Coa Libraría Cartabón
completamente ateigada de xente, presentouse
o poemario, Os ecos do vento, editado por Kalandraka
Editora, nun ambiente de distensión e alto contido lírico e estético.
Introduciu o acto Paz
Castro, de Kalandraka, e deseguido Alba Piñeiro falou dos poemas
cunha enorme claridade e nun ton afectivo que cativou o auditorio. Fermosa a
súa intervención.
Non menos fermosa e
interesante foi a disertación sobre as ilustracións de Noemí Villamuza
que fixo o prestixioso ilustrador galego, Xosé Cobas, explicando a súa
visión estética sobre o labor da ilustradora.
Para rematar o acto, Antonio
García Teijeiro, autor dos poemas, explicou a xénese do libro e leu
diversos poemas tanto do poemario coma dalgunhas poetas homenaxeadas nel.
Un acto fermoso, cheo de
agarimo polas artes e as letras, que engaiolou o numeroso público.
Se queredes escoitar todo o
que se dixo, tedes embaixo o audio do acto.
Grazas a Cartabón polas fotos.