ANTÓN
CORTIZAS (Ferrol, 1954)
PRÓLOGO POÉTICO
Soneto
é un poema matemático,
xeométrico
teorema musical,
cada
un destes sonetos é zoomático.
Con
versos en gaiola de cristal,
escritos
con espírito acrobático,
formouse
este zoolóxico lunático
pois
quen os argallou é un animal.
Son
rimas para quen ama a bicharía
quer
sexa de cabalos, canso u cabras,
ou
ben para quen gosta ulir palabras…
Sen
máis damos comezo a esta folía
de
versos que se queren aromáticos
e
bechos que por selo son simpáticos.
O
CABALO
Que
pasa, que lle pasa a ese cabalo
e
pasa a noite só no monte raso
ergueito
no máis alto daquel valo?
Nin
trota, nin galopa, nin dá un paso;
está
triste, aburrido ou está malo?
Que
pasa, que lle pasa a ese cabalo,
será
que ten saudades, por acaso?
Está
mirando o ceo, lendo a lenda
dun
mómaro tan manso e tan silente
que
devora as estrelas dende o ocaso.
Espera
que un luceiro se desprenda
e
se lle pouse sobre lombo ardente
para
botarse a voar coma Pegaso.
O
RATO
(Zooneto
silábico)
O
rato,
pequeño
burato
cacheno,
foguete
no
mato,
xoguete
do
gato.
Queixeira?
Pasmón,
engado.
Rateira!
Traizón,
cazado!
PAXARIÑOS
Papuxas,
picafollas, estreliñas,
bubelas,
pardeliñas, lavandeiras,
vencellos,
subesubes, liñaceiras,
carrizos,
petos, xílgaros, pimpíns,
curroxos,
pegas, tordos, cardeais,
chaschás,
chincas, noitébregas, pardais,
folosas,
rousinois, cucos, xiríns,
lavercas,
cotovías, verderolos,
pardillos,
azulentas, bacachises,
martiños,
anduróns, gaios, ouriolos,
peizoques,
picaxuncos, estorninos,
piquelos,
lavacús, merlos, malvises…
Quen
quere entrar no amor aos paxariños?