Páginas

miércoles, 29 de septiembre de 2021

DARDO POÉTICO (LXXIII) "Juan Manuel Roca, un poeta descuberto nunha revista nun avión"

 





Descubrino, que curioso!,nunha desas revistas que están na parte traseira do asento dianteiro no avión. Eu ía, precisamente, a Medellín, vía Bogotá, para participar nunhas actividades do Taller de Letras da Fundación Jordi Sierra i Fabra e no Festival de Poesía de Medellín.

     



     Lembro que, cando folleei a revista e me detiven nunha páxina que falaba da personalidade dun descoñecido para min Juan Manuel Roca, fiquei entre sorprendido e contento. Era unha sorte de entrevista curta pero nela dicíanse cousas que me interesaron axiña. Tanto foi así que copiei no meu caderniño, ese que me acompaña decote, algunhas das afirmacións do poeta, descoñecido para min.

 

Juan Manuel Roca. (Fto El país)

     En Medellín merquei unha antoloxía de Juan Manuel Roca (Medellín, 1946) e sentinme moi feliz desta descuberta. Lina naqueles momentos, escasos iso si, que me deixaban as múltiples actividades na cidade. Nn tardei e saborear a poesía de Juan Manuel Roca, plena de imaxinación e conciencia crítica que se iniciara en 1973 co seu libro Memoria del agua. Poeta de versos con calor, dunha ética incombustible e que, en palabras de Luis García Montero, “asume o conflito para procurar a dignidade na disidencia”.

 

     Non deixei de voltar a el. Fágoo a miúdo. É algo máis que un poeta: é alguén que é capaz de mirar, ver e denunciar cob calidade poética, aquilo que moitos agochan por pura conveniencia.

 

     Da súa antoloxía persoal, Biografía de Nadie, editada por Visor, velaquí un poema deste home, Juan Manuel Roca, que me segue a emocionar unha e outra vez que o leo.

  

 

Lectura de poemas



                                                    PARÁBOLA DEL DESIERTO

 


Tras perseguir

A los paseantes

Que no tenían

Tiempo de escucharlo,

El hombre

Trajo del desván

El viejo

Sillón de la familia.

Sacó de su abrigo

Un cuaderno manoseado

En trastiendas y graneros

Y se acomodó las gafas

En medio de la porqueriza.

Los poemas que leía

A la piara de cerdos

Hablaban de Dios.


                                         
                                                                                                                                        Antonio García Teijeiro