DORES TEMBRÁS (A Coruña, 1979)
cartografía de palabras
repetir cada signo
dentro da cuadrícula
papel en branco
pozo infindo
as palabras esvaran
Dores Tembrás |
por iso sempre cuadrículas
para salvalas
pequenas casas
onde vivir para sempre
morreu
de peste
o limoeiro
vina chegar
dende a fiestra
tantas tardes
as follas negras
os citróns secos
ula prata aceda?
as espiñas da infancia
aínda infectas
un poema
un poema para
as nenasmapoula
unha palabra
para as súas pestanas
outra
para a miniatura dos seus dedos
un poema para
as que estrangulan bonecas
e amordazan flores
no xesto cándido
da infante perdida
deambulo por este corredor
que se estreita e ensancha a cada paso
as lacenas seláronse
e os vasos estalaron con nocturnidade e aleivosía
os interruptores reconcentráronse
A autora recitando |
as portas enmudeceron
mentres eu me tatuaba
como unha couza vacinada de alcanfor
Pola futura cinza
que nos ha de servir de alimento
EVA VEIGA
pequena orfa
afeita á friaxe
ortígame
cúbreme de cinsa
que saberei corresponderte
ser discontinua
Collage tirado da páxina web da autora |
sintagma
punto
convocada por palabras
que me desganduxan
vítimas do exceso
para construírme fisura
e trascender a dinámica
que me fai violencia
anicada
ando a pensar palabras
pelas de manteiga
mentres o fume
se extingue
na mañá
cómo dicir
que marchaches
e eu
sen saber usar
a desnatadora
(Do libro O pouso do fume, editado por Espiral Maior, 2009)