Escribo a reseña Los
Versos del trimestre na interesantísima revista literaria dixital “La
Página Escrita”.
Coa poesía sempre da man, é
unha honra para min ser a persoa que se encarga nela deste xénero poético tan
importante coma invisibilizado.
Unha vista da sede da Fundación en Barcelona |
A Fundación Jordi Sierra
i Fabra e o Taller de Letras de Medellín, obra deste enorme escritor
e mellor persoa que é Jordi, levan promovendo a lectura para a mocidade dende
as máis diversas esferas.
Recoñecida mundialmente é unha iniciativa
exemplar, na que se debían ver as diversas institucións, acostumadas a mirar
para outro lado en cuestións de cultura.
Dito isto, queda aí embaixo unha das
múltiples seccións da publicación, curiosa e divertida, como é “C@ntando las 40
a...”e, desta volta, tocoume a min.
Unha maneira agradable de coñecer a
persoa a quen se lle pregunta. Eu contestei con toda a sinceridade do mundo.
E, se vos apetece, aquí
tedes as respostas a este xogo.