A razón: teño, normalmente, nas mans unha novela, un
poemario, algún título de LIX e, por suposto, un volume que contén, ben un
diario, un dietario ou un texto epistolar.
E a este xénero quería eu referirme brevemente.
As cartas dos escritores/as aportan un enorme caudal de
coñecementos arredor da súa vida e, o que é máis importante, da súa obra.
Grazas a eles sabemos con quen se relacionaban. Coñecemos os
seus amigos aos que lles contan as súas arelas, as decepcións sufridas ou os
momentos grises e brillantes. Tamén coñecemos os seus inimigos, para o cal
empregan a palabra máis afiada para ferilos. En moitas das cartas poñen ao
descuberto os seus sentimentos ou as
súas ambicións, desenvolven o seu percorrido pola vida, expresan a súa maneira
de pensar e reflexionan sobre tantos e tantos temas que lles preocupan
fondamente. Vexamos o que di Edgar Allan
Poe a James R. Lowell, nunha
carta que está contida no libro Cartas de
un poeta (1826-1849) de Grijalbo-Mondadori: Canto me gustaría a min
intercambiar as nosas opinións encol dos poemas e os poetas en xeral. E
engade un pouco máis adiante: A poesía debe eludir a narración, agás,
como sinala vostede, en termos dramáticos. O que quero dicir é que a verdadeira
poesía, a poesía máis
Teño na miña biblioteca un número grande de epistolarios. E
aprendín moito deles. As lecturas
adoitan ter pasaxes apaixonantes. Se les as cartas de Luis Cernuda a distintos escritores, pintores ou intelectuais do seu
tempo, rematas sentindo a interioridade do poeta, tan complexa como difícil.
Leamos estas liñas escritas a Gregorio
Prieto: Yo estoy escribiendo versos, y si no contento, me complace recobrar
aunque sea por momentos conciencia de mí mismo. Me encuentro menos mal si estoy
solo, y estos días, en que conociendo la imposibilidad del amor y de amistad,
me vuelvo a mi trabajo, debo los ratos más productivos de mi vida. Lo demás es
engañarse más o menos a sabiendas, y aunque sea necesario a veces, no siempre
se puede ni se debe hacer tonterías generosas (…) Pertence ao libro
editado por Publicaciones de la
Residencia de Estudiantes, Luis Cernuda. Epistolario. 1924 – 1963.
Vicente Aleixandre envíalle a José
Luis Cano, el 21 de abril de 1942, una carta na que lle di palabras coma
estas: ¡Ay el amor…! Nadie como yo goza en el amor, y sufre por amor. Los
acentos más grandes de mi vida me los ha inspirado el amor. Pero del amor se
despierta. ¡Ojalá se despertara en la muerte! No, se despierta en la vida, en
la soledad de vida, y con qué relieve se la palpa heridoramente (…)
Palabras altamente sinceras, lamentos íntimos, poesía pura sobre a falta do
amor que leva o poeta a sentirse desesperado. O libro, magnífico, editado por
Alianza, chámase Vicente Aleixandre.
Epistolario.
Reparemos nestas liñas de Sylvia Plath á súa nai en 1956: Vou entrando en min mesma,
coñecéndome cada vez mellor, e facendo que medre o mellor que hai en min… e o
mellor que podo, pois mesmo unha muller cun pasado como o meu malgasta e
dilapida enerxías. Por primeira vez na miña vida, nai, síntome en paz (…)
Magníficas cartas recollidas no volume Cartas
a mi madre, con prólogo de Ana Mª Moix,
editado por Grijalbo.
E vivas, moi vivas son as cartas que se envían Jack Kerouac e Allen Gingsberg. (Anagrama), quizais os membros máis célebres do movemento literario chamado Xeración Beat. Unha extraordinaria selección polo seu alcance, a súa calidade e a intimidade que se reflicten no volume. Unha correspondencia que comezou en 1944, poco despois de que ambos se coñecesen, e continuou ata 1969, ano da morte do autor de On the road. Kerouac e Ginsberg estiveron unidos por unha sensibilidade artística moi común así como por unha fonda e duradeira amizade que afectou tanto á súa vida coma á literatura de ambos escritores.
Hai uns días, tiven a sorte de recibir na miña casa
tres volumes de epistolarios de escritores galegos. Fascínanme as vivencias dos
galeguistas, porque me amosaron con máis claridade os camiños que se seguiron
para que Galicia deixase ceibe certas cadeas e puidésemos saber os
comportamentos dos intelectuais en épocas difíciles que colocaron as primeiras
pedras para o engrandecemento da nosa literatura, da nosa cultura e a loita dun pobo contra o seu destino, coas
súas contradicións e os pasos dados cara adiante, ás veces pouco intelixibles
entre eles mesmos.
Os tres epistolarios aparecen en Cadernos de Ramón Piñeiro (Cadernos
galegos de pensamento e cultura), editados pola Xunta de Galicia e, realmente,
polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. E afirmo
que están a levar adiante un traballo minucioso, moi serio e lúcido que non
sempre, coido, se valora.
Os libros recibidos son os números XVIII, XXI e XXIII.Magnificamente editados con interesantes notas a pé de páxina.
O primeiro deles
chámase Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán en modo de antífona.
A edición, introdución e notas corren a
cargo de Luís Cochón.
O segundo leva por título, Correspondencia habida entre Xosé
María Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo. Di nunha carta
do ano 66, Xosé Mª a Isidoro:
Meu querido amigo: Posto a pensar nas razóns do teu silenzo,
non atino. Somentes encontro unha perfeitamente disculpabre, e da que xa te
absolvo: nugalla. Escribinte dende eiquí dúas cartas, que supoño no teu poder.
As dúas impertinentes, pois levaban sendas peticións; a copia do ditoso romance
atribuido ao P. Feixóo, i o teu parecer sobre o meu traballo encol á literatura
suscitada pola figura de Pardo de Cela (…)
E o terceiro, chamado Saiban cantos estas cartas viren… recolle a correspondencia entre Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961).
Como cunqueiriano que me sinto (ollo! Coma lector, non coma crítico) estas
cartas son unha xoia. Prólogo de César
Cunqueiro e introdución e notas de Luís Cochón, o volume ten un enorme
interese. Comeza, nada máis e nada menos, cunha carta de Eduardo Blanco Amor, a única que lle escribiu. Toda ela é un poema
en prosa dunha fondura tremenda. A carta comeza así: Álvaro: Te escribo junto al mar,
casi entre sus espumas, en música gozosa que me envuelve en una eterna
variación; mientras el sol se pone. En seguida, al anochecer, me bañaré y
nadaré entre las rocas, sobre ese abismo impreciso de luz verde entre
tinieblas. (…)
Don Álvaro escribía unha carta mecanoscrita a Alberto Casal na que lle dicía o
seguinte: Leí un libro de Gilbert Murray sobre Esquilo, y en la introducción habla
de una primitiva versión escalda de Hamlet, una saga en la que el consabido
personaje burlesco, el chistoso, es un rústico tonto, Anlodhi, y parece que sea
la más antigua salida del príncipe a las letras. ¡Hamlet debutando como tonto!
Parece que de alguna manera Shakespeare sabía esto. Desde que escribí el “Hamlet”
he reunido más de veinte noticias de este tipo. ¿Por qué sucede esto?¿Por qué
después de escribir el “Merlín, durante cierto tiempo, encontraba Merlines por
toda parte? ¿Es que viven en alguna parte, te agradecen la memoria y de alguna
manera quieren hacerse presentes? (…)
Non vou seguir escribindo máis anacos de cartas. Non me
chegaría o espazo e aburriría os lectores de Versos e aloumiños.
Remato con dous apuntamentos: agradecer a Luís Alonso Girgado o seu labor nestas
investigacións e a súa infinita amabilidade. Como a todo este equipo tan serio
e eficiente. E animar os lectores e lectoras que presten atención a estes
libros nos que chegamos a sentirnos receptores das súas misivas. Son
verdadeiramente emocionantes.
Antonio García Teijeiro