EDUARDO GALEANO
(1940 – 2015)
A función da arte
Diego non coñecía o mar. O pai, Santiago Kovadloff, levouno a descubrilo.
Viaxaron ao sur.
El, o mar, estaba máis alá das altas
dunas, agardando.
Cando o rapaz e mais o seu pai alcanzaron
por fin aqueles cumios de area, despois de tanto camiñar, o mar estralou perante os seus ollos. E foi tanta a
inmensidade do mar, e tanto o seu fulgor, que o neno ficou mudo pola fermosura.
E cando por fin conseguiu falar, tremendo,
tatexando, pediu ao seu pai:
-
Axúdame a mirar!
EDUARDO GALEANO
(De El libro de los abrazos. Ed. Siglo XXI)
(Versión galega de Antonio García Teijeiro)