O pasado xoves, día 16, celebrouse o acto Micro Aberto, na libraría d´O Corte Inglés, en Vigo, co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano á poeta Luísa Villalta.
Un grupo de escritoras e
escritores lemos fragmentos ou poemas das nosas obras respectivas, ademais
dalgún texto ou poema da escritora galardoada.
An Alfaya, Susi de la Torre, María Alonso Seisdedos, Reka Refojos, Xulio Teixeira, Mar Mato, Rexina Vega, Juan parcero e quen isto escribe, Antonio García Teijeiro, puxéronse diante do micrófono e foron lendo textos para o público asistente.
Antes da lectura, tres compoñentes da Asociación Cultural e musical "O Fiadeiro" deleitaron o público con dúas fermosas danzas.
Tamén tivemos o pracer de
escoitar un par de pezas musicais recuperadas de Villalta, unha delas,
instrumental, e a outra na que escoitamos a súa voz cantando.
Un verdadeiro tesouro musical
e emocional.
Eu lin o poema Estación,
do libro En concreto, de Luísa Villalta e dous poemas contidos na
antoloxía Bicos e non balas, editada por Galaxia. Un deles pertencente ao
poemario Na fogueira dos versos e o outro incluído en Petando
nas portas de Dylan.
Como tiven a sorte de que
mos gravasen, aquí están, en Versos e aloumiños, para que os veades se vós
cómpre.