domingo, 13 de marzo de 2016

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XLV) Rosalía Morlán




                         ROSALÍA  MORLÁN  (Trazo, A Coruña, 1959)






UNHA ALDEA ESPECIAL


A miña aldea
ten algo especial,
estrelas de azucre
Rosalía Morlán
lúa de cristal,
un muíño de pedra
que rula ao compás,
un vento que canta
en vez de zoar.
A miña aldea
ten algo especial
palleiros de ouro
regatos de sal.



POR  TI

Por ti, cada día,
sen que ti o saibas
brincan polo ceo
versos de esperanza.
Por ti, cada día,
risos na alborada,
soños de mil cores,
cóxegas na alma.
Por ti, cada noite,
sen que ti o saibas
estrelas de azucre
versos de esperanza.



NON ME CHEGA O TEMPO

Non me chegan as horas
meu ben, para abrazarte,
non me chega a noite
meu ben, para bicarte.
Non me chega o tempo
meu ben, para acariñarte,
non me chega a vida
meu ben, para acocharte.




DESEXOS

A princesa do mar
e a fada do vento
saíron a pasear
buscando desexos,
Ilustración de Isa Albela
desexaron un mundo
sen fame nin medo,
desexaron risas
nas caras dos nenos.
A princesa do mar
e a fada do vento
sementaron no ceo
flores de desexos,
un mundo sen fame
un mundo sen medo,
soamente sorrisos
nos ollos dos nenos.





(Do libro Canta a lúa coas estrelas [música de Manoele de Felisa], editado por Sons de Galicia. 2015)