MARÍA VICTORIA MORENO (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005)
¡XA NON TEÑO MEDO! (fragmento)
Eu durmo na bufarda
porque son malo,
e porque falo.
Mais mamá dixo
que podía chamala
de ser preciso.
* * *
Anque os primeiros días
pasei ben medo
coas sombras, cos ruídos
e co silencio,
souben axiña
que a noite é unha festa
moi divertida.
*
* *
Cando a nai mata as luces
nace un silencio
que é redondo e escuro,
mais non dá medo
Cómpre afacerse
logo aparecen
* * *
O reloxo da sala
óese ao lonxe
e eu agardo entre as sabas
que cante as doce,
para que saian
os diabriños que viven
na miña casa.
*
* *
No armario máis pequeño
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
Dormen de día
e polas notes traman
mil ousadías
(Continuará na próxima entrada
desta autora.)
(Do libro Eu conto, ti cantas…, editado por Edicións Xerais. Col. Merlín, 2005)