ANA MARÍA FERNÁNDEZ (Palma de Mallorca, 1949)
Contrasinal
O enigma da música volve ser o contrasinal
das miñas tardes solitarias.
Noa e Andrés, os meus irmáns, xa están
Ana María Fernández |
Londres.
Onde me tocará a min cando chegue o
momento?
Non sei se decidirme pola música, pero
miña nai di que primeiro hai que descubrir
outras cousas e, por suposto, outras
afeccións.
E mentres pasa o tempo, estas tardes
aburridas abren a caixa máxica de
presentir outros mundos, que aínda están
por chegar.
A GUITARRA
Á tardiña volvo á miña guitarra.
que agora están desconcertadas,
cubertas de días aburridos,
desafinadas…
Quero volver cun traxe novo,
pero de andoriñas,
con voces tamén novas,
de chuvia fina.
Todo é sonoro
no silencio da miña guitarra vella
e, ao mesmo tempo,
todo está por soar.
Que ninguén me fale agora!
(Do libro Pirata pregunta por ti,
editado pola Editorial Galaxia na súa colección Árbore. 2024) e ilustrado por Lili
Algo)