viernes, 26 de abril de 2013

ESCAPARATE POÉTICO (VIII) Xoán Abeleira






XOÁN ABELEIRA     (Maracay, Venezuela, 1963)


RETALLOS DE SOMBRA OU
                                                    
                                                               Life- is what we make it-



I

Emily Dickinson na gorxa
Levaba un segredo
Coutado, anhelaba ise paporrubio.

E tan só cando ela
Lle daba a probar un
Maimiño do seu fluxo

Il volvía renacer
Para volver escandir
O dó da súa morte.
 

II


Alejandra Pizarnik gabiou 
Unha pozanca en si,
A mesma negrume en si.

Guindou unha pedra alí
E sentou a sentir
En cada unha das ondas
O seu propio

Pasamento.




AMNESIA

E  cómo podo ser eu
O que xa non lembro
Malia que diso derivou
A miña existencia?

En qué lugar atopalo
Senón nise fervedoiro
De fúnebres emanacións
Onde se aviva todo
O esquecido?

Vamos, corazón ventor,
Principia xa a batida
E aluma a túa presa.

              

                  (Do libro Pan de ánimas, editado por Edicións Xerais de Galicia. Col.Poesía)