jueves, 28 de julio de 2016

RECIBIR O DISCURSO DE ENTRADA NA RAE DE CLARA JANÉS, UNHA EMOCIÓN INSOSPEITADA

Clara Janés na Real Academia Española de la Lengua. (Á esquerda, Soledad Puértolas)


Cando abres a caixa do correo e ves un sobre escrito a man, dun tamaño superior ao normal e cun grosor que che di que non é soamente un papel o que contén, levas unha alegría ben grande.
     
     Un está canso de recibir cartas dos bancos, facturas da auga ou da luz, propaganda diversa  etc. Papeis que non só non desfrutas, senón que, ás veces, che poñen de mal humor.
     

     O primeiro foi o que me pasou a min hai uns días. Recibín un sobre cunha remitente que adoro, como muller e como intelectual: poeta, ensaísta, tradutora, investigadora… ¿Sigo? Non paga a pena. Estou a falar de Clara Janés.
     ¿E que contiña o sobre? Pois nin máis nin menos que un libriño  dedicado, que recolle o discurso lido o día 12 de xuño deste ano, na súa recepción pública de ingreso na Real Academia da Lingua Española. Un discurso dunha altura intelectual impresionante que leva por título Una estrella de puntas infinitas. En torno a Salomón y el Cantar de los cantares.
     

     O libro contén, ademais, a contestación doutra escritora que me encanta, Soledad Puértolas, quen lle dá a benvida á institución, onde Clara Janés vai ocupar o sillón deixado polo catedrático de dereito administrativo Eduardo García de Enterría.
     
     Uns textos marabillosos. Unha xoia para saborear. Unha sorpresa extraordinaria.
     
     Porque si,  unha vez máis, Clara Janés volveuse acordar de min. A súa xenerosidade é algo que lle  agradezo fondamente, pois tras coñecela en Granada e presentala en Vigo, fiquei engaiolado pola súa altura intelectual e a dimensión  humana que amosa. Cada vez que recibo alguna cousa dela, síntome a persoa máis feliz do mundo.
     
Clara Janés
     Se teño que referirme a este libro, só  podo facelo dende a brillantez da palabra e a lucidez que deitan estas liñas. Resúltame moi pracenteiro ler a Clara Janés. Inquiétame o que escribe e lévame a planos que me convidan a facer descubertas. Son retos constantes que me impulsan a remover terreos que están sen sementar.
     
     Mais desta volta, non vou entrar nun discurso que precisa dun contexto de lectura ben especial e moi coidadoso. Porén, quero reproducir deseguido unas liñas do mesmo, porque fala moi claro do nivel intelectual de Clara Janés.
     
Clara Janés le o seu discurso
     Tras agradecer emocionada a confianza depositada nela co seu nomeamento, Clara Janés afirma na súa intervención que “aquellos que me propusieron, y los que apoyaron su propuesta, no imaginaban hasta qué punto su logro supondría para mí un cambio de perspectiva. Cuando Jorge Guillén dijo que yo cantaba como los pájaros al amanecer, me otorgaba la libertad del que hace algo debido a su naturaleza, de lo cual responde solo por sí mismo; ahora, en cambio, se pone en primer término ante mis ojos una responsabilidad distinta, que planea sobre la que comporta la creación.
     
     ien sé, pues mi hacer no se limita a la poesía, sino que abarca otros géneros, como el ensayo y la traducción, que una cosa es lo que surge del interior y otra aquello que es fruto de nuestro empeño (…) e tras expresar que nunca pensara ela chegar a recibir unha distinción tan alta, engade que “con todo, a lo largo de mis años de trabajo, siempre he tenido en cuenta la importancia de la lengua –cuya custodia es objeto de los que se reúnen en esta casa- y, aunque perpetua aprendiza, he estudiado y analizado las palabras no solo en sus nexos con la expresión, sino también en sus vínculos con los movimientos de la mente, muchas veces enigmáticos. El enigma ronda la escritura. Los surrealistas solían llamarlo “azar objetivo” (…)
     
     Velaquí un retrato do labor e das inquedanzas dunha muller que non deixou endexamais de facer da literatura un exercicio de liberdade. Unha muller intelixente que anuncia a responsabilidade que asume.  Unha muller cunha claridade de visión exemplar.
 
Soledad Puértolas
     Magnífico, tamén, o discurso de Soledad Puértolas. Nada raro, por outra banda. E farei fincapé nunhas liñas que me pareceron moi acaídas sobre o valor da poesía. Afirma a narradora que co nomeamento de Janés, a  Academia quere recordarnos o valor da poesía, “esa misteriosa dama encargada de dar aliento y luz a la aridez de la vida y de dotarla de contrastes, complejidad y hondura, y que nos hace un extraordinario regalo, la intuición de la transcendencia. La poesía crea un territorio donde la temporalidad tiene un valor esencialmente simbólico, metafórico. La luz que irradia es atemporal. Esa cualidad de presente perpetuo supone un contrapunto al constante fluir del tiempo y de la vida. El poema es, sin duda, uno de los frutos más delicados de la lengua (…)
    
     Podería seguir, pois o texto non ten desperdicio, mais aquí prefiro deixalo. 
     Recibín unha alfaia que me encheu de emoción.

     Naceu unha razón máis para seguir querendo e admirando a Clara Janés.