UNHA
NOVA GRAMÁTICA
Para Marlene Nourbese Philip e
Erin Moure
Artellando
os sons
comecei
a falar una lingua nova
na
que agora se derrete
o
sabor picante das especias
e
a dozura simple e ruda
das
filloas.
Coas
mans modelei
o
barro desta miña nova lingua
O
meu abecedario
a
muralla de Lugo
Samil
e o mar de Karaikal.
Síntoo
mais
non son a conxunción copulativa,
porque
a copulativa está no medio
e
eu estou sempre
-como
mínimo-
dos
dous lados.
Os
momentos
tantas
veces repetidos
perden
esfiado o reberete
e
acaban sendo,
sen
máis,
momentos.
O
cotián.
Na
miña gramática
no
hai espazo
nin
deusas de papel.
Todas
son de pel
e
de corazón
e
de loita
e
de valor.
Imparables
avanzamos.
A
miña lingua protéxeme
de
todas as miradas
indiscretas,
inquisitivas,
insoportables
nesta
exposición permanente
e
esgotadora
de
min mesma
polo
ben alleo
(?)
BOTANDO A
LINGUA NO ESPELLO
“Crear
una lingua nova é sempre por definición
un
proxecto colectivo, non algo que poida
conseguir
una única persoa”.
No
espello son tan parecida
que
case non se ve
todo
o que me fai diferente.
Eu
non fago ioga
e
son así tan india
como
todas as indias
que
coñezo.
(Do libro
Presente continuo editado por Edicións Xerais. 2013.)
Escoitemos a palabra de María Reimóndez. Cóntanos que é a escrita para ela. Esta gravación pertence á videoteca da AELG.