miércoles, 24 de abril de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (III)










HELENA VILLAR JANEIRO   (Becerreá, 1940)


O SOUTO…
 
O souto do anano
ten unha cancela
para o xabaril,
para a donicela.

Para o ourizo cacho,
para o escaravello,
para o paporrubio,
e para o coello.

Para o porco bravo,
a pita do monte,
o moucho, o lagarto,
o corzo e o golpe.



A ARAÑA…

A araña tece
moi tecelá,
dálle que dálle
no seu tear.

E vai sacando
pouco a pouquiño
mantas de prata,
sabas de liño.


CANTA O…

Canta o malvís
e mais o ouriol.

O peto acompáñaos
tocando o tambor.



(Do libro  O souto do anano, editado por Alfaguara Obradoiro. 2007)