O ano que rematou hai un mes, celebrouse o 175 aniversario da nosa máxima expresión literaria e, máis concretamente, poética: Rosalía de Castro. Para celebrar ese acontecemento a Fundación que leva o seu nome e que tanto está a facer pola memoria viva de Rosalía, publicou unha interesante obra para achegar esta muller á infancia. O libro chámase Antoloxía para a infancia. Unha iniciativa que aplaudo con calor, porque estou seguro de que moitísimas persoas falan de Rosalía sen tela lido en condicións. E isto non é san para a saúde da nosa sociedade que maltrata demasiadas veces a nosa lingua e, tamén, a nosa literatura. Di Helena Villar Janeiro, na presentación da escolla, o seguinte, referíndose aos pequenos lectores: "Queremos facerche máis doada a lectura e presentarche unha mostra representativa da súa variada creación. Por iso, algúns poemas longos non están completos. saberás que pasa así cando vexas puntos suspensivos, que indican que se interrompe o texto. Se che gustou ese fragmento, podes completar a lectura no libro ao que pertence". O libro recolle poemas das súas tres grandes obras poéticas: Cantares gallegos (1863), Follas novas (1880) e En las orillas del Sar (1884). Remata Helena a presentación dicindo: "Cando acabes este libro, coñecerás á que é considerada a nosa mellor poeta e unha entre os grandes autores da literatura universal".
A min paréceme unha iniciativa necesaria. Resulta importante que xa, dende as primeiras idades, saiban os nenos e nenas da importancia de autora tan sublime. A súa obra é transcendente. Non é unha muller que posúa unicamente unha importancia histórica, que si a ten, por suposto. Foi unha persoa cunha vida complexa, chea de atrancos, cunha saúde feble, que non andou nos círculos intelectuais do seu tempo. Tampoco foi unha muller cunha formación completa - máis ben mediocre - e que tivo moitos problemas económicos. Malia todo isto, escribiu con intensidade e ánimo uns poemas que serviron de guía a tantas e tantas persoas, que, coma min, permitiron coñecer o máis fondo da alma humana. Rosalía foi un símbolo da galeguidade, pero quedarse niso podería ser perigoso. De aí, que todo o que se faga por dar a coñecer a súa obra, de que os seus versos nos resulten próximos, será imprescindible. Rosalía non pode morrer e non morre, grazas a diversas iniciativas que manteñen viva a súa imaxe. Personalidade sobranceira, sempre vencellada á nosa terra, está nun lugar de honra na literatura galega e, tamén, na literatura universal.
Podemos afirmar que boa parte da súa poesía foi e é moderna. Dela partiu a andaina poética en Galicia. A publicación de Cantares gallegos en 1863, hai agora 150 anos, marca o comezo da literatura de alta calidade. Hai moitas Rosalías en Rosalía, como sempre mantiven que hai moitos Albertis en Rafael Alberti. Unha Rosalía crítica, unha Rosalía que escribe dende a dor, unha Rosalía amorosa, unha Rosalía que chora a emigración, unha Rosalía que, como di Anxo Tarrío no seu libro Literatura gallega (Ed. Taurus) "era consciente de que escribía dende un país marxinado e malia os compoñentes costumistas e folclóricos dalgunhas das súas páxinas, non é outra cousa ca ilustración dunha ideoloxía que pretendía tanto afirmar os valores específicos da patria galega como denunciar, a través dun berro de indignación, as inxustizas de que eran vítimas as súas xentes". Noto, polo que escoito e leo, que se fala dunha Rosalía sentimental. Tamén existe. Pero esa Rosalía indignada falaba ben alto. Non esquezamos que para ela escribir en galego foi, ademais, un compromiso coa lingua e contra aqueles que a maltrataban. Tiña unha enorme concienciación coa linguaxe e, como dicía Manuel Murguía, con quen casou en 1858, un pobo que perde a súa lingua é un pobo morto. Chea de enigmas, automarxinada moitas veces, consegue dar aos seus versos unha profunda intensidade e unha intemporalidade que a fai actual decote. Orixinal en Follas novas con respecto á métrica, adiantouse uns anos aos modernistas, o que fai de Rosalía unha adiantada ao seu tempo. Din que non é brillante. Para min si que o é. As arestas da súa poesía son unha marabillosa realidade.

Por iso, doéronme as palabras que o petulante Luis Antonio de Villena se permitiu dicir sobre ela. Calificouna de poeta mediana. Esta afirmación doeume e moito, porque non é certo. A capacidade de chamar a atención deste poeta non ten lindeiros. Eu escribín poesía en galego, grazas aos seus versos. Os meus libros teñen unha chea de referencias a ela. Paseniño, paseniño, un dos meus libros preferidos, é un camiñar constante, por vieiros non sempre amables, ata chegar a Rosalía, coa que remato o poemario. Detrás da miña mesa onde escribo sempre está o seu retrato. Nos andeis da miña biblioteca poética está unha figura da "nosa nai e señora". Fíxenlle homenaxes con palabras dende os meus poemas. E hoxe, revolvendo na libraría, que visito case todos os días, dei con outro libro para os pequerrechos, editado por Espiral Maior en 2010. Non o coñecía, confésoo. Ilustrado por Isabel Pintado, recolle o poema Parece unha rosa. Cada estrofa leva a súa ilustración. É unha verdadeira preciosidade. Moi recomendable para todos, faltaría máis, pero ideal para ler cos nosos fillos e fillas e introducilos na fermosísima poesía desta gran muller.
Anúncianse actos para o día 24 de febreiro, data do seu nacemento. Rosalía segue viva. Leámola a miúdo. Non estaría mal que sobre a mesiña de noite sempre houbese unha antoloxía poética súa. Non só non faría mal a ninguén, senón que axudaría a reflexionar sobre esas actitudes tan pouco afeccionadas a ler poemas.
A min, dende logo, prodúceme unha compañía que me dá serenidade.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón |