Mostrando entradas con la etiqueta paco ibáñez.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paco ibáñez.. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de mayo de 2016

"UN CONCIERTO MEMORABLE SIN MEMORIA", UN TEXTO MOI SIGNIFICATIVO DE PACO ABRIL SOBRE O EVENTO "PALABRAS CON ALAS" DE PACO IBÁÑEZ EN MADRID

Con Paco Abril, no intermedio do concerto no Teatro Nuevo Apolo de Madrid



Atoparme e darlle unha aperta emocionada a Paco Abril  foi unha das moitas alegrías que supuxo para min o proxecto de Paco Ibáñez,  Palabras con alas, cuxo primeiro acto tivo lugar en Madrid, Teatro Nuevo Apolo, os días 6, 7 e 8 de maio.
     
     Nel, ademais de desfrutar coas cancións míticas e intemporais do trobador

de orixe vasca, tiven a fortuna de compartir escenario con el e cos escritores Bernardo Atxaga, Luis García Montero e Joan Margarit. Case nada. Eu emocioneime recitando en galego.

Paco Abril con Paco Ibáñez ao remate do concerto
    
     Paco Abril é unha persoa interesante e intelixente, que ten unha prosa seria e punxente. Unha prosa que permanece no lector cando a le con atención. Unha prosa da que é imposible desfacerse se chega ao máis íntimo de cadaquén.

     Levaba algún tempo sen saudalo en persoa e levei unha grande alegría cando me escribiu un correo no que me contaba que marchaba a Madrid para asistir ao concerto do sábado.
     
     Abraceino no descanso e sentino emocionado. Encantáralle o formato do recital. Catro poetas que liamos en catro linguas e Paco cantaba unha canción en cada unha delas ao rematar cada bloque. Foi, a que nos demos, unha aperta sentida. Desas que chegan ben dentro. Fixemos fotos varias, volvemos falar ao remate do concerto e despedímonos con mágoa. Víaselle eufórico e feliz.


     
     Todos sabemos que os medios de comunicación, os máis “representativos”, silenciaron estas tres xornadas históricas. Nin media liña, nin unha imaxe representativa do evento. Paco Ibáñez e a diversidade lingüística molestan neste país pseudodemocrático. Non teño a máis mínima dúbida.
     
     Non falaramos deste tema, pero Paco Abril, como xa dixen, é un home intelixente e, xaora, decatouse de tan ruín manobra.
     Uns días despois recibín un texto magnífico, deses que semellan contar unha simple anécdota, pero gardan moito máis entre as súas liñas.
     
     Encantoume e axiña decidín preparalo para amosárllelo a todas as persoas que len Versos e aloumiños. Persoas, por certo, abertas á realidade, críticas e sensibles que, estou seguro, van gozar del como eu gocei ao lelo.

    
     Grazas, Paco, de novo, por estas liñas tan vivas, acertadas e necesarias. Non esquezas que este blog-revista está a agardar os teus textos con ilusión.



                                 Un concierto memorable sin memoria

                                                                                                    Paco Abril


El sábado 7 de mayo me fui a Madrid utilizando ese nuevo y estupendo sistema de viajar llamado Bla Bla Car. Me parece muy sugestiva la idea de unir la onomatopeya de conversar con la de ir de un lugar a otro en coche desconocido. Me trasladé a la capital para asistir al concierto del gran Paco Ibáñez en el teatro Nuevo Apolo, al que acompañarían, recitando sus poemas, cuatro destacadísimos poetas: Luis García Montero, Bernardo Atxaga, Antonio García Teijeiro y Joan Margarit.
Dio la casual casualidad de que, en una taberna, tuve la ocasión de conocer a un profesor finlandés que hablaba un dignísimo español. Se llamaba Vieno, que en su lengua significa “suave”.  Me preguntó qué era lo que se podía ver ese día en Madrid. Le informé del concierto al que pensaba asistir.
Nada más oír el nombre de Paco Ibáñez me asombró cantando bajito, con pudor extranjero, “Palabras para Julia”. Pude comprobar que era un enamorado de la poesía y de quienes cantaban a los poetas.
Al despedirnos, me aseguró que haría todo lo posible por acudir a ese concierto.
Más casualidades: Lo volví a encontrar el domingo al mediodía, mientras tomaba un bocadillo unas horas antes de retornar a Gijón. Él también regresaba a su país. Nuestra conversación tuvo que ser forzosamente breve. La transcribo.
–Es un placer volver a verte, Vieno.
–Y para mí también. Quería reencontrarme contigo para darte las gracias. Fui al concierto que me recomendaste. Conseguí una entrada por los pelos. Me pareció uno de los espectáculos más impresionantes que he visto en mi vida. Y he visto unos cuantos. Fue sensacional ver a Paco Ibáñez con 82 años cantando poesía con una energía que ya quisiera para mí. A ti te vi de lejos en el descanso. Estabas en animada charla con el poeta gallego Antonio García Teijeiro que, por cierto, me entusiasmo cómo declamó sus poemas.
–A mí también me pareció un concierto memorable, de esos que hacen historia.
–Esta mañana, le pregunté al conserje del hotel cuáles eran los tres periódicos más importantes; los compré para llevárselos a unos amigos a los que también les hubiera encantado disfrutar de ese recital.
–Yo todavía no pude leer la prensa. Supongo que le dedicarían un destacado espacio, dado el llenazo que había tenido el teatro y la fabulosa actuación, tanto de Paco Ibáñez como la de los cuatro poetas que lo acompañaban.
–¿Sabes lo que apareció en los periódicos? ¡Asómbrate! ¡Nada, absolutamente nada!
–¿Nada? ¡Es indignante!
–Yo, más que indignación, sentí vergüenza ajena. Tanta vergüenza que arrojé los periódicos a la basura. ¿Cómo es posible que a un acontecimiento tan memorable se le quiera dejar sin memoria?
Y ya no pudimos hablar más. Nuestros caminos se separaron, pero también se unieron, pues no hay lejanía que no pueda unirse con palabras.



domingo, 23 de noviembre de 2014

A VOZ POÉTICA DOS MEUS ALUMNOS E ALUMNAS EMOCIONOU EN SEVILLA.


     Xa estou de volta.
      
     Atrás quedan catro días marabillosos.
      
     Quedan atrás no tempo, mais non no reloxo dos sentimentos vividos, gozados.
     Nese reloxo as agullas xiran pero ese tempo é infinito. Máxico.
      
     E volvo feliz, orgulloso, emocionado. A presentación do noso proxecto, (si, noso, dos rapaces e rapazas de Secundaria), “Haciendo camino con Paco Ibáñez” removeu o máis fondo dos asistentes ao acto no Centro de Iniciativas Culturais da Universidade de Sevilla (CICUS).
     
Durante a miña intervención.


     Expoñíanse alí, experiencias didácticas baseadas na obra de Paco Ibáñez. Esa obra inigualable, monumental que abrangue unha parte esencial da poesía en lingua castelá – España e Iberoamérica – dende o século XIII ata o momento actual.
      
     Comezou o acto cunha mesa redonda que inaugurou Julia Sanjuán, doutora en Historia e directora de “A Flor de Tiempo”, e na que participou o editor, profesor, crítico de arte, Francisco Lira, coordinada por Rafael de Cózar, catedrático de Literatura da universidade sevillana.
      
Esq. a dereita: Francisco Lira, Rafael de Cózar e Julia Sanjuán.
      Tras a sentida e lúcida intervención destas tres persoas, de Cózar coordinou tamén as diversas exposicións pedagóxicas.
    
     Matilde Rodríguez-Castellano e Julio Flórez comentaron “Palabras con alas. Una propuesta para el aula”, realizada en centros educativos de Xixón, Madrid, Bruxelas e Edimburgo. Impresionantes os obxectivos marcados e conseguidos.
      
Expoñen Julio Flórez e Matilde Rodríguez-Castellano.
     Miguel Alcedo, director do CEIP “Alfonso X el Sabio” de Xerez da Fronteira, presentou unha fermosísima proposta, “Paco Ibáñez, desde niño”. Realizada por rapaces de Primaria do centro, moi plástica, encantounos. Un traballo gozoso e necesario.
     
Á dereita, expón Miguel Alcedo.
       
     Foi Violeta Luque, doutora en Psicoloxía social e profesora da Universidade de Cádiz quen nos falou de “Foro de Debate: La Labor Conscientizadora de Paco Ibáñez”, “Nos queda la palabra”, dentro da comunidade virtual. Unha rede de debate internacional arredor do traballo do “poeta musical”, como o definiu acertadamente Rafael de Cózar. Unha interesantísima actividade.
      
     
Violeta Luque, á dereita, na súa participación.

     Javier Alonso, profesor de Xeografía e Historia, foi o encargado de facernos viaxar pola Vega granadina, co proxecto do IES “Ilíberis” de Atarfe (Granada) chamado “Lorca para la Vega”. Un proxecto, aínda en construción, moi ambicioso e vencellado a esa fermosa terra.
    
      
Javier Alonso, á dereita, esmiuzando a súa experiencia didáctica.
     E chegamos á nosa iniciativa. Aquí teño que dicir que os meus alumnos e alumnas (algúns xa ex) foron a sensación do acto pedagóxico. Non esaxero ren.
     O labor desenvolvido cada luns, ao longo de cinco meses, tivo un recoñecemento xeral e brillou con luz propia. Que fachendoso me sinto deles! 
    
      

     Os seus poemas, os seus textos poéticos, as súas preguntas a Neruda e a Paco, as súas reflexións, as súas cartas a persoas descoñecidas, os seus versos compartidos cos grandes poetas, a súa inmersión en Latinoamérica (grazas, Alba), os poemas conxuntos, as recreacións plásticas (fermosa guitarra, Dana), a Poemoteca levantaron a admiración dos asistentes que chegaron a aplaudir, no medio da exposición, a beleza dos textos que eu ía lendo emocionadísimo.
    
Debuxo de Paco Ibáñez. Autora: Nicole Doural.
     O propio Paco Ibáñez deume, ao rematar, unha efusiva e interminable aperta e manifestoume que lle encantaran os textos lidos. Seguía nunha nube.
      
     Veño mantendo, dende sempre, que, malia problemas e situacións difíciles que existen, as rapazas e rapaces son o mellor do ensino.
      
     Unha vez máis, quedou comprobado. Por iso loitamos, non ?
    

     Nun silencio que se cortaba, os textos de Wendy Carrillo, de Iago Freire, De Nicole Doural, de David Couceiro, de Silvia Castro, de Paula Cabañas, de Iriana Cabaleiro, de Jacobo García, de Ariana del Valle,de Laura González, de Fran Otero, de José M. Malga, de Lía Aldea, de Álex Cerdeira, de Javier Freije, de Alexia Venegas, de Jennifer Rodríguez e dalgúns máis, entraron directamente no corazón do numeroso público asistente.
      

     Comprendín, de novo, canto quero os meus alumnos e alumnas e que importancia ten a poesía na súa formación coma persoas.
      
     Comprendín, por enésima vez, a forza dos versos, os seus efectos tan beneficiosos. 
     Comprendín que a palabra poética posúe un encantamento insubstituíble. Achega, apreixa, aloumiña, sacode. É unha fonte de reflexión. Dá forzas.
    

     Non esquecerei endexamais ese día 18 de novembro en Sevilla. A palabra do alumnado do Colexio Possumus voou e atravesou fronteiras. Fixo máis universais os sentimentos humanos e demostrou que non todo son exames e cualificacións na vida. Hai bastante máis.
      

     Xa estou de volta, dixen ao principio.
      
     E síntome feliz (coido que xa o comentei, pero tanto ten). Feliz xunto a eles e elas. Feliz porque o orgullo que me fixeron sentir estes rapaces non se pode expresar con fidelidade total.
     

        Todo isto foi un achegamento imperfecto, pero sincero.
      
        Bicos e versos para todos!



                                                                                                                      ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO

jueves, 13 de noviembre de 2014

CADERNO ÍNTIMO (XXI). REPUGNANCIA.

        
                         
                      
                                        Páxina vixésimo primeira


     
     As actitudes de Paco Ibáñez e de Luis Eduardo Aute perante a vida, sempre excepcionais, fanme reflexionar sobre os sentimentos máis íntimos que me produce aquilo que me rodea.
     
...cando o escoito, reármome de humanidade...
      De aí que me custe tanto deixar de estar de costas ao mundo. Pero estar de costas non quere dicir que non escoite, lea e, xa que logo, sufra polo que acontece acotío.
      
     Síntome ferido. Molesto. Afectado. Impotente. Teño necesidade de cuspir.
      
     Palabras como corrupción, mentira, prepotencia, insensibilidade, aldraxe etc. están a desgastarse. Xa perderon o valor que tiñan na súa orixe de tanto ser utilizadas. Que rabia!
      
     Hoxe non quero falar da podremia dos dirixentes que nos gobernan. Non.
      
    
Jordi Savall
Cando ves persoas que viven completamente alleas ao poder, que rexeitan premios (Jordi Savall, Colita), galardóns e honras hipócritas, baleiras, máis noxo che producen os comportamentos da xente común. Esa que non se mobiliza por nada, que non arrisca nada, que non ten un comportamento solidario, que é incapaz de votar un partido político que non corta de raíz os delitos dos seus militantes. Esa que leva unha vida sen aportar nada á sociedade, que é mala profesional, que non reflexiona sobre as consecuencias dos seus actos, que vive de aparencias.
     
      E ti ves que Paco Ibáñez cumpre en novembro, o día 20, oitenta anos e conmemora os 50 anos!!! da saída do seu primeiro disco ( o fermosísimo LP dedicado a Góngora e a Lorca) e non quere homenaxes oficiais, nin grandes palabras, senón aplausos sinceros e emotivos dese público sensible que o leva seguindo con fidelidade  ao longo de tantos anos, decátaste de que ese si é un verdadeiro exemplo de honestidade, espello no que tantos deberían mirarse para non perder o norte.
...tenrura, intelixencia, xenerosidade...
     Que  Luis Eduardo non se pregase endexamais aos afagos dos que mandan e mantivese unha liña de independencia, tanto persoal coma artística, denunciando a inxustiza, a maldita corrupción ou a falta de liberdade (ademais de cantar o amor e o desamor) sen renunciar á calidade nas súas cancións debería facer pensar a moitos que, ademais, din que lles gusta.
      
... tenrura, intelixencia, xenerosidade...
     Actitudes coma estas, por desgraza, non resultan habituais nestes tempos desvergonzados. E fanche pensar.
     E cando un pensa, xa se sabe. Veñen á mente, porque están á túa beira, os mediocres, os frustrados, os parasitos, os trepas, os mequetrefes, os hipócritas… que poboan esta sociedade. Reprodúcense, ademais, a unha velocidade vertixinosa. Están no medio de todo aquilo que un respira. Unha respiración pesada, noxenta, moi difícil de controlar. Viven na pestilencia do ambiente que eles crean e sentes náuseas.
      
     Mires cara a onde mires, sempre hai alguén cuxo comportamento che dá repugnancia. Ou mágoa. Ou sentes que vives nun mundo tan diferente que non poderías agasallar a estes personaxes un sorriso nin por compromiso. Pero, ás veces, si que o fas. Hai que convivir.
      
Por eles e elas e algunhas persoas máis ben paga a pena ser así...
     E que quede claro que son unha persoa con enormes contradicións. Que se trabuca unha e outra vez. Que non imparte leccións de nada. Pero unha persoa que loita por darlle sentido á súa vida, por deixarse manipular o menos posible (aínda así te manipulan) e que quere sentir que leva facendo cousas proveitosas ao longo dunha existencia ateigada de atrancos. Vivir, amigos e amigas, non existir.
      
     Ser crítico co que non me parece xusto, encher de contido os días, sentir que deixas pegada na xente que queres, convidar as persoas a través do que escribo, para que compartan comigo aquilo que me emociona, prodúceme un enorme benestar.
      
...conversar, conversar con quen aporta algo...
     Conversar con quen podes conversar, poñer sobre a mesa sensacións afectivas; gozar dos sentimentos profundos e a flor de pel; gozar da palabra literaria, das imaxes cinematográficas ou da música en todo o seu amplo espectro, fáiseme necesario para vivir.
      
...sempre preto...
     Sentir que non pasan os días como algo baleiro, superficial. Sorprenderme diante das pequenas cousas, diante dos feitos que semellan insignificantes e non o son. Escribir, ler, pasear, convivir cos amigos, coa túa muller e fillos, ir ao cinema, escoitar música, coñecer persoas que pagan a pena, son satisfaccións íntimas que dan cor á túa vida e permítenche ser feliz, un adxectivo de significado complexo.
eles e elas dan sentido final á túa vida...

     Por todo isto, cando vexo os comportamentos dunha parte, non exigua, da sociedade, rebélome. Ás veces, mesmo, sinto que me están a agredir cos seus comentarios banais, cos seus costumes miserentos, coa súa comodidade na vida, co seu egoísmo, coa súa ignorancia social, transformado todo en afirmacións estúpidas, sen base, sen peso específico ningún.
       
     Daquela, o desacougo toma a forma de noxo, de rabia e rexeito de maneira firme esa superficialidade e afástome deles. Non os quero oír nin ver diante.
      
...demasiasa importancia para figurar...
     Desprezo (e prodúcenme repugnancia) esas persoas que viven das aparencias un día si e outro tamén. Aqueles que se gaban do que non son, que fan dos automóbiles, da roupa que visten, dos colexios dos seus fillos, das viaxes que realizan, do listos que son os seus rapaces… sinais de presunción e viven nun mundo sen máis ideais que posuír bens sen límite. 
    
...para que...?
Son os mesmos que desprezan os que desenvolven traballos de inferior categoría segundo códigos clasistas, que non van ás manifestacións, que non secundan ningunha folga, que non len un libro, que non se informan con rigor do que acontece, que coñecen eses personaxes lamentables que poboan os platós televisivos, que non van a un concerto, que procuran amizades interesadas para formar parte dese rabaño social ao que aspiran para sentírense importantes.
      
     Son os que viaxan para diciren que viaxaron, aínda que a ilusión desa viaxe sexa amosar aquilo que mercaron nun centro comercial. Son os que miran para outro lado se alguén pide axuda e ese alguén non é fundamental para seguir no rabaño.
      
... a razón de moitas viaxes...
     Cren que un colexio privado (mellor, relixioso) lles dá maior categoría a eles (e aos seus fillos) que un centro público. Son os que se moven principalmente polo diñeiro, por ter, por amorear propiedades; os que só pensan no material e non medran de verdade por dentro. Son xactanciosos, déspotas, insolidarios, mentireiros, hipócritas. Calquera movemento que se produce ao seu redor dálles medo e resgárdanse nos seus círculos. Viven aparentando o que non son, créndose importantes, deitando sobre os seus fillos o líquido da máis ridícula superficialidade e danlles unha educación que produce vómitos. Mesmo son dados a alardear de calquera actividade que os rapaces realizan. Que miseria!
      
... que gocen coa actividade, sen que presuman os pais...

     Como canta Joaquín Sabina, “eran tan pobres que no tenían más que dinero” (e algúns, nin iso). Ou como di Aute, nun tema demoledor, “más que náusea dan tristeza/ no rozaron ni un instante la belleza”.
      
...di cousas moi intelixentes, pero...
     Non aportan nada que teña valor. Sen opinións de seu, miran con desprezo aqueles homes e mulleres que defenden causas e loitan polos seus ideais.
     
      Son de papel. Votan cada catro anos (sempre á dereita, claro, porque lles dá seguridade) e refúxianse nos seus complexos, na súa ignorancia, na súa comodidade vergoñosa.
      
... dereita, unicamente...?
      Por iso, sigo de costas ao mundo. Non quero ver tanto uniforme, tanta inmoralidade, tanto materialismo, tanta falsidade, tanta coitelada, tanta decepción.
...uniformes para que non haxa diferenzas? nin o creo nin o crin...
     Continúo dando as costas ao mundo cos meus defectos enriba. Eses defectos que quero desbotar e substituílos polo agarimo, pola honradez, polos aloumiños e pola xenerosidade. Quero as persoas que están preto de min. Esfórzome en no defraudalos. Non sei se o consigo sempre. Talvez non, mais loito por conseguilo.
      
...exemplo perenne, traxectoria única e impecable...
     Homes como Paco Ibáñez ou Luis Eduardo Aute (e tantas persoas anónimas que traballan na autenticidade), coas súas actitudes vitais seguen a marcarme o camiño. Con eles, síntome estimulado, consciente de que non estou errado, de que esa senda debe ser transitada e de que debo continuar os ronseis que van deixando no noso mar.
      
     Enchen de contido os nosos sentimentos, os nosos soños, as nosas eivas.
     Dan, en definitiva, sentido á palabra ética.
      
     Sinto no meu ombro a man da muller que me ama. Sabe das miñas teimas e intenta tranquilizarme. Conségueo e decido calar.
    Un bico. Dous. Un millón deles. Caricias. 

...a man que desexo, que quero sentir e a que me guía...

     Para rematar, podedes ver e escoitar dous vídeos. Un, de Paco Ibáñez, "Es amarga la verdad"(Quevedo); o outro, de Aute, con esa fermosísima canción, á vez que demoledora contra a corrupción, "La belleza".
     Ambas as dúas ilustran musical e literariamente todo o que acabo de dicir.
     Que vos presten! 


                                         Paco Ibáñez no Palau da Música, Barcelona canta a Francisco de Quevedo. 2007




                                                      Luis Eduardo Aute na Habana en abril de 1999.  "La belleza".