ANXO IGLESIAS (Vigo, 1967)
NA ANCHA CHAIRA
Na ancha
chaira
a chuvia chuvisca
chuzos de punta
Anxo Iglesias (Foto de J. Manuel Núñez Martínez) |
pace en paz
na
ancha chaira
de
cháchara chistosa
un cheirento marrancho
deitado tan pancho
chucha un chourizo
na ancha chaira
extensa e
inmensa
unha longa xirafa
chimpa e chouta
cun chirlo na chola
na ancha chaira
de anchura infinita
un chibo con chelo
e un coello chepudo
chochean cun chopo
ai, que chaira
tan chula!
Nos musicais espazos, azos
de ignotas notas:
corcheas cheas,
redondas ondas,
confusas fusas,
nunha acorde orde
na escala, ala!
E
alí un virtuoso oso
nun conclave clave
tocaba unha viola, ola!
cunha violonchelista lista.
E
parecía que a melodía ía
coma se tivese o compás ás.
En cada parte, arte:
coma un crisol, sol,
coma unha estufa, fa,
coma un estrodo, dó
e, de repente, aquilo que non vai, ai!
-Que berre re!
pedía un bemol mol.
-Que bula, la!
reclamaba a coral oral.
Un desconcerto? Certo!
Pero ti, o pentagrama, ama!
Gañadores dos Premios Xerais 2022 |
un bis?
Pero que dis?
UNHA DÉCIMA (DE SEGHUNDO)
Se fas ao tempo un día
as prghuntas razoables
de
quen son os responsables
do que pasa e non ten ghía
case seghuro diría
que
un efémero seghundo,
que pasou mentres eu falo,
nunca pode ser tan malo
coma
un minuto iracundo
dos que mandan neste mundo.
(Do libro Unha nova dimensión, editado
por Ed. Xerais, ilustrado por María Montes,
(2022) Premio Merlín de Literatura infantil.