Mostrando entradas con la etiqueta libby. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libby. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de agosto de 2013

DARDO POÉTICO (VII) CINCO HAIKUS EN INGLÉS PARA LIBBY

Tomando uns refrescos na cafetaría La Cuchufleta, en Vigo, suxeriume un bo amigo, escritor, que acaba de publicar o libro Os xornalistas utópicos, que en EE.UU. debía escribirlle á miña andoriña (el non empregou esta palabra) un poema en inglés.

Eu boteime a rir e el riu comigo. Pero algo me deixou dentro. Naquel intre as súas palabras fixéronme cóxegas na miña cabeza. Logo, cos apuros da viaxe esquecín o que meu amigo me dixera.

Estou a piques de voltar a Galicia. Levo en Martin (Tennessee) case que tres semanas. Nelas fixen de todo, se se pode dicir así. Ata utilicei un bate de béisbol para intentar enviar a bóla o máis lonxe posible. Eu non o podía crer. A estadía está sendo marabillosa. Dá gusto estar no niño do meu fillo, a súa muller e a andoriña. Boa música, mellor comida e un ambiente de agarimo que nos vai facer moi difícil o regreso.

O niño da andoriña

E hoxe, que está a chover, pasei a tarde na casa. Ben Webster e Jimmy Witherspoon acompañáronme poñendo luz nunha atmosfera gris, pois o sol decidiu non aparecer por esta cidade. O día 31 de xullo escribira un haiku para a miña nena. Andoriña revoando moi dentro do meu corazón. Ben sei que pode soar cursi. Acéptoo. Pero a emoción que sentín (e sigo a sentir) estes días por ser avó non serei quen de explicala endexamais. É un sentimento íntimo que che produce regueiros de lembranzas pasadas e futuros acontecementos. Non sigo por este camiño. Estou a poñerme pesado.

Ben, pois hoxe escribín catro haikus máis para a miña andoriña. En inglés, si. E producíronme unha sensación especial. Non son para botar foguetes, pero estou moi fachendoso de telo feito. Non vou traducilos ao galego, porque son sinxelos e calquera pode entender o que din.

E agora, volvo lembrar as palabras do meu amigo e a el dedícolle estes cinco haikus.




HAIKU 1

The baby's asleep
And some clouds are over her,
But it does not rain.


HAIKU 2


Libby has green snow
Around her beautiful crib.
Moonlight shines on her.


HAIKU 3

The wind does not blow.
It's riding a silver horse.
Libby's in the sky.


HAIKU 4

Birds flying slowly
Hear lullabies far away
And they like those songs.


HAIKU 5

Libby's dreaming of
Cotton horses and blue moons.
Happiness in dreams.



Velaquí o meu esforzo. Custoume máis do que se pode pensar. Pero pagou a pena. O valor que poidan ter atópase no agarimo que puxen na súa creación. Son unha pequena homenaxe a esta familia marabillosa que vive dende hai dous anos nunha pequena cidade, Martin, cunha universidade que me produciu unha enorme impresión.

Unha vista do centro de Martin, TN


                                                                       ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

miércoles, 24 de julio de 2013

DARDO POÉTICO (V): NO NIÑO DA ANDORIÑA

Non durmín demasiado ben a primeira noite.

Espertei ansioso.

Sentía e cría ver por riba de min paxaros que revoaban

                     facendo dos seus chíos unha música pouco agradable.

Non sei se era un soño.

Nin sequera se estaba esperto.

O que si estaba claro era que a miña andoriña non voaba.

Esta apareceu pola mañá nos brazos da súa nai.

Foi unha aparición abraiante.

Quedei pampo diante dela.

A avoa colleuna nos seus brazos.

Estabamos emocionados.

A andoriña era belida, en verdade.

Non voou.

A avoa gozaba coa súa respiración, coa súa faciana serena.

Máis tarde, fun eu quen a tivo contra o meu peito.

                                 o meu corazón e as ás da andoriña fundíronse

                                                     para dar voltas e voltas arredor de nós.

Sentía esa fusión emocional voando por todo o seu niño.

Un niño acolledor que me permitía gozar.

A andoriña fixaba os seus ollos nos meus.

Iso parecíame a min.

Houbo momentos nos que se decidiu a voar ela soa.

Seguín o seu desprazamento polo ceo tan próximo a nós.

Voou polos meus pensamentos,
A andoriña coa súa nai

                          polos meus desexos,

                                       polo meu amor sen lindeiros.

A andoriña pousou a súa tenrura no meu peito.

                          e sentinme máis tenro, se cadra.

Notei que o meu corpo estaba ateigado de vida.

                          Fun cómplice dos seus voos,
                                       
                                               das súas reviravoltas,
       
                                                          dos seus movementos máis febles,

                                                                   das súas expresións de bebé-andoriña,

                                               da luz que reflicte,

                                                      dos seus cambios de humor,

                                                           da súa vitalidade, cada vez que decidía emprender un curto voo.

Canteille algo así como unha cantiga de berce interminable,

                   que fun inventando ata que pechase un olliño, cando o outro

                                                                   xa non o podía abrir:

Arrarrá, arrarrá / por ahí viene tu mamá


Arrerré, arrerré / que no me gusta el café

Arrirrí, arrirrí / sólo miro para ti

Arrorró, arrorró / que te duermas quiero yo

Arrurrú, arrurrú / mi princesa eres tú

                                                       (...)

E así seguía ata que pechou os olliños nun sono que desprendía serenidade.

Lembrei un verso de Olga Novo:


                           ti eras por entón un aroma nos gravados.


Si, esta andoriña era un aroma no noso espazo común.

Unha andoriña feliz que arrecendía

                                                  a caricias,

                                                  a auga de rosas,

                                                  a acordes nos instrumentos das estrelas.

A andoriña transformaba o meu mar aberto, que cruzara ao longo dos anos, nunha doce enseada.

                                                  na que eu ía atopando o acougo que precisaba

                                                               para respirar tranquilo a frescura da vida.

Daquela, seguín o sendeiro da poesía de Olga Novo.

Abrín o seu libro Nós nus e lin o seu poema uva planetaria, dedicado a Carmen,

e gocei dos seus versos:


chegaches tan lila reverberando o canto
a mans.

toda voltexada de lúa case sen órbita
eras ó carón.

esparexida en presadas coma o pan
no Maio.

uva planetaria dos ritos esganifada,
abrochas xenerosa e mineral
denantes do espacio e da auga,
pastora.

es ouveada e acendida,
tribal nena tremenda
chegaches tan lila reverberando o canto
a mans.


Mentres eu lía este fermoso poema, a andoriña, iña, iña, pequerrechiña,

               quedou durmida no seu niño, iño, iño, moi xeitosiño,

                           cunha expresión tranquila e feliz.

Eu permanecín longo tempo fitando para ela.

                                                                                       ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

jueves, 11 de julio de 2013

DARDO POÉTICO ( II ) Improvisación de Juan C. Martín Ramos



 


   
VERSOS IMPROVISADOS

PARA LA PRINCESA LIBBY




Un veintiocho de junio,

justo donde el almanaque

tenía la cruz,

una niña de ojos grandes

ha nacido en EE.UU.





Es la nieta de un poeta

y de Susi, que es su musa

y mucho más.

Duerme dentro de su cuna,

sueña con todas las cosas

que le quedan por soñar.

                                         


Se llama Lilian Sabela,

bello nombre para un cuento

con final feliz,

principio y fin de los versos

que su abuelo va a escribir.


                                                               

                                                                Juan C. Martín Ramos


 

miércoles, 10 de julio de 2013

DARDO POÉTICO ( I ) Arrolo da nena que acaba de nacer

                                                                                                   Para Libby, o noso tesouro.



 ARROLO DA NENA QUE ACABA DE NACER



Os teus choros son os fíos

que lle roubaches ás meigas.

Os teus acenos son brisas
 
que atopaches polas veigas.



E nas mans tes nubes brancas

que che agasallou o ceo.

E nos teus ollos descubro

bolboretas de paseo. 



Durme, miña rapaciña,

neste berce de satén,

mentres os teus pais te arrolan

con cancións que soan ben.



A meniña pecha os ollos

cunha expresión ben serena.

Calade, fontes do campo,

que ficou durmida a nena.


                                                              antonio garcía teijeiro