé, que
entre
tus manos
pierdo
todos
mis
sentidos.
DIEGO FERNÁNDEZ
E Paula ama a música e comeza a compoñer. Letra e música son dela nesta fermosa canción, "Esencia", que cantan os seus compañeiros, os alumnos e alumnas de 4º da ESO do Colexio Possumus.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO