Ao longo de máis dunha década, entre 1949 e 1961, Álvaro Cunqueiro enviou case un cento de cartas ao seu amigo Francisco Fernández del Riego. Eran intres difíciles para Cunqueiro, trala súa volta a Mondoñedo despois dun tempo en Madrid e trala separación da súa dona. Estas cartas a Del Riego supuxeron para el un contacto co mundo exterior e, sobre todo, co ambiente cultural galego que entón emanaba de Vigo, onde vivía Del Riego. Grazas a unha excelente edición de Dolores Vilavedra publicada hai xa un tempo pola Editorial Galaxia e titulada Cartas ao meu amigo, podemos gozar deste epistolario que nos abre tamén unha fiesta ao proceso creativo dun dos escritores máis valiosos do século XX. Neste vídeo, Antón García-Fernández comenta en profundidade o epistolario e salienta ademais o papel de Del Riego como verdadeiro editor de Cunqueiro nunha época na que o mindoniense estaba a xestar obras coma o Merlín, o Sochantre ou o Don Hamlet.
Categorías
- artículos colaboraciones y noticias (221)
- escaparate poético (137)
- A luz das palabras (97)
- catavento de poemas infantís (96)
- dardo poético (90)
- Caderno íntimo (21)
- descubertas fonográficas (16)
- fiestra aberta (14)
- Paseos poéticos (12)
- sentado con pessoa (10)
Mostrando entradas con la etiqueta epistolario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta epistolario. Mostrar todas las entradas
martes, 8 de marzo de 2022
miércoles, 6 de junio de 2018
DE CORAZÓN Y ALMA: EL EPISTOLARIO DE CARMEN LAFORET Y ELENA FORTÚN
![]() |
| Carmen Laforet |
![]() |
| Elena Fortún |
![]() |
| Portada de uno de los populares libros de Celia |
Por fortuna, el año pasado se recogió toda la correspondencia intercambiada por Carmen Laforet y Elena Fortún en un volumen titulado De corazón y alma, 1947-1952 (Fundación Banco Santander, 2017), gracias al celo investigador de Nuria Capdevila-Argüelles, profesora de la universidad inglesa de Exeter, y de dos de las hijas de Laforet, Cristina y Silvia Cerezales Laforet. El libro presenta todas las cartas que han sobrevivido y supone un documento de enorme valor para comprender las carreras literarias de dos escritoras españolas hoy un tanto olvidadas (en especial Fortún) pero que la crítica y las reediciones (sobre todo las llevadas a cabo por la Biblioteca Elena Fortún, en la que acaba de aparecer una novela inédita de la autora, Oculto sendero) están recuperando en los últimos años para el deleite de lectores de todas las edades. Se trata de un tomo, este epistolario, absolutamente recomendable y sobre el que recientemente he grabado en vídeo una reseña más extensa que dejo aquí abajo para quien esté interesado en verlo.
ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ
Etiquetas:
carmen laforet,
elena fortún,
epistolario,
libros,
literatura,
nuria capdevila-argüelles,
vídeo
viernes, 15 de febrero de 2013
CADERNO ÍNTIMO (II)
Páxina segunda
Como diluído en soños cruzados,
sigo de costas ao mundo, porque sigo tendo medo. De fronte á Nada. Non quero
ver, prefiro ir pouco a pouco entre as sombras, dando voltas sobre min mesmo,
quizais para atoparme canto antes. Mal asunto poñer prazos á vida. Difícil
fuxir dunha existencia sórdida non buscada. Hai coágulos de bágoas atrasadas e
recentes nos meus ósos. Albisco entre o branco da nada unhas siluetas que me
resultan familiares. Serán as miñas, esas que perdín nun tempo xeado? Non o
sei. Permanecerei ao axexo. Teño algunha forza, aínda, para desbotar das
miñas entrañas os dous versos derradeiros dun poema do chileno, Sergio Parra,
que baten en min dende hai algún tempo: (…) cuando se está rodeado de hombres / que
jamás levantarán a cabeza. Houbo momentos que, versos coma estes, estaban
correndo polo meu corpo e non os daba botado fóra de min. Pensaba que nunca
erguería a cabeza. Erguereina. O que non sei, neste intre, como. E dubido que
volva ser o mesmo que fun noutrora. Mais non debo esquecer que houbo moitos noutroras e bastante ruíns, por
certo. A través dos anos, o meu rostro foi cuspido por ananos , que diría Celso Emilio. E a miña vista confinada lonxe dos
meus ollos entre nubes carbonizadas e os meus soños asolagados baixo unha chuvia pertinaz que os
confundía.
![]() |
| John Lennon |
![]() |
| Las cartas de John Lennon |
Pero agora, non. Agora sinto a
rozadela da man da muller que me ama. E esa man da muller que
me ama agasalloume Las cartas de John
Lennon, editadas por Hunter Davis.Ai,
John, John! Anxo ou diaño? Supoño que, por sorte, ningunha das dúas cousas. Un
home con virtudes e defectos, coma todo ser humano. Igual? Non, non. Ti
tes a auréola de xenio. Iso hai que
deixalo claro. Bico a muller que me ama e síntome transportado por Lennon ata
os Beatles. Os Beatles, tan queridos por min! Eles lévanme a unha época de
espazos inermes . Non teño nostalxia
deses anos de dor. Anos de soidade, de flores
esmagadas, de cruzar desertos cegos, de feridas mal cicatrizadas. Un
náufrago sobre unha táboa fráxil descubrindo novos mundos. E logo comprendín.
Os Beatles, con Lennon á fronte, eran o sinal agardado para rachar
ataduras. Aferreime a eles para berrar
as miñas confusións. Eran bastante máis ca músicos. Canto ben me fixeron! Épocas
de corvos e voitres que te afogaban nun fondo silencio. E ti berrabas cara ao
teu interior. Un berro mudo. E doíanche os insectos que caían nas arañeiras. Aí
quedaban para sempre. E cantabas Help! E ninguén viña salvarte. Aí , de todos os
xeitos, comenzou todo. Co berro e as súas cancións, os de Liverpool
inxectáronme forza nas veas. Eran a causa da túa rebeldía. Case a razón de
vivir. Rebeldía interna que que loitaba por sír a un mundo intraducible. Algún día contarei como saíu. Ou non. Ao
mellor enterro lembranzas nos rumores
indescifrables de bandeiras.
![]() |
| The Beatles |
Este libro lévame a sentir sensacións antigas. A ter entusiasmos con manchas de sangue. Pero, tamén, faime comprender que non se pode
calar na segunda sílaba dunha palabra que precisas dicir, se queres coller a
corda ou os elos da cadea da esperanza pola que tanto deveces.
Soa God na voz, cada vez máis crispada, máis alporizada de John Lennon.
Deixa moi claro que non cre en ninguén.
Nin en Buda, nin en Mantra, nin en Elvis, nin en Dylan, nin sequera, nos
Beatles. O soño, escoito, rematou. Esa é a realidade. Que podo dicir?
O soño rematou. Yesterday! Eu era o
tecedor de soños pero agora nacín. Eu
era a morsa pero agora son John. Só creo en min. Yoko e mais eu. Non cansei de escoitar esta canción, cando saíra en
vinilo. Estremecíame e fascinábame cada vez que a escoitaba. Púñame a pel de galiña. Abro o libro para
follealo. Por suposto, de costas ao mundo,. Detéñome, por casualidade, na carta 179. Notas para unha canción de amor
dedicada a Yoko en 1973. Comeza así : Vida Coitelo. Nacido para chegar a ti. De
todos os xeitos sobrevivín. ------------ muller. Nacido para estar contigo.
![]() |
| John e Yoko |
Vida . Coitelo. Sóame moi preto.
Non vou falar do coitelo que levou por diante á miña nai. Marcoume moito. Pode
que o faga outro día. Unha canción de
John recordouma. Uff! E Pimentel sen
vir. Resístese. Xa virá, estou seguro.
Apreixo contra o meu peito o libro
das cartas.
Ao fondo, a voz de John resoa : Óllame / Oh, por favor, óllame, meu amor.
/ Aquí estou (…) Si, Look at me,
a canción anterior a God, se non estou trabucado. Que grande foi este home,
fose como fose, na súa intimidade máis profunda ¡ Un símbolo. Un mito. Amo a John Lennon, como amo os Beatles, como
amo a Dylan, como amo a Cohen.
Pura emoción musical e poética.
Collo a man da muller que me ama e
pouso nela uns bicos.
Vida. Luz. Sombras. Vida. Imaxina…
O VELLO SOÑADOR
Etiquetas:
beatles,
Caderno íntimo,
epistolario,
hunter davis,
john lennon,
literatura,
música
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









