XOÁN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE (Escudeiros.
Ramirás. Terra de Celanova, 1966)
FLOR DE ABELEIRA
das abeleiras do Abelaire
zoan as abellas que veñen
Xoán Carlos Domínguez Alberte |
o doce co que han facer o mel.
Se
fose que outra vez
as abellas voasen á Abilleira
das
abeleiras do Abelaire
o doce das flores que zugasen
sería
o mel das colmeas
das
abellas da Abilleira.
A
Abelaire na Abilleira,
A
Abilleira no Abelaire.
Un
doce con recendo
co
perfume das flores das abeleiras,
co sabor do mel das mellores colmeas.
LUGARES CON SABOR
Para os de Filgueira
os seus nomes son os mellores
e non lles digo que non.
De non che andar con xeito
os chumbos énchennos
as mans de agullas finas
que se cravan na pel.
Os do verán son grandes e carnosos,
e, quitando a cor violeta das béveras,
ao
madureceren,
cando repelan neles os paxaros,
pasan do verde outono ao verde oliva.
Logo están os da vendima,
que son doces coma o mel,
por iso comen tanto neles as abellas,
e espapallan o líquido
do seu licor na boca entre a saliva.
Para as nenas e os nenos,
os mellores, e digo que si,
Ilustración de Ana G. Buhigas |
son os da miña aldea,
onde sempre hai a esgalla.
Dende a fartura das froiteiras
celmosas no Figueiral
deica o frescor cristalino
das beiras con sombra
da Corga de Figueiró.
Nomes con sabores de bocados
cativos para morder,
picar e repelar.
E aínda por riba se lle chama
chimpafigos a alguén
que é un bulebule
ou que é rebuldeiro e espilido de máis.
(Do libro Nomes,
editado pola Editorial Galaxia, 2021)
(Do libro Nomes,
editado pola Editorial Galaxia, 2021)