MODESTO FRAGA
(Fisterra, 1974)
NOITES
DE SHEREZADE
Creme
cando che digo: “o noso amor
é
un barco no devalo das mareas,
o
aroma que devén das nosas veas
Modesto Fraga |
inzadas
de salitre, no solpor”.
Creme
cando che digo con fervor
en
medio de arroaces e baleas
a
carón de corais, cunchas e areas
“canto
custa instalarse no amor!”.
Quixera
ser Simbad, aquel mariño
intrépido
das mil e unha noites,
viaxar
contigo alén da eternidade;
quixera
camiñar sen que me escoites,
soñar
que un día fuches Sherezade
e
o noso amor un cálido aloumiño.
PEXEGUEIROS
EN FLOR
No
tempo dos aromas matutinos
por
mananciais e ríos fun buscarte
percorrín
mar e terra ata encontrarte
entre
salgueiros e vizosos pinos.
Pexegueiros
en flor, zumes salinos
pétalos
deliciosos, flor e arte,
unha
paisaxe enteira para amarte
nesta
nudez de cánticos divinos.
a
seca frouma, cálida ambrosía
dos
corpos que se anhelan vivamente.
Non
quero despertar, prefiro o sono
a
deliciosa chuvia fuxidía
que
esvara dos teus seos, paixón ardente.
SE
ALGÚN DÍA
Se
algún día nos faltan as palabras
que
falen os silencios e os sentidos,
as
paredes da casa, a vella lámpada
o
vetusto almanaque ou esas fotos
tinguidas
de inocencia en branco e negro,
como
aquela canción das nosas vidas
que
sabiamos case de memoria,
de
Pablo Milanés, lembras amor?
Se
algún día nos faltan as palabras
deixemos
que nos falen os murmurios,
os
cantos dos paxaros, a chorima,
o
mar, o vento, o río, aquelas cousas
que
sempre compartimos, o que queda
se
algún día nos faltan as palabras.
ADAGIO
DE OUTONO
Modesto Fraga (Imaxe Xaime Ramallal) |
Eu
quédome contigo, co teu sono,
coa
partitura alegre que mereces
porque
despois de todo permaneces
en
medio deste adagio neste outono.
Eu
quédome contigo e reflexiono
nas
horas compartidas nas que ás veces
sinto
que te me vas cando apareces
nas
notas musicais das que son dono.
Eu
quédome contigo, co teu canto,
coa
melódica voz que se derrama
e
intúo vir, pois sempre vai comigo
como
esa tenue luz que adoro tanto;
canda
a última canción do pentagrama
sempre
e despois, eu quédome contigo.
(Do
libro Adagio por outono, editado por
Alvarellos
Editora. “1º Premio XLI Edición Certame literario Concello de Vilalba”)