CLAUDIA CASTRO (Compostela, 1972)
PLAN
DE VIAXE
There is no Frigate like a Book
To take us Lands away
Nor any Courses like a page
Or prancing Poetry.
´Non hai
fragata coma un libro
para
levarnos a terras remotas
nin curso coma unha páxina
de
enérxica poesía´.
Eu marcho de vacacións
cada ano
Claudia Castro |
En inverno collo un libro
branco e frío coima a neve.
Vou esquiar canda el
onde as folerpas me leven.
Na primavera
elixo novela.
Ler en días solleiros
e pasar a noite en vela.
En outono
viaxo ao Courel.
Escorrento frío con lume
e invento historias con el.
Para o verán
deixo a poesía.
O meu corazón torna peixe azul
e sobe e baixa a ritmo de blues.
CUESTIÓN DE BELEZA
A diamond is a brilliant stone,
To catch the world´s desire;
An opal holds a fiery spark;
But a flint holds fire.
´O diamante é unha pedra brillante,
que atrae o desexo do mundo;
o
ópalo ten unha chispa ardente:
mais unha simple pedra prende lume´
Teño pencas,
teño lentes
teño
corazón e mente.
Son unha casa xigante
e un xardín cheo de flores
que pelexan entre si.
Son encrucillado
e son anagrama.
Son un gran misterio
e sempre ando descalza.
O silencio
pode ter forma de poema.
O poema
pode ter forma de agasallo.
O agasallo
pode ter forma de cativa.
O presente son eu!
PEQUENA
You may
write me down in history
With
your bitter, twisted lies,
You may trod me in the very dirt
But
still, like dust, I´ll rise.
´
Podes reescribirme
na historia
coas túas mentiras amargas e reviradas.
Podes
pisarme no máis fondo da lama,
aínda así, coma poeira, erguereime´.
Escalei a montaña,
sentinme pequena.
Conquistei a serra,Ilustración de Luz Beloso
sentinme pequena.
Naveguei o río,
sentinme pequena.
Vencín a corrente,
sentinme pequena.
Sachei unha horta,
sentinme pequena.
Apañei patacas,
sentinme pequena.
Escribín un verso,
sentinme pequena.
Recitei un poema
e sentinme pequena.
Sabéndote grande,
sigo a sentirme pequena.
(Do libro Amiga lúa, amigo mar. Moon, me & the
sea, editado por Galaxia. Col. Árbore e ilustrado por Luz Beloso.
2022)