HELENA
VILLAR JANEIRO
(Becerreá, 1940)
POEMA
DELGADO
fría,
branca,
lene,
auga,
nada.
A
neve
é
e
non
é.
O
CASTELO DA CHUVIA
A
chuvia está escondida
nun
castelo encantado
que
fixeron as nubes
alto,
moi alto.
gardada
en tinas
redondas,
pequerrechas
igual
que pingas.
Cando
lle peta,
ponse
a tiralas todas
desde
as ameas..
O
TALLER DAS ARAÑAS
Nun
taller que puxeron
dúas
arañas
tecen
mantas e colchas,
manteis
e sabas.
Tan
pronto chega a noite
gardan
os fíos
e
marchan en silencio
para
os seus niños.
E
cando chove
fan
un cordel
para
secaren roupa
tendida
nel.
MAMBRÚ
NON VAI Á GUERRA
Mambrú
non vai á guerra
¿e
que fará agora?
Cultivará
oliveiras
que
dean moitas pólas
e
sementará millo
para
manter as pombas.
(Do libro As señoras cousas. Editorial Galaxia. 2014)