Mostrando entradas con la etiqueta rosa huertas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rosa huertas. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de septiembre de 2021

A BUTACA DO LECTOR (14) "Disidentes", de Rosa Huertas

 


O Lector está canso da deshumanización da sociedade. Do predominio mal entendido da tecnoloxía e do éxito inmediato, económico, sobre unha visión máis humana, máis sensible, máis feliz.

 

     Ao Lector encántalle a literatura de Rosa Huertas. Sempre atopa puntos de conexión con ela a partir de escritos que poñen o acento na arte, na historia, na literatura, na poesía, etc. Un humanismo envolve toda a narrativa de Rosa Huertas que a fai sedutora. Alomenos para O Lector. Porque a autora madrileña escribe decote cun ton envolvente, cun estilo limpo e claro que conmove.

      Disidentes é unha das últimas novelas de Rosa. Unha novela diferente no

contido -entra de cheo  ciencia-ficción – pero que a define unha vez máis como excelente novelista.  Ada, a protagonista vive no sector 7 onde todo é perfecto. Pura asepsia. Pero esa é unha realidade falsa, moi falsa, algo que Ada vai comprobar cando se ve obrigada a fuxir a unha cidade contaminada, Madrid, que lle permitirá ver e vivir a outra cara da moeda e fará que dubide das súas conviccións.



Disidentes
é unha novela intelixente. O Lector volve atoparse co universo de Rosa Huertas e a súa reivindicación das artes. Contrapón a autora dous mundos: un, onde a tecnoloxía deshumanizante domina todos os seus estamentos. Un mundo no que o equilibrio é mantido polo control da natalidade, sen conflitos, case sen enfermidades pero que os seus habitantes viven case como autómatas. Todo está controlado con cámaras e vixías e deseñado para que os sentimientos prácticamente non existan.

 

     A este mundo oponse outro ben diferente, que caeu preso da contaminación. Habitado por disidentes que se dedican no subsolo a converterse en gardiáns da arte e da cultura de maneira clandestina. Dende os sectores son vixiados para que ninguén saiba que existen. Neste mundo de disidencia van aparecendo os que custodian a Biblioteca Nacional, o Museo do Prado, o Teatro Real, etc.

E aquí, entre estes dous mundos, se desenvolve a novela que ten moito de aventura, de misterio, pero de reivindicación da liberdade, tanto individual como colectiva; de reivindicación das emocións que as artes producen, da amizade, da confianza e do compromiso moral do ser humano fronte a tanta frialdade materialista.


     O Lector gozou da novela. E sentiuse enormemente identificado coa mensaxe contida nela. Tras rematala, sentado na butaca, seguiu reflexionando sobre ela. Que necesaria, exclamou en voz alta.

E prometeu recomendárllela aos amigos e amigas.

Unha delicia.



lunes, 23 de febrero de 2015

OS MURMURIOS DO can CAN ( 4 )



 
      Ten frío o can Can, e está abraiado por non coller a gripe con tanta xente con catarreiras ao seu redor.
     Chíscame un ollo cando escoita que onte me bañei na praia. Treme ao saber que a auga estaba a 11.3 graos. Di que son moi valente, pero eu sei moi ben que pensa que ando bastante tolo.
     Dígolle que estou a ler a Henry James e que merquei un volume de contos de amor vitorianos que vén de publicar Alba Editorial. Pon a face un pouco rara. Como se non o acabase de crer. Non lle fago caso. Coméntolle que acabo de recibir dúas novidades da colección “Fóra de xogo” (Edicións Xerais) asinadas por dous escritores importantes: Silvestre Gómez Xurxo (“De cristal”) e Marcos Calveiro (“As palabras poden matar”).  Alédaselle o rostro. Nótaselle que ten ganas de lelas. Paciencia. Primeiro son eu.
    
      

     Daquela, tras aceptar a espera, o can Can comeza a dicirme que…

      
     … a el , coma a Mariano Coronas, tamén lle dá moita rabia que ao elemento ese, o tal Nicolás, a prensa o chame “El pequeño Nicolás”. E quere aclarar, coas palabras de Mariano, que “O pequeno Nicolás” é a tradución de “Le petit Nicolas”, esa marabillosa serie de libros infantís escritos polo escritor e guionista francés René Goscinny, que ilustrou o gran Jean-Jacques Sempé. Di que chamar así a ese personaxe vomitivo, introducido na gorida desa panda de persoeiros da corrupción e a mentira política é un ataque á cultura e á literatura para nenos e maiores. Doulle a razón. Dá noxo.

     
Yolanda Castaño

       lle  encanta a edición bilingüe, editada por Visor, do poemario “A segunda lingua” de  Yolanda Castaño. Que lle chamou a atención o poema “A poesía é unha  lingua minorizada” e comenzou a recitarme:

Comezaría polo espesor. A súa acidez, o seu ph.
Camiña igual ca unha muller:
entre o masacre do invisible
e o campo de concentración da visibilidade.

Ladra estilo e final,
unha épica hospitalaria.

No poema a linguaxe
faise ouvidos xordos a si mesma,nel as palabras amplían
o seu círculo de amizades.

Hai que masturbar o abecedario
ata que balbuza cousas
aparentemente inconexas.

Caixa de cambios da fala,
acenos doutra orde.
O sorriso do mosquito dentro da pedra de ámbar.

Non se trata de que non comprendas árabe.
non entendes

poesía.

Eu escoito e gozo de tan intenso poema.
    

      
Rosa Huertas
     
     …  foi marabilloso para el descubrir a Rosa Huertas, esa magnífica escritora madrileña, autora de libros tan suxestivos como “Mala luna”, “Tuerto, maldito y enamorado”  ou “El blog de Cyrano”, entre outros. Concretamente, con este último, acabado de ler, gozou da boa literatura para mozos e mozas unha vez  máis. Chámalle a atención o estilo literario da novelista, doutora en Ciencias da Información e licenciada en Filoloxía Hispánica. Un estilo que mestura autobiografía, referencias literarias ou artísticas coa realidade e, mesmo, a fantasía. 
    Literatura intensa e chea de emoción dunha muller sensible e apaixonada da palabra literaria.  Unha autora que se está a converter nun referente indiscutible da LIX. 
    Ler as súas novelas resulta un pracer evidente.

      

     
     … leu o libro, magnífica edición de Antonio Reigosa, “Galicia Encantada. O País das mil e unha fantasías” (Edicións Xerais). Segundo el, e créollo, aprendeu moito da literatura de tradición oral do noso país. E pasouno moi ben entre mouras, encantamentos, pozas máxicas, penedos, xogos, cocos e monstros, augas, festas…. e grazas a el xa sabe cando debe cortar o pelo.  
  
     Río en voz alta. Non lle parece moi ben e dime:

- “Pois hai que facelo cando a lúa está no cuarto minguante. Deste xeito medra máis amodo e podemos tardar máis tempo en volver pasar polo salón de peiteado”.

   


     Está que non para . Déixame moi clariño que  este libro vén sendo unha parte dos textos que foron aparecendo na web do mesmo nome. 
  


Unha web que celebra dez anos de existencia. Fágome o parvo. Fago que non o sabía e, deste xeito, fica satisfeito.
     Ai, meu pobre!

   

      … cantou moitas cancións co disco quíntuple de Joaquín Díaz, folclorista moi  recoñecido, que recompilou  panxoliñas, romances, cantigas e contos  nun entrañable  disco: “ 100 Canciones y Cuentos Infantiles”.  Un tesouro que debe estar nos fogares para cantar e coñecer ese corpus literario-musical tan significativo.
       
     E púxose moi ledo a acompañar a voz de Joaquín Díaz  nesta canción.  A verdade é que o dúo estaba algo descompensado pero sentíase eufórico:

Arroyo claró,
fuente serená,
quién te lavó el pañuelo
saber quisierá.
Me lo ha lavadó
una serraná
a la orilla del río
que corre el aguá.
Una te lavá
y otra la tiendé.
Una le tira en rosas
y otra en clavelés.



      
     …que foi ao cine cunha cadela amiga, hai pouco tempo,  para ver unha película da que falaba moita xente. Tiña medo de que o defraudase. Non foi así. “Boyhood” chegoulle ben dentro. Un drama filmado ao longo de 12 anos (2002-2013), en 39 días de rodaxe. Unha viaxe íntima polas canles eufóricas da nenez, os cambios co paso do tempo  e a visión curiosa e  incisiva dunha familia moderna. A historia de  Mason (Ellar Coltrane) dende os seis anos, poboada de trocos, avances, amores, desilusións, medos etc. Todo en tempo real.
      


     Estou de acordo con Can. Unha película orixinal e cativadora. Gran Richard Linklater, o director, de quen recomendamos a triloxía : “Antes do amencer”, “Antes da atardecida” e “Antes do anoitecer”.



      
     

   …que descubriu comigo a Fabio Morábito, nacido en 1955 en Alexandría, de pais italianos, que viviu en Italia e é mexicano de adopción.
Fabio Morábito.
Que lle gusta moito, tanto a súa poesía coma os relatos.  Lemos xuntos a antoloxía poética “Ventanas encendidas” (Visor. 2012). E agardou a que eu rematase  os seus oitenta e catro relatos breves, irónicos e cun fino humor contidos no volume editado por Sexto Piso, que leva por nome “ El idioma materno “.  Textos lúcidos, ben escritos, intelixentes que, sendo inclasificables, mesturan autobiografía coas complicadas relacións entre linguaxe, escritura e mundo. Como escribiu un crítico literario: “Un libro sobre a orixe da vocación literaria”.


     Daquela, volvendo á súa poesía, recitamos en conxunto este poema:

¿ POR QUÉ si digo pájaro
me enciendo
y cuando digo ave me intimido?
Digo pájaros y pienso
en vuelos cortos,
no en migraciones,
en los esfuerzos para hacerse un nido;
digo pájaro y me embosco,
me enarbolo
y me ensombrezco,
y al decir ave me remonto,
pierdo la sombra y subo,
subo,
y solo la curvatura de la tierra,
que no siento,
corrige
este elevarme sin descanso, traduciendo
el ave que hay en mí en un pájaro
que busca, en otro clima, un árbol.


      
     Sentímonos ben a gusto. Estamos relaxados.  Pregúntame cal foi o último libro que merquei na miña visita á libraría. Dígolle que un poemario de Baldo Ramos que, ao follealo, me pareceu interesante. Chámase  “Cartografía do exilio”, foi accésit do “Premio de Poesía Miguel González Garcés. 2014 (Deputación da Coruña) e di cousas coma estas:
     

      ( …)  hai poetas que abren as portas cando escriben
                e hai poetas que rebentan as bisagras dos accesos.

                convocan os labirintos da incomprensión.
       
                inútil escribir sobre o presente
                se non abonda con deixar de aparentar
                os símbolos da amnesia.

                lembrar é un xeito de escribir anticipadamente sen empregar palabras.

               antes de que as palabras impoñan un novo aprazamento (…)


   Fermosos versos que penetran ben dentro de min. Poñereime a lelo xa.

     O can Can asente. Permanece un chisco en silencio e dime cunha autoridade que roza a esixencia: “Dedícalle unha canción de Kiko Veneno aos meus amigos Juan, Lurdes, Alba e Susi”.
     Fágolle caso e escollo “Joselito”. Kiko canta en vivo.
     E Can sorrí e comeza a bailar.
     
                                                "Joselito". KIKO VENENO

                  Un caso!