ANA MARÍA
FERNÁNDEZ (Palma de Mallorca,
1949)
HORIZONTE
O
horizonte era unha vela,
Ana María Fernández |
un
enxame de barcos,
un
poema de brumas
con
veos brancos.
Soaban
os claríns
do
concerto mariño,
xiraban
os delfíns
no
zigzag do camiño.
O
horizonte era unha vela
que
se estendía,
mentres
un mar de raios
de
sol caían.
RÚAS
Rúa
viaxeira,
rúa
con esquinas,
con
tres curvas longas,
con
casas torcidas,
rúas
con farois,
con
pombas perdidas,
con
cans, con caxatos,
con
xente, con vida,
amigos
e amigas
que
abre os comercios
se
ve a luz do día…,
rúa
con zapatos,
bicis
e tranvías,
rúa
longa, longa,
con
dez travesías
por
onde pasean
bágoas
e alegrías.
O
PERFIL DO BOSQUE
O
perfil do bosque
está
mollado.
Hai
bágoas de chuvia
nun
froito asustado.
As
follas teñen lumes
de
laranxa pintado
e,
no camiño da lesma,
brilla
un sol imaxinado.
Sinto
no ambiente incerto
a
música dun mundo antepasado;
está
prendido no aire,
que
hoxe fala calmado.
é
dun soño agochado.
A
CHUVIA
A
chuvia cae devagar
nun
acorde de ramas.
A
orquestra gris das nubes
fala
que fala.
En
si bemol un vento
maino,
que a abala,
trae
latexar contento
de
auguiña clara.
Piano,
piano…
decorren
os minutos
eiras e fragas.
Piano,
piano…
e
a orquestra gris das nubes
xa
logo cala.
(Do
libro Versos de tarde laranxa,
editado pola Editorial Galaxia. 2016)