Mostrando entradas con la etiqueta álbums ilustrados.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta álbums ilustrados.. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de enero de 2018

DÚAS PROPOSTAS EDITORIAIS IMPRESCINDIBLES PARA O LECTORADO INFANTIL




Seguindo cos máis pequenos, falaremos hoxe de dúas propostas ben atraentes. Dúas propostas que nos presentan senllas editoriais que posúen nos seus catálogos libros dedicados a todas as idades e que coidan moito as publicacións para os máis pequenos.

     


     A primeira destas propostas vén da man de Edicións Xerais con dous álbums ben chamativos: Cincenta e as zapatillas peludas e Brancaneves e os 77 ananiños. O seu autor, Davide Cali, que naceu en Suíza en 1972, é un especialista en álbums ilustrados e novela gráfica. Dirixe o seu traballo, sobre todo, ao lectorado infantil e xuvenil. Un traballo que está traducido a numerosas linguas.
    
     


     Estes dous libros son recreacións dos contos clásicos (Cincenta e Brancaneves) e neles, ademais das moi expresivas e vivísimas ilustracións de Raphaëlle Barbanègre, atopamos un verdadeiro canto á liberdade, cuestionando os estereotipos aceptados que tanto impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas. Todo isto contado cun humor desbordante, un forte sentido do ritmo e destaca, ademais, polos diferentes niveis de lectura que podemos apreciar na narración.

Maurice Sendak

     

          A segunda proposta ofrécenola a editorial Kalandraka na súa colección Tras os montes e trata, nin máis nin menos, do mítico Maurice Sendak, de quen non fai falla falar. Quen non lembra o fantástico Onde viven os monstros? Un pracer enorme velos deitados ao galego na versión de Xosé Ballesteros.
     

     Un dos varios libros que nos ofrecen é O un era Xoán. Un libro para contar, no que o talento de de Sendak nos leva a contar e a rimar do un ao dez para que vaian aparecendo personaxes e acontecementos neste singular libro de números. Poderán contar tamén á inversa e gozar de imaxes divertidas e lúdicas.

     


     Outro é Os caimáns van de paseo. Un alfabeto. Nel atopamos, ademais das maxistrais ilustracións de Sendak, a posibilidade de coñecer unha familia de crocodilos que pasean, xogan, cociñan e fan unha chea de cousas máis. Rimas cheas de humor a partir das letras do alfabeto para dicir en voz alta e gozar da inventiva sinxela pero lúdica deste escritor e ilustrador nacido en Brooklyn.

     Hai outros títulos desta minibiblioteca como Miguel. Conto exemplar ou Sopa de polo con arroz. Libro dos meses.Como os demais, atractivos e de lectura aconsellable sen ningún tipo de dúbidas.

     



     Dúas propostas editoriais necesarias, imprescindibles nestas datas de agasallos bastante irracionais, entre os que debe haber libros de calidade para os pequenos.
     
     Un luxo para a vista e unha necesidade para que os pequenos e pequenas da casa gocen dos libros que provocan pracer e axudan a un mellor desenvolvemento das súas capacidades.



                                                                                     ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

jueves, 17 de julio de 2014

TEMPO DE LER (e IV)




Canto nos gustaría que estas entregas de títulos que levamos publicando en Versos e aloumiños  servisen para que se lese un pouco máis!
        Seguen a resultar aterradoras as cifras arredor da lectura e as vendas de libros.
       Acabamos de coñecer que, no ano 2013, esas vendas caeron un 10 % con relación ao ano anterior. Caeron!  Aínda máis nun país que le ben pouco? Terrible!


       Tendo en conta que os libros infantís e xuvenís van vencellados ás prescricións escolares, que hai libros-lixo que se venden e dan noxo, que o nivel do que se publica de maneira maioritaria non ten calidade, preguntámonos: quen entra nas librarías buscando literatura, literatura?
       Xa non sabemos que pensar.

       De aí, estas entregas. Bos libros para os pequenos  e non tan pequenos. Se non somos conscientes do que nos xogamos, a desfeita será inevitable.
       E xa non falamos do libro escrito en galego. Para poñerse a tremer.
       Ben, pois aí queda a cuarta e derradeira entrega deste verán. Poesía, imaxes e narrativa.

       Que gocedes do sol, do mar, da montaña, do río cun libro ben preto.



                         fragmentos, fragmentos, fragment…, fragm…




Un libro de fermosas imaxes e un pequeno texto ao principio e outro, como remate :     ¿Dónde está mi zapato?  do clásico Tomi Ungerer, editado por Kalandraka.










 … de todos los cuartos
que mi casa tiene,
si puedo elegir,
la cocina siempre.
De chupe, rechupe,
requetechupete.

Entre cucharones,
ollas y sartenes,
cubiertos y platos,
la cocina siempre.

De chupe, rechupe,
requetechupete.

Siempre la cocina,
tan grata y caliente,
de chupe, rechupe,
requetechupete.

De chupe, rechupe,
requetechupete.

        
                                                                                                    (Cómo como. Ignacio Sanz. Edelvives.)






            … a correr y ya no hablaron hasta llegar a su destino, la calle Níquel. Jadeantes, se detuvieron delante del número 92.
   - ¿Qué? ¿Otro solar vacío? – se desesperó Max.
    Eso era. Con una valla medio caída, porque debía de llevar…

       
                                                                 (El asesinato de la profesora de Ciencias. Jordi Sierra i Fabra. Anaya)







       … latía a 120 por minuto, por lo menos. Creía que mamá notaría que estaba temblando por la mentira, pero no notó nada. Cogí la cámara, me puse los zapatos y la cazadora y me despedí de ella. Casi nunca…
     
                                                                                 (Un chico diferente. Ricardo Gómez. Edelvives)




 …  la vieja puente del río
no mira pasar el agua
la vieja puente de piedra
a solas desconsolada.

De piedra puente del río
llora en la noche del agua
no pasa sobre sus arcos
mi amor por la madrugada.

Mi amor se fue con la noche
agua que llora en el agua
igual que llora la puente
llora de pena mi alma.


                                
                                            ( De los álamos el viento. Ramón García Mateos. Faktoría K de Libros)





… si abriera yo una tiendita,
adivina, adivinanza,
¿sabéis lo que vendería?
Solo esperanza.

“¡ La esperanza está barata!”,
pregonaría a la gente,
y, por dos perras, daría
cuanta quisiera el cliente.

Y a los pobres que no tienen
ni para desayunar
les daría mi esperanza
toda entera y sin pagar.



                                                                      (Retahílas de cielo y tierra. Gianni Rodari. Ed. SM)




… en silencio van los peces,
en silencio van y vienen,
en el silencio del agua
se deslizan mudos, leves.

Sobre la piel azulada
del mar frío de noviembre
se adentra en la noche un barco
con una luz en la frente.

En silencio van los peces,
en silencio van y vienen;
también el barco en silencio,
mudo silencio de redes.



                                                                           ( A mares. Mª Jesús Jabato. Faktoría K de Libros)







        … mujer consiguió sacarla del agua a duras penas y transportarla hasta la acera. La apoyó en la torre de la iglesia. Frits comprendió desde el primer momento que la señora Dussel quería alcanzar…

                                                           
                                                                           (Luces en el canal. David Fernández Sifres. Ed. SM)

martes, 8 de julio de 2014

TEMPO DE LER ( III )



        Días mellores. Días peores. Semella que o tempo atmosférico gusta de xogar con nós.

      
       O sol anda ás agachadas e a auga do mar posúe unha temperatura agradable pouco común nestas paraxes.
      
       Un baño, un libro, unha canción. Camiñar, conversar, andar en bicicleta, visitar lugares que sabemos nos gustan… son actividades  pracenteiras que equilibran a nosa hixiene mental.
      
        E, claro, segue a ser tempo de ler. Sempre é tempo de ler.
      
       Tamén, de lectura en voz alta, de contar contos, de deterse en álbums  cativadores, de aprender poemas…
       
       Pois Versos e aloumiños  presenta deseguido unhas lecturas agradables e de calidade escritas ou traducidas á  lingua galega, para que nenos e nenas, mozos e mozas  poidan elixir se, por casualidade (ou milagre?) entran nunha libraría.
      
       Fagamos que proben.
       Non lles vai facer mal.






                        Fragmentos, fragmentos, fragment… fragm…



       

       
                         Un libro de tapas duras para os máis pequenos.

       







                                      (Paxariña de papel. Antonio Rubio e Óscar Villán. Ed. Kalandraka).







…O mar ten cabeleira
e tráea á praia
para lavarlle as ondas
e mais secala.

Coloca o pelo
sobre o areal
e faille rizos
de azul cristal.

O mar é presumido
e adorna as ondas
con nácaras e perlas
e caracolas.

      (As señoras cousas. Helena Villar Janeiro. Ed. Galaxia).




       


                            Un fermoso álbum rimado.

       





                   (O pirata Pata de Lata. Oli & Ramón Trigo. Ed. Kalandraka).




       


        … Pero o que Chispo non se podía imaxinar era a sorpresa que o agardaba. E… con razón!  Resulta que, mentres el fora dar o paseo tranquilamente, viñeran uns homes coas súas …

 ( De cómo Chispo, o esquío, puido co frío. Toño Núñez. Ed. Galaxia).




       
        
        … De feito, un deles andaba cun chándal gris, e parecía o da primeira persecución. Outro tiña o chándal negro, e o terceiro azul mariño.  Todos tiñan aspecto de matóns que acababan de saír d…

                          (O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas. Ramón Caride. Ed. Xerais)





Non quero que me digas para sempre.

Non quero ser nunca tinta imborrable.

Non quero converterme en cicatriz.

Só quero os nosos nomes sobre a area.

Algo que nos una ata a seguinte onda …

                      
                                           ( Penúltimas tendencias. Carlos Negro. Ed. Xerais).




       


       … Esa noite procurou a Antonio Fuster en internet. En efecto, non había moitos máis datos sobre a súa vida que os que lle contara Vicent. Mais si atopou unha vella foto en branco e negro, onde aparecía…

                                                          (Debuxos no muro. Aurora Ruá. Ed. Galaxia).



            

       

        … O avó tiña un plan. Un plan sinxelo e sen fisuras. Talvez con moito risco, pero iso era inevitable. Vivían nun recinto, escravizados por un exército de lobos armados. O risco formaba parte das ….

                                                                  (Recinto gris. Ledicia Costas. Ed. Xerais).




… Eu sento por veces
á beira de Inés
para ver a danza,
o alegre mexer
das redes, os paus,
os dedos de Inés
facendo piruetas
ao son do nordés.

Ela, cun sorriso,
sorriso de …

                                         (As redes de Inés. Elvira Riveiro. Ed. Xerais).



       



        … Se Carlo coñecese a sorte que correra o irmán, sentiríase ferido e traizoado, porque dende cativo lle tiña medo a calquera tipo de guerra. A avoa Natividade, malia o seu carácter algareiro…

                                          (O fío vermello. An Alfaya. Ed. Xerais).









        E para rematar, otro álbum magnífico, de Mariana Ruiz Johnson, gañador do VI Premio Internacional COMPOSTELA, 2013, para álbums ilustrados, editado por Kalandraka.