Páginas

sábado, 21 de septiembre de 2013

SENTADO CON PESSOA (IV) Miguel Ángel Arcas



Estou intentando arranxar a biblioteca onde traballo. Teño unha chea de libros fóra dos andeis. Vólvome tolo para atopar algúns. Saqueinos do seu sitio e non sei en que lugar da casa os deixei. Son unha calamidade. A miña cabeza voa máis do debido. Pero… que lle vou facer!
E mira por onde, estando a buscar algún libro que me facía falta, atopei un que rematara de ler sentado, mentres agardaba a miña vez no Centro de Saúde.
Encantoume este libro de aforismos, cuxo nome é Más realidad, de Miguel Ángel Arcas, editado pola editorial Pre-Textos. Nacido en Granada no ano 1956, Arcas licenciouse en Filoloxía española pola Universidade da súa cidade.
Gañou, co seu primeiro libro, Los sueños del realista o Premio Nacional Miguel Hernández en 1998. Ten escrito algún poemario máis e un libro de aforismos, anterior ao que teño na man. É director da editorial Cuadernos del Vigía e desenvolve diferentes proxectos literarios.

Chego onda Pessoa e sento ao seu carón. Amósolle o libro e semella querer dicirme que lle lea algún aforismo. Ben, iso é o que penso eu. Oio unha voz que soa ben baixa. Unha voz que me di: “ Definir a beleza é non comprendela”. Soa a Pessoa. Non sei se isto quere dicir algo; non o sei. Pero beleza moi aguda hai de sobra en Más realidad. Así que lle leo algúns dos seus intelixentes aforismos.


  .  A veces la esperanza
    no es lo último que se pierde,
    sino lo que nos pierde.


. Los pesimistas también se equivocan.


. No se sabe si fue por miedo o por pudor,
  pero lo cierto es que para camuflarse, el bosque
  un día decidió dejar crecer a los árboles.


. Quien no vive con fantasmas
   desconoce el color de la mañana.


. La eternidad tiene los días contados.


. De la admiración a la envidia hay un solo paso,
  y a veces, ninguno.


. Algunos necesitan de la vanidad para saberse pequeños.


. ¡Cuídate de la bondad de los tontos!


. Sólo los poetas regresan al lugar donde nunca han vivido.


. Una persona respetable no provoca pasiones.
  Un imbécil puede desatarlas.



***************************************************