MIGUEL
ANXO ROMERO
Ilustracións:
Leandro Lamas
Poemas
musicados por Bárbara Mourelo
Don
Saltón, na campía,
éche
todo un campión,
salta
trevo e margaridas
Miguel Anxo Romero |
entre
grande admiración.
Don
Caracol, moi pasmado,
recoñécelle o tesón.
Dona
Oruga, moi teimuda,
chúfalle ser tan guasón.
Son
Saltón, elegante,
chouta
sen preocupación,
dando
chimpos de xigante
causa
grande admiración.
Todos
gaban a afouteza
dese grande corazón
mentres
el segue choutando
fachendoso e fortachón.
Viña
o comboio cantando
na raia de Portugal,
acompañábao asubiando.
Viña
enchoupando de fume
os ventos da miña aldea,
e
anque cheira que alcatrea,
gustábame aquello arume.
Viña moi parsimonioso
cun musical chucuchú,
que facía moverme o cu
e
ao velo estaba orgulloso.
Viña,
en fin, de cando en vez
o comboio pola terra.
E
agora que xa non berra,
lémbrame a miña nenez.
Heivos
contar dunha amiga
unha historia interesante
que
debaixo dunha pedra
atopou un elefante.
Os
expertos máis famosos
pensaron
que era un mutante
e levárono de mostra
para
un museo importante.
Pero
o bicho esmorriñaba
se
non tiña á nena diante,
tristeiro
e de mal talante.
Mais
deron coa solución
cunha
amizade constante
traballando
cada día
coa
rapaza de feirante.
O
ratiño roía,
escoitábao
furar,
eu
deitado na cama
a
medio durmitar.
O
ratiño alí estaba,
tacatá
a traballar,
eu
ao axexo agardando
para
podelo cazar.
O
ratiño saía
e
botaba a correr.
Mais
eu xa neses intres
durmía
a todo pracer.
(Do
libro Poemas con canela, editado por Edicións
Embora, 2018)