domingo, 28 de septiembre de 2014

AGASALLOS QUE MOTIVAN A CREAR

Carles Cano, no Museo do Mar. Vigo


      Gústame que me fagan agasallos, do mesmo xeito que me encanta agasallar os amigos e amigas.
      
       Penso moito o agasallo que vou facer, para que as persoas que reciben o meu regalo vexan a complicidade do mesmo. Case diría que intento “personalizar” cada un dos obxectos que agasallo. Pero eu fago estes obsequios dende o meu gusto. Levan decote unha intención.  Os discos, os libros (é o meu regalo favorito), as chapas ou calquera outra cousa que penso para o agasallado teñen a súa razón de ser. Non hai improvisación ningunha e si, moito agarimo.
      

      Agarimo? Dixen agarimo? Si, si, porque sen ese sentimento, eu xa non obsequio a ninguén. Odio os agasallos que se fan por compromiso. Todos os fixemos (ou recibímolos)  algunha vez. Á miña idade xa non estou para estupideces dese calibre. A palabra compromiso, neste sentido, xa saíu do meu diccionario particular. faltaría máis.
      
     Ben, pois hai uns días, polo meu aniversario, unha amiga, que ten moito gusto para facer agasallos, tróuxome varias cousas moi ben pensadas: un fermosísimo disco de música galega (A cada canto), un libro moi axeitado ao meu estado actual ( Manual do bo paseante. Ed. Kalandraka.) e unha chapa. Encantoume todo, pero a chapa… A chapa non podía ser máis suxestiva. Un motivo para escribir unha historia, un poema, un pequeño cómic ou un diálogo teatral. Suxestiva, xa digo, e delicada, tenra e cun punto de humor. E, claro, bateu nas miñas tempas e, xa se sabe, de aí ao corazón; logo, á man e a crear.

      
      Mais, mira por onde, estaba aquí na miña casa,o meu amigo Carles Cano, grande escritor valenciano. Con Inma, a súa encantadora muller, pasaron uns días en Vigo, mollándose e conversando.
      
     Aproveitando que Carles, como di el “necesito que me den faena”, andaba por aquí, púxenlle a chapa diante e convideino – máis ben llo esixín- a improvisar unha pequena historia, un relato mínimo, para Versos e aloumiños. Aceptou, xaora. Non lle quedaba outro remedio.
      
     E así naceu este texto, escrito por Carles Cano, que quero dedicarllo a Mari Carmen, que así se chama a miña amiga, co desexo de que non perda eses bos costumes e siga enriquecendo a miña vida con tan orixinais e ben pensados agasallos, que tan feliz me fan.
      
     Un auténtico pracer.

     Ah! e grazas, Carles, por saír tan ben deste atraco agarimoso.




                                                                                     A Mari Carmen Barciela




Pájaro y perro, por san Félix, le hicieron a Gato los regalos que más le gustaban.
El regalo de Pájaro era un ratón. Pero era un ratón de mago que mirando directamente a los ojos de Gato lo  hechizó.
Jamás abrió el regalo de Perro por temor a que fuera una sardina de mago y tuviera que morirse de hambre.
                              
                                              Carles Cano.
                                                                                                        Setembro, 2014