domingo, 10 de julio de 2016

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LII) Pedro C. Cerrillo






                                              PEDRO C. CERRILLO




LA PERRA CAMPEADORA

Mi perra corre en el monte,
huele el romero mojado,
escarba mucho en la tierra,
le gusta morder los palos.
Corre y corre sin medida,
Pedro C. Cerrillo
levanta liebres y ciervos,
asusta siempre a los pájaros,
ladra y ladra a los perros.
Se baña en todos los charcos,
me regala buenas piñas,
me mira muy modosa y a volver no tiene prisa.






EL GRILLO VERDE

Hay un grillo verde
que muy fuerte canta,
el niño de verlo
tiene muchas ganas.
Se sale al jardín
con mucho cuidado
para ver dónde está
y poder encontrarlo.
Pero el grillo no aparece
aunque prosigue su canto,
y el niño, al fin, decide
sentarse a escucharlo.






DIME POR QUÉ, ABUELO


-Dime, abuelo, dime,
¿por qué el río lleva agua?
-Para que beban los peces
cuando mucho tiempo nadan.

-Dime, abuelo, dime,
¿por qué los perros ladran?
-Para que todos sepan
que con sus amigos hablan.

-Dime, abuelo, dime,
¿por qué los gallos cantan?
-Avisan a todo el mundo
que ya llega la mañana.







GOLONDRINAS VIAJERAS


Llueve la lluvia en otoño,
tiran las hojas los árboles,
el aire de la mañana
deja vacías las calles.

Pasan deprisa los niños
que caminan a la escuela,
el cielo engorda las nubes
que dan sombra a la plazuela.

Bandadas de golondrinas,
rápidas, cruzan los aires;
al calor de otras tierras
inician un largo viaje.

Hasta el año que viene,
golondrinas viajeras,
veremos vuestros nidos
al llegar la primavera.






(Del libro El jardín de Óscar, editado por Diego Pun Ediciones, 2016)




jueves, 7 de julio de 2016

PREGÓN DA FEIRA DO LIBRO de VIGO, 2016, por ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO





     En xullo de 1997 daba eu o Pregón da Feira do Libro na Alameda da miña cidade.  En outubro do ano anterior gañara o Premio Merlín co meu poemario Na fogueira dos versos.
     Dezanove anos despois, a Federación de Libreiros pediume que lese o pregón da Feira de 2016.
     Pasaron moitos anos e as Feiras resisten, aínda que máis de un afirma que o sistema está esgotado e se deben buscar novas fórmulas.
     Talvez teñan razón, pero eu sempre estarei preto dos libreiros e libreiras, porque supón un verdadeiro exercicio democrático levar os libros á rúa. E se de manter abertas librarías dignas se trata, mellor non dicir nada.
     Así que gocei erguendo a miña voz a prol da lectura, da cultura en galego, das nosas editoriais, das nosas bibliotecas, dos nosos libros...
     Podedes lelo aquí.

     Que vos guste.





                     
                    PREGÓN  FEIRA DO  LIBRO  DE VIGO
                                                                                        

                                                                                  Antonio García Teijeiro


     
     De novo arranca a Feira do Libro de Vigo. De novo os libros preséntanse ilusionados para seren tocados, folleados, acariñados por mans sensibles e ollos espertos, porque, como di o célebre proverbio hindú, “un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”.


    De novo fanse realidade os esforzos de libreiros e editores para que o libro se convirta no gran protagonista destes días. Os libros vivirán dispostos a chamar a atención das  persoas que veñen e van nunha tola andaina cotiá por este lugar tan emblemático da nosa cidade. Chamaranas con agarimo, case en voz baixa, como adoitan facer sempre, agardando as súas respostas.

Vivimos malos tempos. Os cidadáns e as cidadás avanzan despistados polos vieiros dunha sociedade -desde diversos ámbitos- pouco comprometida coa cultura. Esa cultura que, como Charles Bukowski escribe nun emocionante poema, “pode salvarche a vida”.

Repito, estamos a vivir malos tempos. Pero un ano máis, o esforzo dun colectivo, os libreiros, faise visible malia todas as penurias do día a día, para que os lectores e lectoras desta cidade e da súa contorna sintan os libros ben preto deles. Teñen moi pouca axuda os libreiros e libreiras. Viven nunha certa soidade. Aliméntanse deses clientes-amigos, militantes da literatura, que entran nas súas librarías cada semana, cada mes, para gozar da palabra escrita. Non é demasiada cousa. Son verdadeiramente admirables.
     

     Estes libreiros e libreiras amosan ao longo do ano – e de maneira especial nesta Feira- aqueles títulos que ofrecen as editoriais –son os editores outro gremio que loita por sobrevivir- e, máis concretamente, as editoriais galegas, que están a desenvolver un labor impagable escribindo acotío páxinas memorables coas súas publicacións nun volume imaxinario, absolutamente necesario, a prol do desenvolvemento cultural dun país bastante abandonado á súa sorte neste eido. Xa vai sendo hora de que se recoñeza ese labor tan complexo coma imprescindible de ambos colectivos.


     De novo arranca a nosa Feira  para que o libro conviva coas necesidades cotiás da cidadanía. E arranca con moitas limitacións pero con moita ilusión.
Porque poñer os libros na rúa é, sen dúbida, un acto do máis democrático.
Desaparecen as paredes, as portas, os atrancos e créase un espazo que anima a ser visitado sen prexuízos dende a liberdade. Non debemos esquecer, como afirmaba o escritor catalán Emili Teixidor, que “ler é vivir moito máis e moito mellor. Ler non só ocupa o meu tempo, ler cobre e engade valor á miña vida”.

     Ben sabemos que se le pouco. Que o libro carece, por desgraza, do prestixio social que lle corresponde. Que se minimiza a súa capacidade para a reflexión ou para plantear dúbidas, que se lle nega o seu papel transformador, tanto individual como socialmente, para converterse demasiadas veces en algo unicamente lúdico, de evasión, sen máis. E talvez non estea mal que sexa así, pero convén saber, tamén, que a literatura axuda as persoas a coñecerse mellor, a entender mellor a realidade, a poñer en orde as emocións ou comprender mellor as múltiples arestas da vida. Repito a palabra mellor porque está moi vencellada á esencia da boa literatura.
     Estou seguro de que a lectura nos fai máis libres, talvez máis solidarios e, sen dúbida, máis sensibles.


     Vivimos nunha sociedade máis insolidaria do que me gustaría. Priman, por riba de todo, as aparencias, o feito de ter, de posuír, de exaltar o material. Un materialismo que ten un protagonismo lamentable. Para esta doenza vén de marabilla ese espírito que temos os que amamos a literatura: ver as cores do mundo que brillan nos libros, descubrir os nosos degoiros agochados nas súas páxinas, albiscar horizontes libres de néboa. É moi satisfactorio comprobar que cun libro nas mans non perdemos a capacidade para soñar e sentir que os libros poden converterse en seres vivos. Obxectos, moitos deles, pequenos pero ateigados de mundo.
    
    
Romano Guardini
Como dixo Romano Guardini non debemos esquecer que “os libros  están alí sen moverse, sen facer ruído e, porén, dispostos a abrir en calquera intre as súas páxinas e comezar un diálogo que narra o pasado, que nos fai mirar cara ao futuro ou que invoca a eternidade, tanto máis inalcanzable canto máis sabe atraer a quen se lle achega”.


            Entre as casetas ateigadas de títulos – un séntese moi feliz de descubrir as de dúas biblioteca públicas-, os folletos, os marcapáxinas, os actos culturais que se xeran ao redor da Feira: sinaturas,  presentacións de novidades,  diversas actuacións, decote cos libros como eixe fundamental, xira unha invisible rolda de ilusións que paga a pena descubrir e deixarse levar polo seu trazado.
     

     
     Os que amamos a palabra escrita non queremos ser heroes de resistencia ningunha. Gústanos, máis ben, incluír a literatura nos hábitos cotiáns das persoas que nos rodean, en especial nos dos máis novos. Ou sexa, queremos contaxiar, un verbo que conxugo a miúdo e que resulta fundamental cando de lectura e de lectores falamos. Encántanos conseguir que se acheguen á literatura con ilusión e ledicia. Facelo con agarimo e sen imposicións, convencidos como estamos de que van gozar moito se se mergullan nas páxinas dos libros. Atoparán mundos agochados que están sen descubrir e que devecen por seren descubertos.

Porque non queremos camelias sen pétalos,
mares sen ondas,
barcos sen temón,
celebramos os libros na rúa.

Porque non nos gustan
os ollos anubrados,

nin os bicos baleiros,
nin as aves sen ceo,
celebramos os libros na rúa.

Porque desbotamos da vida
as bágoas dos nenos,
as portas pechadas,
e os muros con arames,
celebramos os libros na rúa.

Porque non queremos
que haxa frío nas estancias,
que os labios perdan o sorriso,
que a tolemia cegue a luz,
celebramos os libros na rúa.

     E  como di un bo amigo meu, escritor de éxito, ademais, non podemos nin debemos esquecer que "estamos feitos de palabras e de soños".
     Sendo fiel a esta sentenza anímovos a que percorramos a Feira do Libro con esperanza, que procuremos as palabras e que non permitamos que nada nin ninguén nos roube os nosos soños.

                                                 
                                                                                                                                                                                       Xullo, 2016. 

domingo, 3 de julio de 2016

DARDO POÉTICO (XXXV) AS "MARCAS" E OS "SOLILOQUIOS" DE CABALLERO BONALD





Teño que recoñecer que hai poetas que, a través dos seus versos, me inquietan.
     Sinto que a súa poesía bate en min dun xeito inagardado e fai latexar o meu corazón a un ritmo que non podo explicar.
     Sucédeme co poeta arxentino Hugo Mujica, co gran Claudio Rodríguez, con Méndez Ferrín ou con Borges, entre outros.
     
José Manuel Caballero Bonald
     
      E  teño que dicir que José Manuel Caballero Bonald é un deles.
     Talvez porque me resulta un infractor vital, un disidente patolóxico, un verdadeiro insubmiso e rebelde.
     Talvez porque Caballero Bonald declarou en máis dunha ocasión que para el escribir significa defenderse das ofensas da vida de seu, un acto de defensa propia.
     Non sei a razón, pero o que acabo de dicir pode darme algunha pista.

 Juan Carlos Abril afirma no libro que publicou a editorial Pre-Textos, Col. La Cruz del Sur, 2015, que Caballero Bonald é un continuo e obsesivo – asemade que perfeccionista- reelaborador da súa obra. E engade que esta, a obra, posúe conciencia de si mesma e que sobrevivirá ao noso autor cando morra. A liberdade e a soidade do creador formarán parte dun sintagma inseparable, dunha conciencia da individualidade que leva consigo a conciencia crítica.

     Isto pode lerse en Marcas y Soliloquios, en edición de Juan Carlos Abril, que é o libro ao que me referín antes e que ten o propósito de difundir a  poesía do poeta de Xerez da Fronteira, recollendo os seus textos máis significativos.


     Co libro nas mans renuncio a seguir preguntándome sobre esa inquedanza que me provocan os seus versos e leo, leo con paixón os seus poemas.
     Poemas que, coma estes dous, pican ben dentro as miñas necesidades literarias.
     A ver que vos parecen.



TURNO  DE LAS  ENTRAÑAS
XULIO GARCÍA RIVAS "Xardín" Acrílico sobre papel.

La vida a veces vira
con invariable virulencia y busca
la indefensión del desganado.

Ocurre de repente:
                              irrumpe
en las perplejidades cotidianas
y allí se enfrenta al insurrecto
con su rauda aspereza y con la obscena
condición de la sed
del que huye del agua, esa morosa
forma de prevenir la siempre indeseada
proximidad de los antídotos.



PREMEDITACIÓN

Me pongo en camino hacia un libro
que nunca escribiré.
XULIO GARCÍA RIVAS. "Xardín XXI" Acuarela sobre papel.
                               Apenas se distingue
desde esos mortecinos
atolladeros de la imaginación
donde toda verdad
consiste en muchas dudas superpuestas.

Se insinúa de pronto entre una súbita
preponderancia de vacilaciones,
mas no lo reconozco: adolece
de páginas en negro, de gramáticas
adictas a la superchería
y de una perniciosa connivencia
con las erratas sensoriales.

Mejor dejar que el tiempo actúe solo:

también por omisión se escribe un libro.

jueves, 30 de junio de 2016

PAPEIS RECOBRADOS (8) Dúbidas


                     Foto: Anxo Cabada


Metidos no complexo mundo da lectura nos rapaces e rapazas, un comeza cos anos a ter máis dúbidas das que tiña ao principio.
     Foi fundamental para min a lectura.
     A miña vida cambiou e enderezouse entre libros.
     Cada volta dáme máis pudor afirmar o que antes afirmaba cunha rotundidade absoluta. Quero fuxir dos "absolutos".
     De aí que recupere este artigo que publiquei hai certo tempo   n´A Nosa Terra. Un texto para continuar pensando e dubidando.


                     
                             


                                             DÚBIDAS


                                                               
  Leo na revista CLIJ unhas palabras de Liliana Heker, escritora e directora do Fondo Nacional das Artes de Arxentina, nas que afirma que “a lectura, moitas veces, obrou en min sinxelamente como un refuxio e como un consolo”.
     
Liliana Heker

     Eu levo ben anos predicando (como din os meus bos amigos Xabier DoCampo, Paco Martín e David Otero) as excelencias da lectura.

     Levo ben anos en contacto con alumnos/as, con ensinantes, bibliotecarias ou promotores de lectura tentando convencelos dos beneficios indiscutibles da literatura. Anos e anos de reflexión continua (e tamén de dúbidas) para contaxiar o meu amor pola palabra escrita a tantas persoas dispostas a caer na rede dos meus argumentos. Canseime de dicir que a literatura divirte, relaxa, estimula. Que provoca pracer, esperta a sensibilidade, alenta a imaxinación, desenvolve a capacidade crítica no lector e introdúceo en novas realidades e experiencias.


     
     Sempre mantiven que un bo libro pode favorecer a madurez psicolóxica dun neno, ademais, se cadra, de fomentar actitudes de tolerancia e solidariedade. Todo isto pode soar demasiado grandioso, demasiado transcendente. E xa dubido destas afirmacións que noutrora me parecían incuestionables.


     Hai quen afirma que o importante é que o lector ou lectora goce lendo con calquera tipo de libro.  Non o sei. Cada día teño máis dúbidas. Do que si estou seguro é de que, por desgraza, o acto de ler non nos fai necesariamente mellores persoas, pero nesta experiencia intensa, variada e rica que é a lectura, un séntese máis libre e comprometido coa dignidade que a miúdo desprende a palabra literaria.




                                                                                                                            ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO

lunes, 27 de junio de 2016

A LUZ DAS PALABRAS ( 56 ) Xavier Estévez






Hai moito de vida na literatura de Xavier Estévez (Bruxelas, 1969).
     E de sentimentos, de compromiso coa sociedade, de psicoloxía do neno/a, de agarimo polas palabras.
     Hai moitísimo amor ao lectorado neste docente cheo de inquedanzas, que ama fondamente a radio, o teatro e a literatura.
     
Xavier Estévez
     
      Non hai demasiado que rematei O corazón da maxia (Ed. Xerais. Merlín. 2015) e encantoume. Mestura de realidade e maxia nunha historia tenra , na que unha rapaza, Laura, que ten doce anos e unha doenza e está no hospital, cando mellora tenta facer felices aos outros nenos da planta co seu pano de pirata na cabeza. Magnífica.
     
     
     Agora, agárdame sobre a mesa de noite  Todos os soños (Tambre. Ala Delta.2015), para volver entrar no mundo deste interesante escritor nacido na capital belga, pero coa súa vida vencellada a Vigo dende hai ben tempo, cidade onde traballa como mestre.

     
     Supoño que se comprenderán perfectamente as razóns que existen para que a súa voz sexa escoitada en Versos e aloumiños.
     Non houbo máis que pedirle a luz da súa palabra e aceptou gustoso cun texto magnífico sobre a razón que o leva a escribir. Unha razón que é, nin máis nin menos, "ser feliz".

     Lédeo co pracer que estas liñas merecen.



Escribir… por que escribir?

O día que rompín o xeonllo choveu a mares. Coma se tirasen auga con caldeiros. Eu tiña trece anos.

    Lembro volver a casa amodo, á pata coxa, coma se fose un xogo. O instituto quedaba a uns vinte minutos e tardei hora e media. Para cando cheguei estaba completamente enchoupado.

....pero tamén tivo 5 anos
     
     A casa estaba baleira. Quitei a roupa, estomballeime no sofá e esperei a que alguén me recomendara un analxésico. Eran outros tempos. Ao médico non o vin ata o día seguinte. Non había présa, dicían meus pais.

     Lembro ese día, entre outras cousas, porque foi un dos días máis felices da miña vida.
Meus pais foran mercar unha máquina de escribir para ese fillo que non deixaba de pedila. Unha Olivetti Lettera 35 que aínda repousa nalgún recuncho da casa, collendo po coma outro feixe de lembranzas. Con ela, con aquela máquina que esixía máis atención que un fillo, os meus escritos deron un paso cara diante. Ou polo menos eu pensaba que si.


Escribo dende que teño uso de razón, penso, pero aos doce, trece anos a cousa xa non tivo volta atrás. Pasaba as horas dándolle ás teclas, recollendo en folios agora amarelados polo tempo as historias que rebulían na miña cabeza. Así era feliz. Eu vivía nun mundo de libros do que ás veces os meus amigos me rescataban para irmos xogar ao campo ou ás rúas. Sempre lin moito, e iso levantaba un vento creativo en min do que non me era posible fuxir. Sentarme a escribir era a única forma de serenar o remuíño que era eu na adolescencia.
 
Tolkien
Historias que comezaban e ás que logo perdía o rastro eran moitas. Comezaba unha e logo pasaba a outra co ritmo ao que miña cabeza imaxinaba. Todas esas historias inacabadas andan por aí e agardan, supoño, a que algún día lles dea a súa oportunidade. En caixas descansan, durmidas as follas, esperando o seu desxeo de primavera.

Historias longas, historias curtas, e tamén contos, poemas e mesmo cancións, que xermolaban dos libros que me absorbían, en moitos casos de mitoloxía. O meu mundo fantástico que se foi tecendo a base de Tolkien, de Ende, e de moitos máis. O certo é que os libros foron a arañeira da que nunca souben escapar, cousa da que non me arrepinto. Como un non se arrepinte tampouco das amizades.
 
Michael Ende
Agora, sigo escribindo. Roubo cachiños de tempo porque o corazón dime que os personaxes queren saír, desexan vivir. E a miña vida, como sempre foi, segue sendo unha suma de lecturas, de historias que narrar e de realidade, que é o que sucede entre ambas.

Boto a vista atrás e decátome da sorte que tiven. Por moitos motivos. Os meus pais, que non ían sobrados de estudos, sempre me animaron. Souberon darme as ás que eu precisaba. Outro, maior quizais, foi nacer nunha familia literaria. Supoño que todas as familias o son, en maior ou menor medida, e a miña o era. Ao longo dos anos foi sumando sucesos que ben poderían dan para unha ou moitas novelas.

O meu tío Ricardo, que marchou de adolescente a Uruguai cunha maleta de cartón que algún veciño lle emprestara. Ía de polisón nun daqueles transatlánticos que cruzaban o océano, non podía ser doutro xeito. Máis tarde, o resto dos meus tíos tamén collerían camiños similares cara medio mundo. E moitos por aí seguen.

A miña nai, que coñeceu ao meu pai despois de derrubalo da bicicleta dunha boa pedrada. Amor ao primeiro golpe, diría.
A miña familia é así, curiosa, xa vedes.
Mesmo eu atesouro algunhas historias que tamén darían moito de si entre as páxinas dun libro.
Os meus primeiros sete anos compartíamos cuarto toda a familia: meus pais, meu irmán e máis eu. O pequeno cuarto dun pequeno apartamento, que de pequeno ben podería ter sido unha caixa.
 
Xavier e Fátima en Etiopía
Gardo na memoria aquelas interminables viaxes en coche dende Bruxelas para pasar uns días na casa dos meus avós en Lalín. Viaxes que para min eran “comer, durmir e continuar”. Para a miña visión infantil só era unha sucesión de estradas baixo un sol implacable, unha rutina esgotadora.

E enfiando historias a vida fluíu e foi pasando. Algúns rostros marcharon, outros chegaron, e tras os momentos malos houbo outros dignos de seren lembrados.
Iso é vivir, non?

E no meu caso vivir é ler. Vivir é escribir. Todo é o mesmo. Todo está unido.
Cando decidín amosar o que escribía tivo que ser obrigatoriamente o que facía para nenos. Por que? Tal vez porque nunca esquecín o neno que fun, ese que sentaba no xardín da biblioteca que había a carón da escola nos días de primavera para ver cómics, xa que aínda non sabía ler; ese que mercaba cómics de superheroes no quiosco que había preto de casa; ese que lía as agochadas pola noite coa luz dunha lámpada…

Sempre quedará esa sensación de felicidade ao atopar un bo libro, de mergullarse nas súas páxinas, se seguir os pasos do protagonista por mil e unha aventura. Sempre penso que se consigo facer que un só neno se sinta así terá valido a pena. Así que escribo para eles e tamén para min, para ese Xavier que tiña dez anos e que segue comigo, moumeándome ao oído as historias que lle gustan.
Teño escritos para adultos tamén, claro, que queren ver a luz mais non hai présa. De momento o que fago, faime feliz.
Ese é o motivo.

Escribir… por que? Simplemente porque me fai feliz.
Xavier Estévez