TÍTULO: A
pequena compaña.
AUTOR:
Carlos Labraña.
ILUSTRACIÓNS:
Óscar Villán.
A pequena compaña é unha obra teatral cuxo autor Carlos Labraña é de sobra coñecido e premiado no mundo do teatro para os máis novos. Dende a fundación en 1988 do Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil, ata os nosos días amosa un longo e fértil percorrido neste eido. Desta volta, A pequena compaña, vén avalada por ter acadado o VIII Premio Estornela de Teatro para Nenos da Fundación Xosé Neira Vilas.
Trátase
dunha peza teatral estruturada en dous lances con dez escenas o primeiro e nove
o segundo. Neles un elenco do máis
variado de personaxes, dende humanos ata vexetais e mesmo lendarios, coma a Coca de Redondela, a Serpe
Chuchona ou o can Cérbero teñen cabida nesta historia na
que se distinguen perfectamente os roles dos personaxes. Os bos e xenerosos: a Avoa, Xigantón ou o cociñeiro Marrán que recollen e axudan
os nenos perdidos e abandonados, por diferentes motivos, dándolles acubillo e
protección fronte aos que representan a escuridade, a maldade e o egoísmo.
Carlos Labraña |
A través de
diálogos dinámicos cunha prosa directa, expresiva e salferida tanto polo humor
intelixente de situación e personaxes coma polo coñecemento do imaxinario da
literatura de tradición popular, o autor achégalles aos lectores a importancia
dunha infancia feliz, sen violencia, indiferenza ou illamento para ter unha
sociedade máis xusta.
As
ilustracións coloridas de Óscar Villán dotan
de vida os diferentes personaxes.
Páx.47:
SOLDADIÑO: “ Onde eu vivía ninguén
quería a guerra, agás uns ricos mandóns que a argallaron para facérense aínda
máis ricos e máis mandóns. Primeiro levaron os homes e as mulleres á forza a
loitar nela e, cando morreron, volveron á procura dos nenos e das nenas.”