Se a presentación de “Os
ecos do vento” en Vigo foi marabillosa, a celebrada na Libraría Lume,
na Coruña, non foi menos.
Chus Fernández na súa intervención |
De novo, os ecos dos poemas
desas mulleres que eu escollín para o poemario brillaron nun ambiente
magnífico. Gabriela, Mistral, Cecilia Pisos, Mecedes Calvo e as demais
acompañaron a senllos discursos de Chus Fernández e de Xosé Cobas,
quen volveu explicar dende a súa óptica as fermosas ilustracións de Noemi
Villamuza.
Chus Fernández salientou a miña
traxectoria poética e falou moi positivamente do poemario nas tres vertentes do
mesmo: os poemas, as ilustracións e a edición coidada e con gusto de Kalandraka
Editorial.
Xosé Cobas fala dunha das ilustracións do libro |
Sentinme, unha vez máis, moi
ben acompañado por estas persoas que souberon crear interese pola obra e
provocaron unha velada moi cálida.
Moitas grazas a todas e
todos por partillar un tempo precioso arredor da poesía.
Aquí embaixo podedes
escoitar o acto na súa integridade.