Román Raña fala sobre o poemario na presentación no Club Faro |
No
suplemento literario “Faro da Cultura” do Faro de Vigo, o crítico, profesor e
poeta Román Raña, escribe sobre a
antoloxía poética Pasando as follas do tempo, de Antonio García Teijeiro.
Versos
e aloumiños faise eco da mesma e publícaa para que o lectorado deste
blog-revista poida coñecela.
Compromisos
en voz alta
Cara á nitidez
ROMÁN
RAÑA
Antonio
García Teijero (Vigo, 1952),
é
sabido de todos, gañou reputación
nacional
e internacional coa súa literatura
dirixida
a un público infantil e xuvenil.
A
obtención dos máis importantes
galardóns
(o Premio Merlín e a lista
de
Honra do IBBY polo seu aclamado
Na
fogueira dos versos, o
prestixioso
Pier
Paolo Vergerio, o Nacional de Literatura
Infantil
e Xuvenil, pola obra Poemar
o mar) así o acredita.
Mais esta exitosa
faceta
eclipsou a súa produción
poética dirixida a un público adulto.
Por
iso a publicación dun libro como o
que
hoxe comentamos, Pasando
as follas
do tempo.
Antoloxía poética (1987-2017), resulta máis que necesaria.
O
volume, magnificamente editado por Belagua, con pinturas de Xulio G.
Rivas
e prologado por Juan Carlos Martín Ramos (un verdadeiro estudo
que
analiza, en pormenor, toda a traxectoria literaria do noso poeta),
mostra
unha selecciónde textos realizada por M.ª Jesús Fernández
e
Alba Piñeiro coa colaboración
do
prologuista.
Podemos
afirmar que toda a
produción
de García Teijeiro,
desde
o inicial Parolando
coa
vixencia (1987)
até o inédito
Faragullas
de luz (2014),
mantén dous compromisos. En primeiro lugar,
como
o autor ten declarado, coa oralidade,
quérese
dicir, a poesía debe poder
ser
declamada en voz alta. O contacto
co
auditorio faise inescusábel
fundamentándose
na musicalidade e
na
repetición vocabular (paralelismos
e
anáforas). En segundo lugar, un compromiso co desacougo interior perante as
inxustizas do mundo.
Deste
xeito, polas súas páxinas decorren
tristuras
e desafectos, máis tamén gozos
e
indignacións ante as derivas
dunha
sociedade que o desconcertan
e
o descontentan.
Román Raña e Antonio García Teijeiro |
Finalmente,
notamos unha evolución
do
noso autor cara á nitidez e á
transparencia
nas súas últimas obras.
Os
poemas fanse breves e, con iso, máis
intensos.
A mensaxe esencialízase, como
podemos
comprobar nestes versos
que
expresan unha dolorosa pureza: “A
luz/que/vomita/esta
fiestra/vén sendo/
unha
razón máis/para afastar/dun
home
confuso/as sombras/que se citan
coa
morte”.
GARCÍA
TEIJEIRO, A., Pasando as
follas do
tempo, Ed. Belagua, Vigo,
2019,
PVP. 16 €