"Versos e viceversos", na Feira do Libro de Córdoba |
Versos e viceversos é un poemario moi especial, publicado por Kalandraka.
Naceu da amizade e da
concepción esencial que teñen dous poetas sobre o que debe ser a poesía para a
rapazada e a mocidade.
Logo, cada un de nós, Juan
Carlos Martín Ramos e mais eu, ten as súas características formais.
Versos e viceversos converteuse nun espazo común para gozar da poesía e…da música.
Porque Juan Carlos e Lurdes
López, a súa compañeira, foron quen de poñer en música dez poemas do libro.
De aí saíu un espectáculo
poético-musical que nos fai moi felices.
Un espectáculo no que Lurdes
pon a súa fermosa voz ao servizo de cada peza musical, Juan toca a guitarra e
fai segundas voces e eu limítome a recitar .
Este espectáculo repetiuse en diversas cidades (Fuenlabrada, Vigo, Pontevedra, A Coruña…) e a finais de abril tivo lugar no marco da Feira do Libro de Córdoba.
Cada vez que realizamos esta
actividade créase unha verdadeira festa de cor, de música, de palabras e de ledicia.
Deseguido podedes escoitar o
audio deste Versos e viceversos e desfrutar do seu contido.