Adriana Campos Umbarila, moderadora, presenta o acto |
Como vin repetindo sobre os actos que se desenvolveron coa miña presenza na FILbo, cada un deles está cheo de emocións moi profundas.
No terceiro e derradeiro, celebrado no Gran salón “Raíces C”, a emoción subiu aínda máis graos ao compartilo co extraordinario Fredy Chikangana, un poeta indíxena da nación Yanakuna Mitmak, que escribe en quechua e que é unha autoridade poética sen discusión.
Fredy Chikangana e Antonio García Teijeiro
O acto, que levaba por nome Escribir en
la lengua materna sobre cómo la lengua crea el mundo, estivo moderado pola
especialista Adriana Campos Umbarila, e resultou dun interese excepcional co
auditorio cheo e interesadísimo no tema.
Era a segunda ocasión que
coincidía con este marabilloso poeta (a primeira, hai anos, no Festival de
Poesía de Medellín) e a comunicación entre ambos non puido ser mellor.
Eu, ao contrario do que o título do acto sinalaba, enfoquei o tema ao revés, pois non foi a miña lingua materna a que creou o meu mundo literario (o castelán) senón que foi a lingua galega, adquirida e profundizando nela, a que asumín como nova lingua de cultura.
Fredy Chikangana, lendo un poema en quechua
Lemos poemas en galego e en quechua e
sentinme fondamente emocionado ao partillar ambas linguas e ao escoitar a
lingua de Chikangana, ateigada de sentido e sentimento.
Velaquí, pois, un documento
extraordinario. Un audio que fará as delicias dos e das que amamos a poesía sen
límites de ningunha clase.
Que o desfrutedes.