Xulio García Rivas |
Que Xulio García Rivas é un gran pintor non
o dubida ninguén.
Pero Xulio é moitas cousas máis. Entre
elas, un gran lector. Non vai de crítico, non. Ese non é o seu labor.
Xulio le e le moi ben. Despois reflexiona
e consegue, cunha claridade evidente, artellar un discurso coherente co lido.
Animeino a que puxese por escrito o que me
contaba sobre a novela do poeta Xosé
María Álvarez Cáccamo, As últimas galerías (Ed. Galaxia.2015). Estaba entusiasmado.
Xulio, que é moi ben mandado, non dubidou
en facelo. Daquela, escribiu este magnífico texto sobre a lectura para
compartir con vós, queridos seguidores de Versos e aloumiños. Pura intelixencia. Pura xenerosidade.
AS ÚLTIMAS GALERÍAS
Novela de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Editorial Galaxia. 2015.
Un feixe de cartas de amor e un álbum de fotos
conforman a historia de Amalia, unha
muller internada nunha residencia xeriátrica,
de memoria fráxil, inquietante con luces e sombras esvaídas na néboa da súa vida. En conversas co narrador
móstrasenos todo o proceso da reconstrución dunha vida
desde a mocidade.
É
evocadora, enigmática, misteriosa, poética. Algúns dos seus capítulos suxiren fantásticas imaxes
extraídas, por exemplo, do capítulo 2.. " Soñei que a
miña nai conducía unha cama de hospital.... . Tráenme a memoria ás inquietantes e suxestivas
imaxes dunha escena da película Roma ( Federico Fellini.1972 ) na que se mostra
a entrada na cidade do equipo que roda a película e como a cámara viaxa nun
enorme guindastre cuberto por plásticos, que recorda a unha cama con dosel,
durante unha noite de treboada e néboa xerando impactantes imaxes que logran conmover o noso espírito
como o fai tamén brillantemente coa
palabra Xosé María Álvarez Cáccamo neste
segundo episodio da súa novela.
Tamén a min, claro, gústanme ás referencias
pictóricas e o humor dalgúns
parágrafos : "Entre ás pinturas da casa, eu tiven sempre un aprecio especial por un óleo sobre
táboa.... ou " Píntame un fajanjasto para
o cuarto de estar", pedíamoslle a Luis.
A recreación do tempo en que transcorre a trama,
a guerra, a postguerra, Vigo, a represión franquista está moi
ben documentada, as cancións de Amalia: “Están clavadas dos cruces en el
monte del olvido”, “Camino Verde” ou
Solamente Una Vez” contribúen a crear unha atmosfera fondamente emotiva.
Ten un ritmo atraente debido
a que é unha novela que narra unha
serie de acontecementos decisivos na vida da protagonista e que van logrando
crear un ambiente enigmático que só se vai desvelar se seguimos lendo ata o
final. Está moi ben a figura do narrador convertido en personaxe:
Xosé María Álvarez Cáccamo |
"E coidarei esta
nova fantasía
de vello, o home que ve pasar a figura aérea dá nai nena a correr sen esforzo pola pista de patinaxe e conducir a súa vida por onde a levan ás horas, sen proxecto, sen peso, sen medo. " E polo medio unha historia de amor preciosa, que posúe unha carga dramática final.
O poeta, agora
novelista, que xa ten publicado outras
obras narrativas,
utiliza nesta novela a
ficción como o elemento fundamental que
compón o texto
Toda a narración está tinxida con un delicado aire poético e
con unha rigorosa e fermosísima linguaxe
literaria.
Estamos diante dunha magnífica novela.