Páginas

domingo, 8 de septiembre de 2013

SENTADO CON PESSOA (III) Oscar Wilde





Hoxe vai calor. Chego onda Pessoa, co libro “Paradoja y genio”. Aforismos de Oscar Wilde.
Vaia personaxe, eh? E decido lerlle algo ao meu amigo. Coido que paga a pena.
A min fascinoume sempre a súa figura de dandi, por dentro e por fóra. A súa vida turbulenta. A súa maneira de vestir extravagante, o seu enxeño cáustico.

Gústame de Wilde a súa conversa brillante, algo que podes recoñecer nos seus libros, nas súas cartas, nas entrevistas, nos diálogos. Un dramaturgo con éxito e unha persoa cunha filosofía estética (a arte pola arte) que daría lugar ao dandismo con posterioridade.

Oscar Wilde
Un home que xostregaba a hipocrisía dos seus contemporáneos, que rematou sendo acusado e encarcerado por indecencia grave, que escribiu De profundis e Balada do cárcere de Reading e que conseguiu escribir unha obra enxeñosa e con humor. Esteta do paganismo, pagano da caridade, mártir homosexual, santón do esteticismo, de quen escribiu Olivia de Miguel, a autora da selección, da tradución e das notas o seguinte: “Non hai para min un Wilde detrás da máscara e outro diante;nin un Wilde lúdico, cínico e divertido, e outro serio e sincero. Wilde é todos e un. O seu pensamento evoluciona, cambia, do seriamente divertido ao ludicamente serio, porque as súas eleccións modifican a súa traxectoria vital,  a súa circunstancia e, xa que logo, as súas opinións”.

Que che parece, Fernando, -dígolle ao poeta portugués sentado á miña beira- que este home morrese en París, novo, na indixencia?
O meu poeta non di nada. Semella mover a cabeza, aínda que non o podo asegurar.
Daquela, comezo a ler a media voz estes aforismos:








1.Me pasé toda la mañana corrigiendo las pruebas de uno de mis poemas, y quité una coma. Por la tarde volví a ponerla.

2.Preferiría perder a mi mejor amigo antes que a mi peor enemigo. Ya sabe usted que para tener amigos sólo se necesita ser bondadoso; pero cuando a un hombre no le queda un enemigo es que debe de haber en él algo de mezquino.

3.Es terriblemente peligroso encontrarnos con una mujer que nos comprende perfectamente. Siempre acaban por casarse contigo.

4.Los niños empiezan amando a sus padres; después les juzgan; rara vez les perdonan.

5.No me gusta en absoluto enterarme de lo que la gente dice de mí a mis espaldas. Le envanece a uno demasiado.

6.La sociedad se otorga el derecho de infligir al individuo castigos increíbles, pero tiene, además, el vicio notable de la superficialidad, y no es consciente de lo que hace.

7.Lo que se dice de un hombre no tiene importancia. Lo que importa es quién lo dice.



 Sinto que Pessoa está canso. Talvez o aburra tanta sentenza de Wilde.
A min encántame lelo. Así que lle dou unha palmada nas costas, érgome e co libro aberto camiño lendo aforismos coma estes:  En cualquier momento de la vida uno es lo que será tanto como lo que ha sido ou Es terrible para un hombre descubrir de repente que, en toda su vida, no ha dicho más que la verdad.
Grande Oscar Wilde!!!