Mostrando entradas con la etiqueta peonza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peonza. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de octubre de 2020

CRÍTICA, NA REVISTA "PEONZA", DA ANTOLOXÍA TRADUCIDA AO CASTELÁN "DIJO EL RATÓN A LA LUNA" de Antonio García Teijeiro

  


Con prólogo y selección de Fran Alonso, Dijo el ratón a la luna… es una antología de la poesía de Antonio García Teijeiro que reúne poemas de una trayectoria de treinta años plasmada en libros que van de Nenos, su primera obra de 1988, hasta el más reciente, Poemar o mar, de 2016. Entre uno y otro, dos docenas largas de títulos que muestran una dedicación continuada a la poesía para niños recompensada en 2017 con el Premio Nacional de Literatura Infantil.

 




El libro nos permite contemplar un recorrido literario coherente en el que aparecen diversas constantes temáticas que se corresponden con las preocupaciones vitales y las pasiones del autor: el amor, la contemplación de la naturaleza, el mar, la música, el juego, la paz frente a la guerra y a la injusticia, la infancia. Aborda esos asuntos con una mirada sensible y alerta, como corresponde a su condición de poeta, pero también con espíritu lúdico y un humor que se adentra a menudo en el territorio del nonsense. García Teijeiro se expresa a través de la síntesis, lo que le permite concentrar sentimientos e impresiones en poemas breves escritos en versos invariablemente de arte menor. Esa brevedad acentúa el sentido musical de sus composiciones; el ritmo y la rima cobran un protagonismo especial y reclaman que el poema sea leído en voz alta para disfrutar plenamente de su cuidada sonoridad. Juega con frecuencia con la disposición tipográfica de los versos, a la manera de las vanguardias, al tiempo que sabe incorporar la influencia de la tradición oral.

 

                                              Ilustración de Xosé Cobas

Xosé Cobas aporta una interpretación gráfica que enriquece la obra. Realiza una lectura muy personal que siempre tiene un carácter poético, con ilustraciones sutiles que muestran su maestría con el dibujo y su dominio de la técnica pictórica. Delicadas veladuras, formas que se difuminan, una luz que adquiere mil matices y una visión decididamente personal del texto dan como resultado imágenes que son verdaderos poemas visuales. (DGV)

miércoles, 18 de febrero de 2015

PEONZA: "A VOLTA AO MUNDO EN 90 NOVELAS GRÁFICAS":

      Contra finais do pasado ano recibín o último número da prestixiosa revista Peonza correspondente ao mes de outubro de 2014.


     Un monográfico interesantísimo sobre a novela gráfica. O seu título: “La vuelta al mundo en 90 novelas gráficas”.

     A ninguén se lle escapa o auxe da novela gráfica resulta un fenómeno editorial que non ofrece a menor dúbida.

     Hai quen non lle gusta esta denominación, pero ninguén nega que a presenza deste xénero nas librarías, nos medios e cun público emerxente que as le, é unha realidade.

     Podemos dicir, sen ningunha dúbida, que a calidade é algo patente nun bo número delas.

     As novelas gráficas (nós imos chamalas así) posúen unha evidente diversidade temática e estilística. Así o deixa claro o editorial deste monográfico de Peonza e estamos totalmente de acordo con esta afirmación.


      Nestes libros podemos atopar toda clase de temas: dende os problemas e conflitos sociais ata os políticos e persoais do noso tempo e do pasado.
E o xeito de presentalos ao lector pode ir da reportaxe periodística á investigación histórica, das crónicas autobiográficas ás reconstrucións colectivas.
Explica o editorial da revista moi ben estes aspectos,e fai fincapé “na pluralidade de estilos e propostas estéticas, non todas acertadas, pero en moitos casos innovadoras”.


      Neste número (o 110 de Peonza) coméntanse case un centenar de obras creadas e ambientadas en países diferentes dos cinco continentes.
Están representados autores/as de países tan diferentes como Cuba, Afganistán, Corea do Sur, Paquistán, Grecia, Groenlandia, Italia, Palestina, Marrocos, Ruanda, España, Tíbet, Vietnam, Turquía ou os Estados Unidos entre moitos outros. Así, unha obra por país ata 90.
A selección é ampla e variada. Dá unha visión moi rica das creacións gráficas que se están a producir neste ancho mundo. Isto indica a grande expansión a nivel internacional da novela gráfica e a gran difusión destas obras. Unha viaxe suxestiva polo planeta da narración gráfica.
Nas páxinas da revista encontramos artigos dunha calidade incontestable.
 
"Deogratias" (Jean -Philippe Stassen)

     Yexus, especialista e crítico de cómic, fálanos da evolución recente do cómic español dende diversos puntos de vista: o do artista, o do lector, o das empresas editoriais, o da consolidación cultural do medio, o das canles de venda, o dos formatos ou a repercusión nos medios de comunicación.

      Gerardo Vilches escribe sobre a novela gráfica e o cómic de autor contemporáneo. Este especialista e crítico aclara o sentido da denominación do xénero a partir dun punto de vista expresivo e sitúaa no contexto da evolución da industria, dende unha perspectiva histórica, ademais de presentarnos unha ampla nómina dos autores máis salientables do fenómeno.

      

     Juan Gutiérrez Martínez-Conde, do Equipo Peonza, expón o contido do número e xustifica a decisión do equipo de redacción de dedicar este espazo a un fenómeno tan significativo coma o da novela gráfica no século XXI.

     Tras unha presentación ben argumentada, especialistas do xénero comentan esas noventa obras, engaden unha pequena biografía do guionista do título e do debuxante, se non é o mesmo, e acompañan estas liñas con senllas reproducións dalgunha páxina da obra.

     Unha marabilla.
     Un verdadeiro luxo.
     Unha guía de valor incalculable.

     Salientar, ademais, o artigo “Un silencio elocuente” do meu querido e admirado José Luis Polanco, no que puntualiza, a partir dunhas lúcidas palabras de Julio Ramón Ribeyro, que a tarefa dos creadores –xa sexan escritores, artistas, pensadores, poetas- é escrutar o misterio do noso ser, ordenar as pezas dispersas do complicado puzle, axudarnos a entender o mundo e a nós mesmos.

 
"La ciudad" (Frans Masereel)
Reflexións estas que se producen por mor dunhas imaxes que Polanco estaba mirando en “La ciudad” (1925) de Frans Masereel, un libro que é unha viaxe pola cidade; unha viaxe que vai mostrando ao lector as diferentes facianas da urbe: dende a ostentación das zonas ricas ata a sórdida negrura da miseria.
Un paseo por rúas e prazas, por teatros, museos, centros comerciais… da man do autor que nos empurra a pensar sobre a realidade da vida.
Atinado, coma sempre, José Luis.
 
Debuxo da mesma obra de Masereel
     Interesante, xaora, a entrevista de Juan Gutiérrez Martínez-Conde e Yexus, a un dos mellores debuxantes europeos, Rubén Pellejero, autor de libros coma “Aprendiz de detective”, “Blues et autres récits en couleur”, “Loup de Pluie” ou “Dieter Lumpen”, entre outros, e de quen son os debuxos que forman a Galería da revista. Beleza para os sentidos.
 
Ilustración de Rubén Pellejero.
     Un número, este de Peonza, imprescindible para todos aqueles (que son moitos) seguidores deste xénero tan florecente e tan presente xa nas nosas vidas. Un número, dende logo, para saber máis e para gardar.

     Unha vez máis Peonza demostra a súa categoría como revista. Demostra os seus obxectivos cunha claridade evidente. Toda unha referencia para os que amamos a LIX.

     Unha verdadeira xoia.

                                                                                                           ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO