Categorías
- artículos colaboraciones y noticias (220)
- escaparate poético (137)
- A luz das palabras (97)
- catavento de poemas infantís (95)
- dardo poético (90)
- Caderno íntimo (21)
- descubertas fonográficas (16)
- fiestra aberta (14)
- Paseos poéticos (12)
- sentado con pessoa (10)
jueves, 26 de mayo de 2011
El CEIP Emilia Pardo Bazán da el nombre de Antonio García Teijeiro a su biblioteca infantil
Hace unas semanas, el CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo bautizó su biblioteca de educación infantil con el nombre de Antonio García Teijeiro, reconociendo así no solamente su labor literaria sino también su labor pedagógica, una de las razones de que esta distinción tuviese para Antonio un significado muy especial. El centro escolar, que también tiene una biblioteca de educación primaria que lleva el nombre del escritor Gonzalo Moure, confirió a Antonio este honor en el transcurso de un emotivo acto en el que Antonio leyó un texto titulado “Bicos na fraga” (“Besos en el bosque”), escrito especialmente para la ocasión. A continuación, y como manera de agradecer el hermoso gesto del CEIP Emilia Pardo Bazán desde este blog, ofrecemos el texto íntegro en gallego, junto con una serie de fotografías sacadas durante el acto.
BICOS NA FRAGA
Sempre mantiven que unha biblioteca era, para min, unha fraga de libros. Unha fraga na que as árbores e a vexetación teñen forma de versos, de ríos polos que baixan as palabras, de mares con barcos piratas, de bicos roubados, de seres, reais ou non, que sofren, descobren, aman, rin, choran, foxen, apreixan, enganan, fan trasnadas, provocan a risa. Unha fraga con cores, con ilustracións, con pinceis, con lapis e tinta. Unha fraga que nos permite coñecernos un pouco máis e saber da vida.
Vida, si, vida. Vida nos libros. Vida nesa fraga máxica. Vida coma fonte da literatura, ou sexa, vida na biblioteca, ese espazo que te seduce e consegue pintar de luz os sentimentos de quen se detén nos seus recunchos.
E moita VIDA, así con maiúsculas, hai nesta Biblioteca que hoxe me acolle dun xeito especial.
Un, ao longo da súa existencia, mellor dito, de todo o que leva vivido, vai poñéndose retos e intenta que se realicen. Un dos meus é, foi e será que os cativos vivan preto da palabra literaria. É este un reto que nunca perde a súa vixencia. Decote haberá nenos e nenas e constantemente sentiremos os mediadores/as a necesidade de que lean para que sexan felices. E non será doado. Aparecerán os atrancos de sempre. Ben, pois levo ben anos nesta liña. Con esta teima. Animando, contaxiando o meu amor pola lectura. Lembro cando comezamos a traballar coas primeiras bibliotecas: as de aula. Logo virían as de centro. Lembro os cursos, dados e recibidos, os libros escritos neste sentido. Lembro a ilusión que tiñamos cando viamos os nosos alumnos cun libro na man. Dende hai máis de vinte e cinco anos, ademais, escribo. Danlle a un algúns premios. Agradan, claro que si. Non debemos ser hipócritas. Pero hai outros premios que te emocionan máis. Cando atopas un mestre ou unha mestra que che di os anos que leva traballando cos teus textos e percibes a emoción no seu rostro. Cando alguén, nun lugar arredado, envíache unha carta de agradecemento por escribir algún poema que tanto lle serviu. Cando os nenos e nenas queren agasallarche os seus poemiñas e debuxos, a súa voz, todo feito a partir dos teus versos. Marabilloso.
Pero hoxe é para min un dos días máis especiais da miña vida. Que esta fermosísima biblioteca, tan chea de vida, leve en adiante o meu nome demostra que os meus esforzos non foron baldíos. Que a soidade na que escribes, sen saber onde van caer os teus escritos, ten un reflexo en persoas que, coma vós, amades o que facedes, emocionádesvos coas palabras e sodes auténticos. Sinto a emoción ben dentro. Son moi feliz e non podo menos que agradecervos fondamente este agasallo que non me parece real polo fermoso que é. Grazas por valorar o meu labor. Grazas no nome dos que cremos na forza da literatura. Grazas por serdes tan sensibles ao feitizo da literatura. Grazas por seguir mellorando espazos coma este para que a rapazada se sinta transportada aos diversos mundos que se agochan nos libros.
E grazas, en fin, no nome da poesía, tan maltratada, ás veces, pero tan necesaria sempre.
Non o dubidedes. Estaredes de por vida no meu interior e espero seguir sendo merecente dun dos agasallos máis marabillosos que me proporcionou o feito de ser un escribidor sen máis ambición.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Antonio con Ángeles Escribano, máxima representante de las bibliotecas escolares del CEIP Emilia Pardo Bazán
Antonio con Pili, una de las responsables de la biblioteca
Antonio escucha a algunos alumnos poniendo música de flauta a uno de sus poemas y recitándolo
Antonio con Gonzalo Moure: ambos comparten el honor de dar nombre a una biblioteca del centro
Antonio abraza a Miguel, el director del centro, tras descubrir la placa que da nombre a la biblioteca
Antonio escucha a dos alumnos que leen un texto en un momento del acto
Antonio deja constancia de su paso por el CEIP Emilia Pardo Bazán escribiendo en el Libro de Honor del centro
Etiquetas:
artículos colaboraciones y noticias,
gonzalo moure,
noticias