Polo xardín do poeta andan a
voar pombas e bolboretas.
Non, non é un verso fácil
para que quede bonito.
Non, non.
Ilustración de Víctor Rivas |
É que é certo. No xardín do poeta (Ed. Xerais), ilustrado por Víctor Rivas, acaba de aparecer uns días despois de que vise a luz De pombas e bolboretas (Ed. Embora), ilustrado por María Lires.
De aí que anden todas algo
excitadas por voar polo xardín dun poeta, Federico García Lorca, con
quen conversei a partir duns seus versos nun exercicio poético moi gratificante
para min.
Ilustración de María Lires |
E, claro. Todas pelexan por
pousarse nos pétalos das flores, beber nas súas fontes, camiñar polos
carreiros, abanearse nas ponlas das árbores e respirar ese aire poético que tan
ben fai a todos os que o proban.
Para que ese voo das pombas
e das bolboretas chegue a todas e todos vós, velaquí uns poemas en dous vídeos
dende a miña voz de ambos os dous poemarios.
Espero e desexo que teñades desfrutado con estes poemas e que a poesía permaneza sempre nas vosas vidas. Que o Día da Poesía nos leve a poñer un poema, alomenos, na nosa vida cada día.
Ilustración de María Lires |