Páginas

sábado, 24 de junio de 2017

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LIX) Antón Cortizas










                                      ANTÓN CORTIZAS  (Ferrol, 1954)






PRÓLOGO  POÉTICO



Soneto é un poema matemático,
xeométrico teorema musical,
Antón Cortizas
e aínda sen ter trazas de animal
cada un destes sonetos é zoomático.

Con versos en gaiola de cristal,
escritos con espírito acrobático,
formouse este zoolóxico lunático
pois quen os argallou é un animal.

Son rimas para quen ama a bicharía
quer sexa de cabalos, canso u cabras,
ou ben para quen gosta ulir palabras…

Sen máis damos comezo a esta folía
de versos que se queren aromáticos
e bechos que por selo son simpáticos.




O CABALO

Que pasa, que lle pasa a ese cabalo
que non rincha nin bufa nin fai caso
e pasa a noite só no monte raso
ergueito no máis alto daquel valo?

Nin trota, nin galopa, nin dá un paso;
está triste, aburrido ou está malo?
Que pasa, que lle pasa a ese cabalo,
será que ten saudades, por acaso?

Está mirando o ceo, lendo a lenda
dun mómaro tan manso e tan silente
que devora as estrelas dende o ocaso.

Espera que un luceiro se desprenda
e se lle pouse sobre  lombo ardente
para botarse a voar coma Pegaso.





O RATO
(Zooneto silábico)


O rato,
pequeño
burato
cacheno,
Nun encontro con lectores e lectoras

foguete
no mato,
xoguete
do gato.

Queixeira?
Pasmón,
engado.

Rateira!
Traizón,
cazado!




PAXARIÑOS


Papuxas, picafollas, estreliñas,
bubelas, pardeliñas, lavandeiras,
vencellos, subesubes, liñaceiras,
Asinando tras un encontro
fulepas, papamoscas, andoriñas,

carrizos, petos, xílgaros, pimpíns,
curroxos, pegas, tordos, cardeais,
chaschás, chincas, noitébregas, pardais,
folosas, rousinois, cucos, xiríns,

lavercas, cotovías, verderolos,
pardillos, azulentas, bacachises,
martiños, anduróns, gaios, ouriolos,

peizoques, picaxuncos, estorninos,
piquelos, lavacús, merlos, malvises…
Quen quere entrar no amor aos paxariños?




(Do libro Zoonetos, editado por Tambre, col. Ala Delta, 2017)