martes, 12 de enero de 2016

DARDO POÉTICO (XXIX) OS MONODIÁLOGOS DE CLARA JANÉS





Cando abres a caixa de correo e ves un sobre cun libro de agasallo, sentes unha felicidade completa. Se quen cho manda é unha das poetas máis interesantes da literatura española, a emoción sobe. Iso  pasoume  coa miña querida e admirada Clara Janés.
     
Clara Janés
     Teño onda min un libro recén saído, La blanca forma de la fuga, editado pola Deputación de Valladolid e a Fundación Jorge Guillén.
     Unha alfaia literaria, dedicada pola autora co agarimo de todos os Nadais.
     Coñecina persoalmente en Granada (en La Zubia, concretamente). Engaioloume. E tiven a fortuna de presentala no ano 2011 no "Club Faro".
     Quéroa moito, moito. Admíroa moito, moito.
      

     ...también también la sombra/ pues aquel pájaro / busca el camino entre dos luces/ busca su esencia en el desvanecimiento...
      
     

     
     Neste poemario, Clara Janés explica que “segundo a tradición antiga o ouro “medra” pola influencia do sol. O ouro da poesía, en troques, pode “medrar” coa luz barutada e así, en Suecia, xurdiu unha das voces líricas máis importantes do século XX, a de Gunnar Ekelöf. E afirma a nosa poeta que foi lendo Diwan, o que a empurrou a un continuo diálogo (que ela chamou  monodiálogo) coa súa obra.
     O resultado destes diálogos é este poemario, La blanca forma de la fuga. Uns monodiálogos que andaban esparexidos por diversos cadernos e que comezou a rescatar en 2014.
    
Gunnar Ekelöf

  Velaquí unha das poéticas do autor sueco:
  
Daquela dixen para min:
Os únicos poetas que me interesan
son os que levan coidadosamente
con mans nerviosas
unha cunca chea de sangue
na que caeu unha pinga de leite
ou unha cunca chea de leite
na que caeu unha pinga de sangue…
Agora xa vin, agora quero ver
o firme apreixo dunha cunca chea ata o bordo
de auga de manancial.

Un pracer foi este acto para min


     Todo o que toca Clara Janés está revestido dun enorme interese. Cada proxecto que comeza resulta suxestivo. Unha gran poeta. Unha intelectual fonda e rigorosa, que nunca esquece a emoción en todo o que ofrece.
Leamos un dos poemas de La blanca forma de la fuga.



EL NEGRO

Grande es el mar de la muerte,
interminable la hilera de olas
                                       (Non serviam)

no es blanco
el que acoge
no es definitivo frío
frío ficticio
para fijar fugitivo dibujo
llevado por las olas
al no-tiempo
rigidez enemiga y cómplice
aquí mismo
camino del cero
absoluto
insondable
no-mar
negro




SIN TREGUA

Y uno tiene que empezar siempre desde los cimientos
Volver a empezar una y otra vez desde los cimientos
                                           (Strountes)

¿quién construye
con los restos del derrumbamiento?
no la piedra tallada como rosa
ni el arco
que llama al más allá
una ola azul
como esfera envuelta en niebla
se aleja hasta ser puro
movimiento
y acaso en ese flotar
el sueño vuelva a iniciarse
pétalo a pétalo.


                                                                          ANTONIO GARCÍA  TEIJEIRO