Mostrando entradas con la etiqueta méndez ferrín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta méndez ferrín. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de septiembre de 2024

"Celso Emilio na extrema sátira", artigo de Xosé Luis Méndez Ferrín no FARO DE VIGO.

 

Xosé Luis Méndez Ferrín




Na súa sección “Segunda Feira” do FARO DE VIGO (febreiro de 2024), o prestixioso escritor Xosé Luis Méndez Ferrín escribe un atinado artigo sobre Celso Emilio Ferreiro e ese libro demoledor que se presentou hai uns meses en Vigo e que responde ao nome de O Cabronario.

Un traballo magnífico de Xavier Ferreiro, fillo do poeta, e unha edición valente e coidadísima da editorial Luscofusco-Elvira, dirixida por Xabier Romero, sempre inquieto e aberto a publicacións interesantes no eido da literatura e da nosa cultura.

Tiven a honra de presentar o libro na compaña de Ferreiro e Romero no Club FARO, nun acto entrañable e máis que interesante e sentín o espírito do poeta de Celanova acariñando todo o que alí se dicía.

 

Versos e aloumiños reproduce aquí o texto de Ferrín para deleite do noso lectorado tan esixente como cheo de amabilidade.

Que vos guste.




                 

                                Celso Emilio na extrema sátira

 

                                                                         Xosé Luis Méndez Ferrín

 

 O 25 de Xullo de 1964 regularizouse, finalmente, pé da Rocha Forte compostelá, a fundación da Unión do Pobo Galego (UPG). Entre os presentes encontrábase Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). Logo, en 15 de maio de 1966, Celso Emilio recibía, no Hotel Roma de Ourense, unha homenaxe co gallo da súa inminente partida para Caracas, onde pensaba fixar o domicilio familiar. O acto do Roma fora acordado no Cumio Central da UPG e feito realidade na práctica por Lois Soto e Amadeo Varela. Os oradores, alén de loubaren unanimemente Celso Emilio, coincidiron na denuncia da ocupación por FENOSA do Val de Castrelo de Miño, no ataque ao capitalismo monopolista de Estado, na exaltación das libertades conculcadas polo franquismo e na insistencia na idea nacional de GaliciaEu estaba alí e lembro que os máis fervorosos aplausos estiveron dedicados a Emilio Álvarez Blázquez cando este pronunciou o nome (apenas o nome) de Alexandre Bóveda.

"A grandeza poética de Celso Emilio Ferreiro explora abismos lúcidos que poden estoupar en artefactos satíricos moi poderosos"

Non moito despois deste xantar de homenaxe (tivo enorme repercusión), o poeta subía a bordo do barco que o levaría a Venezuela. O banquete do Roma creou en Galicia un novo tempo, de confrontación cívica co réxime fascista vixente en España. Rememóroo agora, resoltamente evocado, coma en xeral toda a traxectoria política de Celso, por Luís Gonçales Blasco “Foz” no libro Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego (Xerais, Vigo, 2023). Esta obra de Foz veu a arrequecer a biografía do poeta, tratado desde o ángulo e os acontecementos histórico-políticos. Neste senso, a aportación de Ramón Nicolás en Onde o mundo se chama Celso Emilio (Xerais, Vigo, 2012) seguirá a ser de consulta imprescindíbel. A grandeza poética de Celso Emilio Ferreiro explora abismos lúcidos que poden estoupar en artefactos satíricos moi poderosos.

Son sabedor de que Luscofusco Edicións, unha unidade da constelación cultural Elvira de Vigo, acaba de presentar no Club FARO desta cidade un libro de Celso Emilio que, inédito até agora, leva o título desafiante de Cabronario. Non o vin aínda e desexo lelo con femencia. Pero estou seguro de que recoñecerei algúns dos poemas epigramáticos que o autor soía recitarlles, a escuso, á perosas achegadas. Algunha de tales composicións é posíbel que vise a luz en Canti della nuova resistenza espagnola (Einaudi, Turín, 1962), aquel libro que provocou a cólera de Fraga Iribarne, ministro de Propaganda de Franco.

Estou desexando recompoñer poemas de Celso Emilio de carácter satírico-burlesco que conservo fragmentariamente na lembranza. E espero moito deste libro que organizou Xavier Ferreiro e editou Xavier Romero en Luscofusco. Unha aperta para Antonio García Teijeiro.

 



martes, 14 de abril de 2015

LEMBRANDO A PROCLAMACIÓN DA IIª REPÚBLICA ESPAÑOLA.




    

     Recibo un correo de Mariano Coronas a quen quero e admiro.


      
     Hoxe, día no que se conmemora o 84 aniversario da proclamación da IIª República , convén lembrar este feito porque as augas andan moi turbias neste país.
      

     Hai demasiadas forzas dispostas a que esquezamos un dos sucesos máis graves na consolidación de España como un territorio moderno, libre e progresista.
      
Manuel María
     Coa Lei da Memoria Histórica descafeinada, con políticos que aldraxan a familiares dos vencidos acusándoos vilmente de recordar os seus pais porque hai subvencións (e ese elemento segue aí, no seu posto, dando leccións de moral), cos mortos nos foxos, cos hipócritas dicindo que non se debe mirar cara atrás, que non se debe remover o pasado, co partido que goberna que segue sen repudiar a figura do ditador…, non debemos nin queremos esquecer en Versos e aloumiños a proclamación da República o 14 de abril de 1931.
      

     Por iso, ademais do texto do correo que nos enviou Mariano, publicamos un poema de homenaxe a Alexandre Bóveda, galeguista abatido inxustamente pola barbarie fascista, cando empezaba, aos 33 anos, a ser grande, como di Alonso Montero, editor da “Coroa poética para un mártir” (Ed. Xerais, 1996). Un soneto de X. L. Méndez Ferrín, reivindicativo e vigoroso e un poema de Manuel María, escrito en 1971, e que leva por nome “Lembranza de Alexandre Bóveda”.

      
X.L. Méndez Ferrín
     Por moitas razóns, queremos que Rafael Alberti estea presente nesta conmemoración. Ter compartido con el momentos fascinantes, ter sentido o seu compromiso pola poesía e pola liberdade, ter gozado da súa palabra, do seu agarimo, do seu compromiso fai imprescindible a súa presenza aquí, neste día, con dúas cancións do seu libro “Poemas del destierro y de la espera”.

     E todo baixo ese fermoso agasallo que Mariano Coronas nos fai  con esa bandeira vexetal, ecolóxica e republicana.
 
Mariano Coronas Cabrero

      Correo de Mariano Coronas Cabrero.



La naturaleza es muy sabia. Se han juntado tres franjas vegetales para celebrar y conmemorar un hecho histórico: amapolas, colza y lavanda han coloreado un espacio virtual para recordarnos que el 14 de abril de 1931 se proclamó la IIª República; un tiempo en el que hubo gobernantes más progresistas, responsables y honrados que en la actualidad, con un deseo claro de modernizar el país. Para que no nos olvidemos de ello ni de ellos, debemos recordarlo y recordarlos cada poco...




       



     Poemas a Alexandre Bóveda




 
      Dúas cancións de Rafael Alberti.




 CANCIÓN 50


Yo no soy para estar solo.
Pienso de pronto que sí,
Rafael Alberti
y pienso que no, de pronto.

Me espanta la soledad.
Es verdad, aunque yo crea,
de pronto que no es verdad.

 
CANCIÓN  54

- No hay que decir: Estoy alegre.
Hay que estarlo.

Alegres hay que están muertos.
Muertos, y hasta ya enterrados.

Alegre, de lo profundo,
no porque yo diga estarlo.

Hoy digo: NO estoy alegre.
Algún día voy a estarlo.

(Sin mentirme, voy a estarlo.)