jueves, 29 de diciembre de 2022

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXXV) "Unha nova dimensión", de Anxo Iglesias

 





                                            ANXO IGLESIAS (Vigo, 1967)

 

 

NA ANCHA CHAIRA

 

Na ancha chaira

a chuvia chuvisca

 chuzos de punta

Anxo Iglesias (Foto de J. Manuel Núñez Martínez)
  e a vasta vaca

    pace en paz

 

  na ancha chaira

 de cháchara chistosa

un cheirento marrancho

  deitado tan pancho

  chucha un chourizo

 

    na ancha chaira

extensa e inmensa

 unha longa xirafa

   chimpa e chouta

cun chirlo na chola

 

    na ancha chaira

 de anchura infinita

   un chibo con chelo

e un coello chepudo

chochean cun chopo

 

        ai, que chaira

           tan chula!

 

 

ESPAZO MUSICAL

 

Nos musicais espazos, azos

    de ignotas notas:

        corcheas cheas,

       redondas ondas,

          confusas fusas,

     nunha acorde orde

          na escala, ala!

 

  E alí un virtuoso oso

     nun conclave clave

  tocaba unha viola, ola!

cunha violonchelista lista.

 

  E parecía que a melodía ía

coma se tivese o compás ás.

     En cada parte, arte:

      coma un crisol, sol,

     coma unha estufa, fa,

    coma un estrodo, dó

    e, de repente, aquilo que non vai, ai!

 

                -Que berre re!

          pedía un bemol mol.

                -Que bula, la!

       reclamaba a coral oral.

 

   Un desconcerto? Certo!

Pero ti, o pentagrama, ama!

 

Gañadores dos Premios Xerais 2022
              Queres

             un bis?

        Pero que dis?

 

 

 

 

UNHA DÉCIMA (DE SEGHUNDO)

 

 

     Se fas ao tempo un día

   as prghuntas razoables

 de quen son os responsables

   do que pasa e non ten ghía

          case seghuro diría

 que un efémero seghundo,

que pasou mentres eu falo,

  nunca pode ser tan malo

 coma un minuto iracundo

dos que mandan neste mundo.

 

 

 

 

 

(Do libro Unha nova dimensión, editado por Ed. Xerais, ilustrado por María Montes,

(2022) Premio Merlín de Literatura infantil.

 

 

 







lunes, 26 de diciembre de 2022

ESCAPARATE POÉTICO (CXXXVI): Antía Otero

 




                                   ANTÍA OTERO (A Estrada, 1982)



 

 VANITAS #1

 

  Os ausentes afástanse

podrecen entre as lousas

o seu brillo non é enigma

só fósforo de osamenta

 

porén

Antía Otero (Foto de Tamara de la Fuente)
os presentes respiran

traman o desembarco

nas frangullas do pan prenden lume

aman o mol e os incendios

o estado da náusea

todo o perpetuo

 

-que difícil extinguilos-

 

guindas os segredos

toda conxunción

mais sempre porfían

 

agardan na distancia

coa deformidade dos reloxos

 

 

revíranse

 

espreitan na noite

calquera fenda

para poder volver.

 

 


APOTEOSE #2  


Fantástica traxectoria de Apiario

Chorábase o día da mata.

Non todos. Só ela.

Marchaba camiño arriba

-xa pasou, xa pasou.

 

Despois colliamos os baldes. Iamos lavar as tripas.

 

 

 



PAISAXE HISTÓRICA #5

Ribeira Sacra

 

 

A rocha ao pé das vides

relento nas figueiras

os anos cóntanse nos aneis dun tronco

na perda dos dentes

 

a chuvia que entrou a devorar as trabes

pingando no alzadeiro

 

violentar a couza.

 

O taquígrafo recolle

niños de ratos nas sabas

latexo da resistencia

un miñato sobrevoando a fin da tarde.

 

Solpor

 

a clareza loita contra o verde

faise tímida

logo espesa

 

a bifurcación silente

o nervio dos cans.

 

Noite

 

afastas o ruído

sentes o tránsito na paisaxe


que debuxas co dedo

 

ao fin cres.

Acariñas vagalumes.

 

 

 



CADRO DE XÉNERO

 

 

 

Poñiamos a pota no medio da mesa

os sucesos do telexornal marcaban o ritmo

entre garfo e bocado

cada xema coa súa clara

 

como un grupo de menhires

queriámonos estoicamente cos pés cimentados

un equilibrio megalítico

integrado no hábito.

 

 

Amar os pais

admirar a súa fatiga

non pedir o que non poden dar

soster os irmáns

repartir os bens funxibles

silenciar o que mancará de por vida.

 

 

O meu sorriso é unha anorexia do enfado

 

 

 

(Do libro Barroco, editado por Apiario (2022), na colección Cera Labrada.

 


jueves, 22 de diciembre de 2022

ANDEL DE NOVIDADES (4) Dous libros de Neira Vilas, adaptados á "Lectura fácil", un necesario proxecto da Editorial Galaxia

 




Hai proxectos literarios que merecen un aplauso indiscutible. Son proxectos que humanamente resultan dun valor social incalculable.


     Convén deterse neles. Recibín da editorial Galaxia dous volumes de Xosé Neira Vilas que me chamaron a atención: Memorias dun neno labrego e Espantallo amigo. Ambos os dous levaban na tapa, ademais do selo da editora, outro que dicía “Lectura fácil”.

Daquela pensei: unha adaptación máis das que existen no mercado e que a min tan pouco me gustan. Deilles voltas aos libros e reparei axiña en que o texto non estaba completo, que había uns cadros nas marxes a xeito de dicionario que definían palabras e as frases dos parágrafos eran moi sinxelas.


     Curioso como son, púxenme en contacto con Francisco Castro, director de Galaxia, para que me aclarase de que ía esta iniciativa que eu descoñecía ata ese momento.

Francisco Castro, coa amabilidade que o caracteriza explicoume o proxecto e fiquei moi contento.

     Lectura fácil é un estándar internacional polo que se certifican unha serie de obras que se adaptan para que as persoas con discapacidade intelectual as poidan ler.

Xa anteriormente publicara Galaxia Vinte mil leguas baixo dos mares, nada máis chegar Castro á dirección da editorial. Francisco castro é unha persoa moi sensible a temas coma este e é algo que se agradece.


     Os libros de Lectura fácil son editados con letra grande, aliñada á esquerda e todas as frases teñen que ter suxeito, verbo e predicado. Non poden ter máis. Están escritos nunha linguaxe moi básica e sinxela. Nas marxes da esquerda e da dereita levarán uns cadros que expliquen unha palabra que non puido ser substituída por outro sinónimo máis doado de entender.



     Son libros preparados por persoas especialistas que traballan no eido da discapacidade intelectual. Concretamente Memorias dun neno labrego foi adaptado por Lucía Gómez Álvarez e Espantallo amigo, por Desirée Silva Bernárdez, que realizaron un axeitado traballo de edición. Este último foi ilustrado por Xaquín Marín, con ese estilo tan persoal e atraente que o caracteriza.


     Estes libros teñen que pasar moitos filtros e deben cumprir uns estándares técnicos de edición.

Por exemplo, a ilustración, na medida do posible, ten que ser realista e non hai que poñerse moi poético á hora de ilustrar porque estas persoas, se fose así, non lle acabarían de ver a relación co texto, malia que lles poidan gustar as imaxes.


     Non cabe dúbida de que é un reto editorial precioso e moi ilusionante.

É de xustiza que estas persoas teñan materiais adecuados para  ler en galego, un dereito básico que se debe fomentar.

Parabéns moi sinceros á editorial Galaxia por este proxecto imprescindible para que a inclusión literaria en galego sexa algo real.

                                                                                                                    Antonio García Teijeiro


lunes, 19 de diciembre de 2022

Unha panxoliña de Nadal composta polo grupo folk VOLTA E DÁLLE sobre un poema de Antonio García Teijeiro

O grupo de música folk "Volta e dálle"




Eu non adoito facer panxoliñas. Eu fago poemas con sabor a Nadal.
Son poemas críticos, pero cheos de esperanza.
Creo e confío nos nenos e nas nenas para que todo vaia a mellor.
Eu son dos que pensan que a mocidade ten moito que dicir na sociedade.
Son optimista no tocante á forza e ás inquedanzas sociais das mozas e dos mozos. Sempre foi así.
Dicía que eu fago poemas. E, cada vez con maior asiduidade, teño a inmensa fortuna de que músicos, intérpretes, compositoras etc. lle poñan música a eses poemas, porque eu amo fondamente a música e a fusión dela coa poesía.
Desta volta foi o grupo folk Volta e dálle quen puxeron unha fermosísima música a un destes poemas. Trátase d´A luz do Nadal e soa de marabilla, algo que me emocionou.
Así que podedes escoitalo e gozar dun traballo moi ben feito.
Grazas, amigos.

Este é o poema:


A LUZ DO NADAL

Os nenos camiñan
e xogan e brincan
na rúa calada 
que cobren de risas.

E inventan trouleiros
palabras de neve
que borran as penas
que a terra non quere.

Cantigas e risas
veñen anunciar
que peta na porta
a luz do Nadal.

Un Nadal que amose
como vai a vida.
Un Nadal que cure
con paz as feridas.
 
Un Nadal
          que abrigue.
Un Nadal
          Turrón!
Un Nadal
        que acougue
Un Nadal
          Canción!


E este é o vídeo que encherá de ledicia a toda aquela ou aquel que o escoite.
Marabilloso





















jueves, 15 de diciembre de 2022

DARDO POÉTICO (LXXXVIII) "Feren a Terra", un poema de Nadal diferente, escrito por Antonio García Teijeiro

 





                                                 FEREN A TERRA

 

      

       Xeme a Terra

       porque están a ferila,

       a aldraxala uns homes de negro.

Daquela, na escola,

os beizos dos nenos

debuxan sorrisos

amarelos / verdes

azuis / vermellos

sorrisos violetas

que devolven ao arco da vella

a ollada da esperanza.

 

         

       Mentres uns homes de negro

feren a Terra,

os sorrisos dos nenos

van pintando de futuro

o corpo

os ollos

as bágoas

do arco da vella

a quen a guerra

e as catástrofes no mar

lle roubaron as súas cores.

 

         

      Mentres uns homes de negro

feren o mar,

e outros feren a Terra,

os sorrisos limpos dos nenos,

debuxados nas escolas,

pintan de esperanza

as cores perdidas do arco da vella

e tinxen de escuma branca

as ondas escuras pousadas na area.

 

                                                              Antonio García Teijeiro


lunes, 12 de diciembre de 2022

"VI Jornades de Poesia i Il-lustració", en Alacante. Audio do acto e texto de Nieves García García.

Cesáreo Martín de Vega presenta o acto


Foi un acto fermoso, moi fermoso. Estaba encadrado dentro das “VI Jornades de Poesia i Il-lustració” que se celebraron ao longo do mes de novembro na Biblioteca Azorín, de Alacante.

 

     Cun gran traballo de Cesáreo Martín de Vega, estas xornadas acadaron unha brillantez extraordinaria.

     Un xoves de novembro tivo lugar un acto ao que fomos convidados Juan Carlos Martín Ramos e mais eu para falar de poesía, de Versos e viceversos e do que se referise á lírica nas escolas e fóra delas.

 

      O acto, presentado por Cesáreo, foi maxistralmente conducido pola prestixiosa poeta, nacida en Aspe, Nieves García García. Unha delicia.

 

Nieves García García conduce o acto

      Todo fluíu dun xeito case máxico. Conversa animada e chea de paixón pola palabra poética. Conversa trufada de poemas e de anécdotas que alegraron aos asistentes.

Non podía faltar para pechar, dende logo, a voz preciosa de Lurdes López que engaiolou o público, pola fermosura das cancións e a expresividade da interpretación. Juan Carlos coa guitarra e eu lendo algúns versos dos temas completamos unha actuación marabillosa desta muller que converte en arte todo o que toca.

 

Lurdes López en plena actuación

O acto foi gravado coas cancións incluídas, que podedes escoitar. Mais Versos e aloumiños non quixo perder a oportunidade de pedirlle á condutora do acto un texto sobre o acontecido.

Nieves García García, xenerosa como poucas, escribiu estas liñas que ides ler deseguido. Como todo o que fai, unha alfaia literaria.

Grazas a todos e a todas por participaren nunha xornada emotiva arredor da poesía nestes tempos de inmundicia.


Intervén Juan Carlos Martín Ramos



                  Diálogos de un triángulo poético casi equilátero

 

¿Se puede conocer a una persona sin llegar a conocerla en persona?     

Nieves García García
            Pues, ciertamente, sí, y esto sucede cuando las palabras vuelan por el aire y nos llegan en forma de poemas. Al menos, algo  así me ocurrió en los primeros tiempos de la pandemia cuando pararon todas las actividades culturales, tanto  en las escuelas, como en los cines, los teatros… Incluso las bibliotecas cerraron. Pero nos quedaban los clubs de literatura a través de las redes sociales y ellos cumplieron las funciones que no se podía desempeñar con otros medios. Y así fue como comenzó a forjarse una entrañable amistad, gracias a una guarida muy lobuna,  entre gentes de distintas procedencias que tenían en común el amor a esas  palabras que alzan el vuelo para buscar un hueco en el corazón de los más pequeños. Y de los no tan pequeños, también.             

Gracias a la intervención  del  colectivo de literatura infantil y juvenil “¡Qué viene el lobo!”, junto con el apoyo de la biblioteca Azorín de Alicante y la editorial IGLÚ, se ha podido conseguir un sueño hecho realidad, que  converjan  un poeta del norte, otro del sur junto a una poeta del este, y se reunieran delante de una ventana junto al mar, tan solo pronunciando estas tres palabas mágicas: Versos y viceversos, un bellísimo poemario a dos voces que tiene como protagonistas a Antonio García Teijeiro y a Juan Carlos Martín Ramos.


            Y comenzamos este viaje poético haciendo una parada por estos dos poemas que, en mi opinión, dicen mucho de sus autores. Se trata de “El Vendedor de versos”,  de Antonio García Teijeiro,  y “El titiritero”, de Juan Carlos Martín Ramos. Dicen así:

            Con mil nubes de canela                           El titiritero tiene

            y tormentas de algodón                             dos manos pero mil voces

            pienso un verso                                          una vida pero mil

            escribo cuatro                                              cuentos que sólo él conoce….

            tacho mil y vendo dos…

                                                                                                                                             

            Alrededor de los mismos iniciamos una conversación a tres sobre la dificultad  de saber cuando un poema está completo y listo para volar  o se ha de quedar en la maleta hasta que al fin consiga sus alas, si es que las consigue. Se habló largo y tendido sobre la búsqueda de la sencillez, de las palabras justas con que expresarlo, pero sin confundirla con la simpleza. Y que los poemas dirigidos a la infancia han de acercarse a sus receptores desde el afecto, pero también desde la reflexión y la honestidad.

            Los tres coincidimos en que  nuestros poemas persiguen con cierto afán una melodía, una cadencia, que nos dirige hacia la musicalidad interna de las palabras. Y,  también, que somos hijos de la tradición oral, y haber  bebido de ella  les aporta a nuestros versos esa frescura tan necesaria en la poesía para niños. Aunque, más tarde o más temprano, cada uno debe de seguir ese camino que le lleve a encontrar su voz propia.  

            Sabemos que a veces cuesta abrir las puertas a la poesía en las escuelas porque se piensa  que  a los niños no les gusta. Pero nuestra experiencia como trasmisores de la palabra nos indica que no hay nada más erróneo, según nuestra unánime opinión. Si se trata de un poema tal y como hemos expresado con anterioridad, de seguro que les gustará, siempre que  venga acompañado de la emoción del adulto que lo trasmite. Por eso la importancia del mediador o mediadora en este proceso, comentaba Antonio (¿o era Juan Carlos?). Contar y cantar, leer en voz alta, jugar con los ritmos y las rimas, es un buen inicio para apropiarse del hecho poético, nos decía Juan Carlos (¿ o era Antonio?), en un dialogo mutuo difícil de separar los mensajes de estos dos poetas con un pensamiento tan claro y común sobre la importancia de la poesía en las primeras edades.

            A continuación, Juan Carlos nos invitó a jugar con un hermoso poema donde nos explica que la  poesía no es algo alejado de la vida sino que se suele dar  en la cotidianidad de nuestros quehaceres diarios. Solo se necesita poner la mirada en otra dirección. Antonio se dirigió a las maestras con una emotiva carta donde las animaba a recuperar las palabras en voz alta para conseguir que volvamos al disfrute de compartir emociones e imágenes a partir de las mismas, comenzando por las canciones de tradición oral para seguir de la mano de la poesía de autor.

            Y poco a poco llegamos hasta ese mundo poético compartido a dos voces como son  Versos y viceversos, donde el gran poeta Antonio Rubio les nombra malabaristas de versos y artesanos de la palabra. Un poemario que comienza, como no puede ser de otra manera, con un mar que   une todas las orillas, un mar de versos que une sus manos para un proyecto común .Un mar que acaricia, pintado en unos ojos,  y un mar cercano que se pasea por la casa del poeta. ¿Será la casa de Antonio? No me extrañaría, porque dialoga con él día sí y día también. Y me hablaron largo y tendido de ese mar, donde se asomaba otro poeta andaluz conocido y admirado por ambos, para después seguir  con esos sueños que se abren y otros mundos que se despiertan.

            Versos y viceversos de una misma maleta, donde Antonio escribe agujas y dedales para coser versos y recoger manantiales, mientras Juan Carlos escucha una caracola, que, cómo no, guarda todas las historias habidas y por haber. Y las suyas, también, contadas en muchas ocasiones a través de sus personajes con forma de muñecos de trapo y de cartón.

            Así, puntada a puntada, se va tejiendo ese constante intercambio de voz, donde también hablamos de ausencias, de los que se van y de aquellos que nos obligan a marcharnos. Y el dolor que nos acompaña. Cuánto dolor hay también en ese mar que tenemos frente a nosotros. Cuánto dolor en sus orillas. Y de eso también conversan los poetas. La poesía como compromiso social.

            Y llegó por fin la gran sorpresa de la noche: poder escuchar esos Versos y viceversos en la cálida voz de Lurdes, acompañada a la guitarra por Juan Carlos y el verso en galego de Antonio. Así que corté mi cuerda titiritera para disfrutar de este  gran regalo, sintiendo ese mar todavía más cercano, a uno y otro lado del ventanal. Y es que, como dice Juan Carlos (¿o será Antonio?), en casa del poeta, el mar  pasa por debajo de su puerta.

            Y cuando no está en casa el poeta…  canta un pájaro su ausencia.

                                                                                               Nieves García García









Antonio García Teijeiro diríxese ao público




E deseguido  pódese escoitar o acto completo neste vídeo.