Mostrando entradas con la etiqueta marta dacosta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta marta dacosta. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de octubre de 2021

ESCAPARATE POÉTICO (CXXX) Marta Dacosta Alonso

 





                               
                                  MARTA DACOSTA ALONSO  (Vigo, 1966)

 

 

SENTO no banco

fecho os ollos

e déixome embalar polo aroma da cerdeira

que me guía por entre o buxo


Marta Dacosta  (Ed. Galaxia)
ás augas de entón

 

tal que a ave de lívida plumaxe

pousou o pé tremendo

na lama do Mondego

                                                                                                                        

 

OS AVIÓNS cruzan a praza

dos balcóns da botica dos Cunqueiro

á renda do rosetón

 

os niños agochados


baixo as liñas que trazan o vértice dun arco gótico

 

San Rosendo vixía hierático

de báculo na man

obrigado a tolerar

esa felicidade miúda

que o ignora

 

 

SENTADA tras o vidro imaxino a mañá

coma a gota de chuvia que esvara sobre as follas

do torto limoeiro que

me observa en fite

 

lenta e fría pregunta que me escarva ferinte

e me devolve o mapa deste egoísmo obtuso

que se empeña en levar

as rendas da existencia

 

a estraña compañía das gotas tras o vidro

e esta sensación de ser arrandeada

por esas mesmas follas engurradas

e vivas

 

 

(Do libro Notas sobre a extinción, editado pola Editorial Galaxia (2021).


sábado, 31 de mayo de 2014

ESCAPARATE POÉTICO (XXXVII). Marta Dacosta (2)






MARTA  DACOSTA (2)   (Vigo, 1966)



abrir unha ventá
ao sol da mañá

Marta Dacosta
confirmar que o día trae
calor para as horas
unha liña rubia no horizonte
salgada para a lingua

abrir o corpo
a través dos pulmóns
desexosos de inundarse
do frescor da mañá

sentir que o tempo vai amodo

que non xogamos ás sorpresas
imposíbeis

que o soño foi semente

que o día agroma


…………………………………….

Así?
Con catro versos
vou escorrentar
a escuridade?

………………………………………


verdade?
que verdade?

a que constrúen as palabras falsas dos covardes
os seus berros dislocados e caníbales
desmesuradas murallas contra a luz?

alimentareime da sombra diagonal
que protexe a fonte baixo os pradairos espidos

do silencio
que foxe do seu veleno incendiado
onanista, cultivado
en horas

infértiles





( Do libro dun lago escuro, editado por Edicións Xerais.2014. Premio Johán Carballeira de Poesía)