XOSÉ MARÍA
ÁLVAREZ CÁCCAMO (Vigo, 1950)
CONSIDERANDO, pois que os feitos que
se indican poden
ser constitutivos de delito, ordeno
que
vos sexa retirada palabra e dereito de instrucción,
Xosé Mª Álvarez Cáccamo (Foto de Anxo Cabada) |
que
vos poñan voz acusadora e ferros fiscais e luvas quentes nas mans,
e
que vos neguen terra desde esta parte ata a raia do mar
en vintecinco metros da chea máis alta, e
que vos
falte a música,
e
que as linguas se confundan para que non saibades
nunca rematar a torre, así cando ún
precise arxila
entreguen xabre e terra negra e sucumba a
construcción
desde as alturas,
e
que tres veces vos sexa negado auxílio ou recompensa,
e
quen ouse auxiliar ou ceder a tentativas de imitación
sexa tamén castigado,
e
lle retiren asimesmo palabra, música, dereito de instrucción
e
se lle negue a todos os que así procederen
o
reducto cativo do circundo onde pretendan
cultivar
algunha rosa branca.
É
vosa filla nai
baixando
feita neve por un río de oucas
metida
nun caixón onde se arranxan
diminutas
industrias
falaba
con gramática dun cristal amazónico
sabia
das outras beiras pero conciliadora
cos
idiomas de noso para non dar tristura sobre tristura
unha
noite o seu corpo fora deitando peso
e
camiñaba leve como folla de outono
con
pasos que eran danza
eu
dormía escoitando
a
traslación secreta culpábel do seu tránsito
e
de mañá qué branco
sol
deitado na erba como un ferro de xelo
a
miña irmá que nunca!
(Do
libro Os cadernos da ira, editado por
Espiral Maior. 1999)