MARTA
DACOSTA (2) (Vigo, 1966)
abrir
unha ventá
ao
sol da mañá
Marta Dacosta |
confirmar
que o día trae
calor
para as horas
unha
liña rubia no horizonte
salgada
para a lingua
abrir
o corpo
a
través dos pulmóns
desexosos
de inundarse
do
frescor da mañá
sentir
que o tempo vai amodo
que
non xogamos ás sorpresas
imposíbeis
que
o soño foi semente
que
o día agroma
…………………………………….
Así?
Con
catro versos
a
escuridade?
………………………………………
verdade?
que
verdade?
a
que constrúen as palabras falsas dos covardes
os
seus berros dislocados e caníbales
desmesuradas
murallas contra a luz?
alimentareime
da sombra diagonal
que
protexe a fonte baixo os pradairos espidos
do
silencio
que
foxe do seu veleno incendiado
onanista,
cultivado
en
horas
infértiles
(
Do libro
dun lago escuro, editado por Edicións Xerais.2014. Premio
Johán Carballeira de Poesía)