Hai poetas que crean poemas cunha técnica tan depurada coma fría. Non me interesan demasiado.
Hai poetas que buscan na artificiosidade
chamar a atención dos lectores. Aparentemente demostran un dominio que agocha
numerosas eivas. Son excesivos e os deixo fóra dos meus intereses.
Hai outros que intentan chegar ás vísceras
dos seus lectores polo camino máis fácil Empregan unha linguaxe pouco coidada,
tocan temas que xa son universais (aínda que non o parezan) e procuran a venda
inmediata cun público normalmente adolescente coma obxectivo. Para min non fan
poesía e rexéitoos.
Podería seguir dividindo en grupos a
poesía e os poetas pero non vou seguir. Prefiro centrarme naqueles e naquelas
que presentan un gusto exquisito á hora de utilizar a palabra poética. Que
coidan temas e linguaxe con ideas, con transparencia. Que son conscientes que a
poesía é un reflexo da vida. Que a poesía é celebración e unha maneira de
coñecernos e ver as cousas dende o enriquecemento persoal que a palabra empregada
con autenticidade e coherencia emociona, fai reflexionar, permite que medres
internamente. Que rabuñe dentro dunha cierta sobriedade. Que un a sinta preto.
Isto é, precisamente, o que eu sentín diante da poesía do
poeta asturiano Julio Rodríguez.
Unha poesía que me permitiu seguir amando a palabra e o que conleva. Amor, dor,
morte e outros temas conviven no seu discurso dun xeito próximo e fascínate. En
Julio Rodríguez, nos seus versos non falta nin sobra nada. Poemas sinxelos, sen
foguetes que a nada conducen. Poemas que fulminan, que entran coma un dardo
para removerte.
Así me pasou no primeiro dos seus poemarios que lin, Naranjas cada vez que te levantas (Premio de Poesía Alarcos, 2007) e neste marabilloso e envolvente Doméstica, co que acadou o XVI Premio de Poesía Ciudad de Mérida e que publicou no seu momento DVD Ediciones.
Por iso, quérovos convidar a que entredes
neste universo poético tan chamativo. No universo dun poeta que sabe conter os
poemas porque rexeita calquera artificiosidade. Porque quere penetrar no máis
fondo das persoas. Atentos, ademais a Tierra batida (Visor) premiado coma estes dous dos que falo.
Déixovos aquí un poema de Doméstica.
Oxalá vos emocione como a min. Con poetas coma Julio Rodríguez, a poesía nunca
perderá a esencia que lles reclamamos os que non podemos vivir sen ela.
LETRAS PURAS
Metiéndote
en mi lado de la cama,
con
cinco dedos como cinco orugas,
me
preguntas por qué
prefiero
las palabras a los números.
No
tardo en contestarte (es tan sencillo
seguirte
el juego): “Escucha: prefiero las palabras
porque
no son exactas; porque hacen malabares,
porque
nadie conoce sus entrañas ni puede
despejar
la ecuación de su significado;
porque
mi herida es distinta de tu herida,
al
igual que mi casa, mi vértigo, mi muerte;
porque
dicen tu nombre y es a la vez el nombre
es
algo impredecible y asombroso
(la
precisión es mala cosa).
Por
otro lado (ya deberías saberlo
a
estas alturas), nunca
se
me dieron muy bien las matemáticas”.
Con
esa ingravidez que te define
(los
ojos entreabiertos del bostezo),
los
dedos ya no orugas: mariposas),
das
por buena la explicación, apagas
la
luz y no hay palabras,
ni
números ni falta que nos hace.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO